TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ......

21
CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 1 TEMA 10. A CIDADE 0.- A QUE CHAMAMOS CIDADE? O dicionario da Real Academia Galega di que una cidade é un “asentamento humano de maior entidade ca a vila, cunha elevada densidade de poboación dedicada principalmente aos sectores secundario e terciario” Polo tanto fai referencia a: Número de habitantes: maior ca entidades máis pequeñas coma aldea, pobo ou vila . Densidade de poboación: a relación habitantes espazo, o que garda relación co tipo de vivendas urbanas: edificios de varios pisos ou rañaceos para un maior aproveitamento do espazo … Actividade económica: a cidade dedícase a actividades industriais ( fábricas ) e de servizos ( comercio, transporte, sanidade, educación, oficinas, turismo … ) 1.- POBOAMENTO RURAL E URBANO Antes de nada, debemos diferenciar entre poboamento e hábitat: Poboamento asentamento da poboación nun territorio Hábitat: espazo habitado. Tanto un caso coma noutro podemos distinguir entre rural e urbano. HÁBITAT RURAL: Hábitat rural é o espazo habitado pola poboación que vive no campo. Temos dous tipos de poboamento rural: o Poboamento Disperso: as vivendas, e xa que logo a poboación, están diseminadas. É un tipo de poboamento moi común na España húmidaen (Galicia, Asturias ou o País Vasco). o Poboamento Concentrado: as vivendas, e xa que logo a poboación, se agrupa ou concentra en núcleos máis ou menos amplos: aldeas, vilas … É un tipo de poboamento moi común na Meseta española ou en Andalucía. Poboamento disperso Poboamento Concentrado

Transcript of TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ......

Page 1: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 1

TEMA 10. A CIDADE

0.- A QUE CHAMAMOS CIDADE? O dicionario da Real Academia Galega di que una cidade é un “asentamento humano de maior entidade ca a vila, cunha elevada densidade de poboación dedicada principalmente aos sectores secundario e terciario” Polo tanto fai referencia a:

Número de habitantes: maior ca entidades máis pequeñas coma aldea, pobo ou vila .

Densidade de poboación: a relación habitantes – espazo, o que garda relación co tipo de vivendas urbanas: edificios de varios pisos ou rañaceos para un maior aproveitamento do espazo …

Actividade económica: a cidade dedícase a actividades industriais ( fábricas ) e de servizos ( comercio, transporte, sanidade, educación, oficinas, turismo … )

1.- POBOAMENTO RURAL E URBANO Antes de nada, debemos diferenciar entre poboamento e hábitat:

Poboamento asentamento da poboación nun territorio

Hábitat: espazo habitado. Tanto un caso coma noutro podemos distinguir entre rural e urbano.

HÁBITAT RURAL: Hábitat rural é o espazo habitado pola poboación que vive no campo. Temos dous tipos de poboamento rural:

o Poboamento Disperso: as vivendas, e xa que logo a poboación, están diseminadas. É un tipo de poboamento moi común na España húmidaen (Galicia, Asturias ou o País Vasco).

o Poboamento Concentrado: as vivendas, e xa que logo a poboación, se agrupa ou concentra en núcleos máis ou menos amplos: aldeas, vilas … É un tipo de poboamento moi común na Meseta española ou en Andalucía.

Poboamento disperso

Poboamento Concentrado

Page 2: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 2

Non é o mesmo o espazo rural dos países pobres ou subdesenvolvidos, no que a poboación se adica á una agricultura e gandería a maioría das veces tradicional e tecnoloxicamente atrasada , que o espazo rural dos países ricos ou desenvolvidos. Nestes últimos moitas actividades propias do espazo urbano se trasladan ao espazo rural:

o Indutrias localizadas en polígonos industriais nos que o prezo do solo é menor. o Espazos de ocio coma hoteis e casas de turismo rural, campos de golf e actividades deportivas …. o Xentes que traballan na cidade pero que viven en zonas rurais por diversos motivos: prezo da

vivenda, contacto coa natureza …

HÁBITAT URBANO. Hábitat urbano é o espazo habitado pola poboación que vive na cidade. ¿E cando podemos decir que un núcleo de poboación se considera cidade? Para respostar temos que ter en conta diversos factores:

o Tamaño demográfico:¿ Cando un núcleo é una aldea, una vila ou una cidade? O número de habitantes, a pesar de ser unha condición básica dunha localidade urbana ( cidade, vila ), non é a única. De todos os xeitos, non hai un acordo sobre o número mínimo de habitantes para poder falar de cidade. ¿10.000? Isto depende do lugar e das circunstancias. Por exemplo en Galicia, debido ao poboamento disperso poderiamos falar que a partir de 2.000 habitantes consideriamos xa zona urbana ( vila )

o Densidade de poboación: Está claro que é necesario un mínimo de poboación, pero a isto debemos engadir concentración espacial: unha alta densidade de poboación.

o Actividade económica: A cidade ofrece bens ( producidos pola súa industria ) e servizos ( comercio, transporte, sanidade, ocio …) tanto á súa poboación como á dun territorio máis ou menos amplo arredor dela.

o Paisaxe urbana : Edificios de varias plantas divididas en pisos no espazo urbano ( aproveitando así un solo máis caro ) , intenso tráfico rodado, urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde, escolas e institutos, oficinas ….), e de ocio ( ximnasios, bibliotecas, cines, teatros, ….)

o Localización: as cidades soen estar situadas historicamente en lugares estratéxicos ( p.ex. o alto dunha colina ,as beiras dun río, na costa … ) que faciliten os transportes e as comunicación, e, xa que logo, o comercio.

o Modos de vida urbanos: a cultura urbana. A xente da cidade ten un xeito de vivir, uns hábitos diarios diferentes aos do rural: o traballo, a vida cultural, os hábitos de compra, o contacto con outras culturas ( a cidade soe ser cosmopolita ) …

Page 3: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 3

En Galicia temos que distinguir, no hátitat urbano, entre cidade e vila. Esta soe ser máis pequena en tamaño, poboación e actividade que unha cidade. Poderiamos decir que é un paso intermedio, un eslabón entre o campo e a cidade. Para as xentes da zona rural, a vila é o punto de referencia non só comercial ( os comercios, as feiras e mercados), senon administrativo ( Concello, bancos, .. ), sanitario ( Centro de Saúde ), educativo ( Colexios e Instoitutos ), … De feito, no noso concello, ao casco urbano de A Pobra, nas aldeas chámanlle “ a vila “. Moitas das vilas galegas teñen a súa orixe da Idade Media; como casos cercanos máis claros que recibiron o título de vila temos A Pobra do Deán arredor do ano 1200 e o Caramiñal no ano 1554 , asi como Noia no ano 1168.

A cidade: VIGO

A vila: A POBRA DO CARAMIÑAL

2.- O PLANO URBANO. O plano dunha cidade permítenos saber a súa estrutura actual, as partes en que podemos dividila, pero tamén o súa evolución histórica. Podemos distinguir varios tipos de plano urbano:

Plano irregular: O crecemento da cidade non foi planificado e foi espontáneo, con rúas estreitas e irregulares. Son os planos das ciudades cuxa orixe é anterior ao S XIX: os cascos históricos medievais ( zonas antigas ).

Plano radiocéntrico: as rúas saen coma radios dunha bicicleta desde o centro, ao mesmo tempo que outras están dispostas en círculos concéntricos. Son moi comúns nas cidades medievais ( p.ex. Betanzos ) ou en planificacións urbanísticas máis modernas ( p.ex. París ou Vitoria)

Plano ortogonal ou en cuadrícula: rúas e avenidas que se cortan perpendicularmente. Ainda que foi un plano xa empregado na Antigüedade ( Grecia, Roma ), é abundante nos chamados ensanches a partir do S XIX ( novas edificacións arredor ou nas aforas do casco histórico ). Exemplos claros son Nova York ou Barcelona.

Plano en espiña de peixe: unha longa rúa ( a principal) da que saen a xeito de espiñas outras rúas máis curtas e estreitas.

