TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

21
GUÍA DO PROFESORADO para alumnado con TDAH Elaborada por: Severino Castro Barreiro Paz González Villamayor Mercedes Gamardo Pimentel Beatriz Reboredo Nogueira Teresa Varela Gerpe Raquel Ramilo Varela Carmen Martín-Esperanza Pérez

Transcript of TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Page 1: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

GUÍA DO PROFESORADO para alumnado con TDAH

Elaborada por: Severino Castro Barreiro Paz González Villamayor

Mercedes Gamardo Pimentel Beatriz Reboredo Nogueira

Teresa Varela Gerpe Raquel Ramilo Varela

Carmen Martín-Esperanza Pérez

Page 2: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

1

ÍNDICE

INTRODUCIÓN

1. FORMAS DE DAR INDICACIÓNS.

2. MOTIVACIÓN DO ALUMNADO.

3. SUPERVISIÓN DAS TAREFAS.

4. USO DA AXENDA.

5. CONTROL DE ESTÍMULOS.

6. EXAMES OU PROBAS ESCRITAS.

7. COMO AXUDARLLE A FACER UN ESQUEMA SOBRE UN TEXTO.

8. MODELO DE EXAME ADAPTADO E NON ADAPTADO:

- LINGUA CASTELÁ - MATEMÁTICAS - INGLÉS

Page 3: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

2

INTRODUCIÓN Esta guía práctica pretende ampliar a información do profesorado sobre o Trastorno por Déficit da Atención con ou sen Hiperactividade (TDAH), facilitar as ferramentas axeitadas e axudar a desenvolver as habilidades académicas de forma óptima.

- Que é o TDAH? O TDAH é un trastorno neurobiolóxico provocado por un desequilibrio existente entre dous neurotransmisores cerebrais: a noradrenalina e a dopamina, que afectan directamente ás áreas do cerebro responsables do autocontrol e da inhibición do comportamento inadecuado. Isto provoca un nivel inaxeitado de atención, hiperactividade e impulsividade, que é incoherente co seu nivel de desenvolvemento. A terapia que demostrou ser máis eficaz para tratar integramente os síntomas nucleares do TDAH é o tratamento multimodal. Isto implica a inclusión de pais, nais, profesorado, médicos e psicólogos en todos os niveis da terapia. Alteracións que se producen na conduta: • Hiperactividade: manifestación dun maior nivel de actividade para a súa idade, con dificultade para manterse quieto. • Impulsividade: dificultade para controlar respostas, condutas e emocións. • Inatención: problemas de concentración e atención nunha mesma tarefa durante un período de tempo.

- Como se manifesta na aula? O alumnado con TDAH experimenta moita dificultade para concentrarse e prestar atención, non acaba as súas actividades correctamente e a tempo. Isto fai que o seu rendemento na clase sexa menor do esperado con respecto á súa capacidade intelectual. Por outra banda, o comportamento impulsivo derivado dos síntomas do trastorno maniféstase nunha dificultade para reter o aprendido e aplicar os coñecementos adquiridos, incluíndo as normas de conduta.

- Que podo facer como docente?

As necesidades académicas permitirannos establecer un plan de intervención personalizado. O profesorado adaptará as actividades educativas do alumnado co fin de que o trastorno evolucione favorablemente e que poida desenvolver plenamente as súas habilidades escolares. Ademais das adaptacións metodolóxicas, é imprescindible a colaboración entre o profesorado e a familia ao longo de todo curso escolar, intercambiando información e experiencias, co fin de controlar e realizar un seguimento completo. Este traballo en equipo resulta fundamental para aliviar os síntomas do trastorno, apoiando o seu desempeño académico e social. Unha axeitada información sobre o TDAH e o seu manexo favorecerá que, tanto profesorado como pais, nais e coidadores, perciban a enfermidade dun xeito obxectivo e equilibrado, permitíndolle afrontar o trastorno cunha actitude axeitada, contribuíndo así a mellorar o prognóstico e evolución. En canto ao tratamento psicopedagóxico, implica a colaboración conxunta dos pais, nais e o profesorado, así como a posta en práctica na aula de programas condutuais e de aprendizaxe deseñados especialmente para alumnado con TDAH.