Page 4: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 4

Plano irregular ( Noia ) Plano ortogonal ( Barcelona )

Plano radiocéntrico ( Betanzos ) Plano radiocéntrico ( Vitoria )

Plano en espiña de peixe ( Muros )

Page 5: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 5

O plano dunha cidade ou vila é o resume da historia da cidade ou vila. A partir do núcleo orixinario, a cidade vai crecendo, engadindo, derribando ou remodelando edificios,

abrindo novos espazos ( prazas, xardíns, recheos …) Desde que o home ( e a muller ) se fixo sedentario no Neolítico, os pequenos poboados se foron convertindo

co tempo en cidades. En zonas coma o Crecente fértil ( Mesopotamia e Exipto ) aumentou a poboación de xeito significativo, habitando cidades coma UR.

Desde ese momento e durante toda a Antigüedade estas cidades eran lugares de actividade comercial e

artesanal, pero tamén centros de poder político e relixioso. Atenas na Grecia Clásica ou a Roma Imperial son exemplos claros. Reflexos destas cidades da Antiguëdade son por exemplo Lugo, a antiga Lucus Augusti do Imperio Romano.

Recreación da Lucus Augusti da época do Imperio Romano

Pero, como xa apuntamos anteriormente, a orixe da maioría das vilas e cidade galegas tal e como as coñecemos na actualidade podémola atopar na época preindustrial. Na Idade Media fundáronse gran cantidade de vilas , que foron crecendo e evolucionando durante a Idade Moderna ata o S XVIII: Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, A Coruña, Mondoñedo, Padrón, Ribadeo, Betanzos, Baiona, Ribadavia, Ourense … Son cidades e vilas que teñen un casco histórico, moitas veces rodeado dunha muralla ( da que se conservan só restos nalgunha vila como Muros ). Podemos disfrutar nelas de pazos e igrexas, de catedrais e casas mariñeiras de diferentes tipos, de rúas asoportaladas e de sentirse rodeados de pedra polos catro costados.

Rúas asoportaladas das vilas mariñeiras de Muros e Combarro

Page 6: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 6

Desde a segunda metade do S. XIX e na primeira do S XX ( 1850-1950 ), a burguesía comercial e idustrial transforma as vilas e cidades galegas. Os cataláns traen novas artes de pesca e impulsan unha industria conserveira ( de salgadura nun principio ). As vilas mudan de aspecto: desaparecen a maioría dos soportais, ábrense prazas e xardíns ( alamedas ), estradas e vías de circunvalación para os automóbiles, novos tipos de casas ( con balcóns e galerías acristaladas ).

Casas con balcóns e galerías acristaladas ( Betanzos )

Xa na según da metade do S XX, o aumento demográfico nas vilas, os cartos que proviñan da emigración e o éxodo rural ( xente das aldeas que queren vivir agora na vila o na cidade ) fan que se produza unha febre urbanizadora. As vilas medran en todas direccións: estradas, urnanizacións, destrucción de cascos históricos, formigón e ladrillo por todas partes sen ningún tipo de orde e regulamento, dando lugar a exemplos de “feísmo” coma estes:

3.- A ESTRUTURA URBANA. Dentro da cidade podemos distinguir varias zonas ou sectores dependendo da súa función:

Zonas resindenciais: o Ricas: elegantes pisos no centro urbano ou as cidades xardín e espazos residenciais de luxo nas

aforas. Exemplos: pisos ou casas rehabilitadas no centro de Santiago, urbanizacións de luxo de Madrid coma La Moraleja ( na que una casa ten un prezo medio de 3.000.000 € )

o Pobres : edificios vellos no centro ou barrios periféricos de urbanizacións baratas. P.ex. as Tres mil casas de Sevilla, un dos barrios máis perigosos e marxinais de España ( paro, drogadicción, delincuencia ….)

Zonas de servizos: os servizos nas cidades soen estar repartidos polos distintos barrios, pero sempre hai un sector urbano ( normalmente o centro ) no que se concentran a maioría dos servizos da administración, xulgados, oficinas de empresas e negocios, …. Ás veces unha cidade é coñecida por una función específica; p.ex. a función universitaria ou política de Santiago, función relixiosa de Roma, industrial e pesqueira de Vigo, función turística tan importante en cidades coñecidas coma Londres,París, Barcelona, a mesma Santiago, ou Las Vegas ….

Zonas industriais: desde a Revolución Industrial as industrias localizáronse nas cidades. Hoxe en día están instaladas na periferia en polígonos industriais, mentras que no centro predominan os sevizos.

Page 7: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 7

4.- A EXPLOSIÓN URBANA. Desde a Revolución Industrial que se iniciou a finais do S XVIII e se desenvolveu no S XIX, a poboación urbana

non fixo máis que aumentar. O desenvolvemento teconlóxico da agricultura e gandería fai que se necesiten menos man de obra no campo e produce o chamado “ éxodo rural”: emigración dos campesinos cara as cidades. Isto fai que actualmente xa máis da metade da poboación mundial vivan en espazos urbano ( nos países ricos máis: 3 de cada 4 habitantes, o 75 % ).

Nos países pobres ese éxodo rural, a emigración en masa desde as zonas rurais cara as cidades produce enormes desigualdades sociais e económicas, con zonas de chabolismo , slums ou favelas, nas que as vivendas e as condicións de vida son infrahumanas. A xente fuxe das zonas rurais por diversos motivos ( pobreza, guerras, sequías, …) buscando un futuro mellor pero atópase cunha realidade ben distinta.

As desigualdades económicas e sociais están presentes en todas as cidades, sobre todo nos países pobres.

O enorme crecemento urbano chegou a crear:

Areas metropolitanas: a cidade ( ou metópole ) engloba a outros núcleos de poboación periféricos. Exemplos: Madrid ou París.

Conurbación, formada por varias zonas metropolitanas que se unen.

Magalópole, formada pola unión de varias conurbacións ao longo e ancho de zonas moi amplas. Exemplos: Washington – Philadelphia- New York- Boston ( EE.UU, con ± 100 mill. Hab.) ou Tokio-Yokohama-Nagoya-Osaka-Kobe-Kyoto (Xapón, con ±50 mill. Hab. )

Page 8: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 8

5.- VANTAXES E PROBLEMAS URBANOS NA ACTUALIDADE.

Vivir nunha cidade ten una serie de vantaxes que non ofrecen unha aldea ou unha vila. Nos entornos

urbanos temos una maior cantidade e calidade nos servizos ( pensa nun hospital, nuns cines, teatros, museos, universidade, tendas e centros comerciais …), nos transportes e comunicación ( portos, aeroportos, ferrocarril …), máis posibilidades de atopar un traballo, ….

Pero, pola contra, a cidade presenta una serie de problemas:

A contaminación producida polo tráfico, as industrias e as calefaccións, tan grande que en cidades coma Beijin ( Pekín ) os automóbiles teñen que circular día si día non dependendo de si a matrícula é par ou impar. Os enormes atascos de tráfico e o aforro de enerxía fan que se recomende o uso dos transportes públicos.

A poboación urbana produce diariamente miles de toneladas de residuos. O problema do seu tratamento e reciclaxe é difícil de solucionar.

A desiguladade. O problema de barrios nos que se concentran grandes cantidades de poboación que emigra á cidade na busca de melloras nas súas vidas e acaban vivindo en moi malas condicións en barrios de chabolas ( chabolismo, favelas ou slams )

O enorme prezo que chegan a ter as vivendas na cidade, fai que sexa moi difícil para una familia traballadora poder acceder a unha.

O ritmo de vida urbano é moi estresante: o reloxio e a rapidez marcan o estilo de vida urbano.

Ofrecer servizos públicos a un gran número de habitantes pódese convertir nun enorme problema: recollida de basura, abastecemento de auga e sumidoiros, transportes públicos, seguridade, alumbrado, hospitais, conservación de mobiliario urbano ( bancos, farolas, semáforos …), parques e xardíns, …

Page 9: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 9

6.- ESTRUTURA URBANA DA POBRA DO CARAMIÑAL.

A. A Pobra do Caramiñal. Datos básicos Cunha superficie de 34 km2 e unha poboación de 9.676 habitantes no ano 2011 ( 4.695 homes e 4.981 mulleres ), o concello de A Pobra do Caramiñal está situada na comarca do Barbanza, na beira Norte da Ría de Arousa ( 43°36’ N -8°41’ O ) e conta con 5 parroquias :

Parroquias urbanas: o Santa María a Antiga do Caramiñal , que estaba baixo a xurisdicción da Casa de Xunqueiras. o Santiago da Pobra do Deán, que se atopaba baixo a xurisdicción do Cabildo da Catedral de

Santiago, en persoa do Deán, que residía nun castelo ou torre destruida polos irmandiños no S XV, de onde provén o nome do barrio de O Castelo.