Page 4: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

3

Manifestacións máis comúns no contorno escolar:

Funcionamento cognitivo Funcionamento socio-emocional

- Cústalles recuperar a información do pasado e mantela na memoria antes de dar unha resposta.

- Teñen dificultades para discriminar o senso do tempo.

- Percepción máis prolongada dos tempos de espera, polo tanto, maior frustración ante a demora dos premios.

- Viven no presente, non se sitúan no pasado nin no futuro.

- Esperan ata o último minuto antes de iniciar accións.

- Non teñen en conta as consecuencias futuras dos sucesos.

- Limitada capacidade de aprendizaxe por observación.

- Dificultades para aprender das experiencias.

- Diálogo interno escaso e inadecuado.

- Cústalles seguir as regras e instrucións sen a axuda doutras persoas.

- Falta de planificación e respostas pouco

estruturadas.

- Dificultades na resolución de problemas.

- Insuficiente capacidade de adaptación a situacións novas.

- Procesamento pouco analítico.

- Dificultades para comprender os sinais que regulan as situacións sociais.

- Cústalles poñerse no lugar do outro e ter en conta os seus desexos e sentimentos.

- Desmoralízanse con facilidade.

- Non toleran a frustración.

- Cambian frecuentemente de estado de ánimo.

- Acostuman ter baixa autoestima, inseguridade e excesiva dependencia do adulto.

- Móstranse teimudos e malhumorados con frecuencia.

- Poden presentar emocións extremas e desaxustadas.

- A miúdo os seus compañeiros e compañeiras rexéitanos.

- Dependen de reforzo externo que lles axude a conseguir o obxectivo proposto.

Protocolo TDAH Xunta de Galicia

Page 5: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

4

1. FORMA DE DAR INDICACIÓNS - Indicacións breves, claras e concisas. Exemplo: 1. Separa o Suxeito do Predicado. 2. Rodea o Núcleo de cada un. - Manter o contacto visual. - Estratexias de autoinstrucións para que o alumnado con TDAH aprenda a: - Escoitar atentamente - Fixarse ao ler - Planificar a tarefa - Facer con coidado a actividade - Repasala - Corrixila Modelo de autoinstrucións (TDAH Orientacións metodolóxicas-INGADA ):

Page 6: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

5

2. MOTIVACIÓN DO ALUMNADO

- Empezar polas actividades máis amenas. - Transmitir o concepto de “gañar dobre”: gaña por rematar a tarefa e gaña pola adecuada conduta. “Estou avanzando aínda que cometo erros. Aprendo deles”. - Corrixir en privado e felicitar en público 3. SUPERVISIÓN DAS TAREFAS - Sentar o alumnado con TDAH preto do profesor/a, dependendo de cada neno/a. - Crear rutinas na aula e planificar a clase. - Recordarlle que saque todo o material preciso para a clase ao comezo da sesión e que o debe recoller ao final tamén. - Avisar con tempo dos cambios nas rutinas. - Indicar os pasos da tarefa no encerado e dividila en pequenas partes. Exemplo:

Page 7: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

6

Page 8: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

7

- Buscar a calidade das tarefas máis que a cantidade. - Lembrarlle que hai uns prazos de entrega nos traballos e marcarlle metas intermedias: pasadomañá tráesme a introdución, tal día os puntos 1 e 2, etc. - Pedir que revise as tarefas antes de entregalas. - Manter o titor/a entrevistas frecuentes coa familia para seguir a evolución do alumnado. 4. USO DA AXENDA - Lembrarlle que a teña enriba da mesa toda a sesión, se non funciona como un elemento distractor (depende do alumno/a). - Comprobar que anotou as tarefas e as datas dos exames na axenda. - Escribirlle reforzos positivos nela cada certo tempo e sinalar tamén o que se debe mellorar, pero que non sexa só para transmitirlle “malas novas” á familia. 5. CONTROL DE ESTÍMULOS - Establecer períodos de descanso (refrescos) entre cada actividade. Por exemplo, encargarlle pequenas tarefas como borrar o encerado, ir por xiz,….. - Establecer sinais, previamente pactadas con este alumnado, para corrixir actitudes incontrolables (tocarlle no ombro, por exemplo). - Reforzar positivamente as accións correctas. - Evitar que o resto da clase imite ou anime esas accións. - Propiciar as habilidades sociais na aula para non etiquetar o alumnado con TDAH e que o resto entenda eses momentos puntuais de accións incorrectas pola súa banda (empatía). - Ignorar comportamentos inaxeitados menores. - Fomentar a integración deste alumnado con actividades grupais. - Respectar as quendas nas intervencións orais. - Evitar chamarlle a atención diante do resto da clase. - Cando teña unha conduta inadecuada, o castigo ten que ser de forma inmediata (ese mesmo día, a ser posible) e a súa duración debe ser breve (que non sexa ao longo de varios días), xa que os nenos/as con TDAH non teñen sentido do tempo, porque viven no presente. - E como viven no presente, non son capaces de adiantarse ás consecuencias do que fan mal. Non vale de nada avisalos do que vai pasar, senón que é mellor deixar que se equivoquen. A diferenza do resto do grupo, que pode chegar a anticipar as consecuencias dos seus actos, eles non, teñen que cometer o erro para tomaren conciencia de que algo non vai ben. - Ter coidado coa linguaxe, que non soe a reprimenda (evitar dicir “Pórtate ben”, “Senta ben”, por exemplo, xa que son ordes xenéricas. É máis efectivo dicirlle “Para de facer ruído co bolígrafo!”.

Page 9: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

8

E tamén porque, ao final, a sensación que pode ter é a de que todo o está facendo mal, porque está recibindo correccións por todas partes. Tolera moi pouco a frustración e ten, ademais, regras morais propias, das que é moi complicado facerlle saír. 6. EXAMES OU PROBAS ESCRITAS - Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación (palabras para completar, preguntas de resposta curta, verdadeiro ou falso, unir con frechas...) Evitar no posible as preguntas de redactar. - Enunciados breves, pechados, claros e con vocabulario sinxelo. - Complementar os exames escritos de forma oral se non lle deu tempo a rematalo. - Deixar máis tempo para as probas escritas (10 minutos como máximo). - Deixar máis espazo en branco do normal entre as preguntas. - Lembrarlle que revise se contestou todas as preguntas (especialmente se o exame está escrito polas dúas caras do folio). - Cando ten que facer a recuperación dun exame, o resto do grupo fará unha sesión de traballo individual en silencio con traballo por escrito que lle proporcionaremos. Con iso axudamos a centrar a atención e concentración do alumnado con TDAH. 7. COMO AXUDARLLE A FACER UN ESQUEMA SOBRE UN TEXTO (TDAH Orientacións metodolóxicas-INGADA )

Page 10: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

9

Page 11: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

10

Page 12: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

11

8. MODELO DE EXAME NON ADAPTADO E O MESMO EXAME, ADAPTADO

(https://es.slideshare.net/Naifur/examen-ejemplo-de-lengua-castellana-y-literatura-1-eso)

Page 13: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

12

No exame adaptado, na pregunta 2 en vez de “Yo”, “Tú”, “Él/Ella” debería dicir “1ª persoa”, “2ª persoa” e “3ª persoa”, para non darlle máis facilidades que ao resto do grupo. http://aprendiendoconeltdah.blogspot.com/2014/11/examen-adaptado-y-no-adaptado-tda-h-3.html )

Page 14: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

13

Page 15: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

14

Page 16: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

15

No exame adaptado non se deberían dar as opcións do resultado para non darlle facilidades con respecto ao resto do grupo. Ou se lle dan as opcións a todos ou a ningún. E tamén se debería engadir en cada exercicio un cadro do tipo deste:

DATOS OPERACIÓNS RESULTADO

http://hazvisibleloinvisible.blogspot.com/2014/11/examen-adaptado.html

Page 17: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

16

Exame non adaptado de Inglés:

Page 18: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

17

Page 19: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

18

Exame de Inglés adaptado: Os enunciados deberían estar en inglés, non en español, porque o alumnado con TDAH non é menos intelixente có resto do grupo e pode entendelos perfectamente.

Page 20: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

19

Page 21: TDAH Guía do profesorado final - edu.xunta.gal

Guía do profesorado para alumnado con TDAH ____________________________________________________________________________

20