Parroquias rurais: o San Isidro de Posmarcos e Santa Cruz de Lesón, polo que respecta á Pobra do Deán. o Santa María do Xobre, polo que respecta ó Caramiñal.

Page 10: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 10

B. Un pouco de historia. Os primeiros emprazamentos, xa non só na Pobra do Caramiñal, senon en toda a Serra do Barbanza, remóntanse á epocas prehistóricas. Temos pegadas deixadas pola denominada cultura megalítica - mámoas - e os petroglifos , peroe na época castrexa cando se coloniza a costa: contamos ( contabamos, máis ben ) co castro do Xobre, por desgraza desaparecido debido a unhas obras que acabaron por destruilo case por completo no ano 2000. O lugar era coñecido coma Os Castriños.

A colonización da zona costeira levarase a cabo definitivamente en tempos medievais ( hai aproximadamente

800 anos ), primeiro coa fundación da vila da Pobra do Deán (fundada polo Deán de Santiago nalgún ano entre 1177 e 1226) e máis tarde do pobo mariñeiro do Caramiñal, pequeño núcleo mariñeiro que obtivo o título de vila no ano 1554. Ambas vilas acabarán uníndose e formando o que é o actual concello de A Pobra do Caramiñal na década de 1830.

C. O medio coma condicionante.

O emprazamento das vilas da Pobra do Deán e o Caramiñal non foi froito do azar. En primeiro lugar, o factor económico ten un peso decisivo: a actividade pesqueira e agraria, así coma o comercio. Jerónimo del Hoyo ( no seu informe titulado Memorias del Arzobipasdo de Santiago de Compostela, 1607 ) retrata así a economía das vilas naquela época: “ Su principio fue de pescadores que venían a pescar pulpos…””…El trato de la gente de pesquería de pescada, congrios, sardinas y pulpos, y la pescada es la mexor de todos los demás puertos de

Galicia…”. “…Tiene buenas casas y algunas huertas con naranxas y limones, e las naranxas son las mexores de Galicia…”.

Mapa de Pedro Teixeira ( Atlas do rei Planeta , 1634 ).

Detalle que mostra as vilas da Pobra do Deán e O Caramiñal,

así coma o Mosteiro de San Francisco.

Escudo do Concello de A Pobra do Caramiñal

Emprazamento da Pobra do Caramiñal na Ría de Arousa

Petroglifo de Pedra Leirada

Page 11: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 11

En segundo lugar, a busca de seguridade e defensa fronte ós ventos mariños é definitivo. Así, construiron as súas vivendas nas ribeiras dunha ensenada protexida dos ventos máis comúns na zona: os de compoñente Norte e Sur. A defensa que presta a Serra do Barbanza favorece así un clima suave . En terceiro lugar, a disposición do relevo divide o territorio en tres franxas:

1: As estribacións da Serra do Barbanza presentan unha pendentes moi pronunciadas, de ata un 20 % ( con cumes coma Barbanza -652 m-, A Curota -602 m- e A Curotiña -514 m )

2: Chaira litoral ( hábitat rural ): con poboamento disperso en pequenos núcleos de poboación : aldeas e lugares ( Santa Cruz ou San Isidro, por exemplo )

3: Chaira litoral (hábitat urbano): lugar no que se localiza a vila de A Pobra do Caramiñal, que foi crcendo loxintudinalmente ao longo da costa

Perfil topográfico Xobre - Curota

Page 12: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 12

D. O plano.

Este crecemento lonxitudinal ó longo da costa, condiciona á súa vez o plano da vila. A trama urbana, é decir, a organización espazos libres e edificios ven dado polo crecemento e desenrolo do que ven sendo o casco antigo da vila ó longo do arco que forma a ensenada. Como a maioría dos núcleos mariñeiros da costa galega as vivendas van formando pequenas rúas e corredoiras que, nun sentido, son perpendiculares á liña costeira ( facilitando ó acceso ó mar desde as vivendas) e, noutro, paralelas ( facendo abrigo ), formado así unha trama ortogonal irregular en espiña de peixe.

Nun principio, a paisaxe inical amosarianos a imaxe das embarcacións mariñeiras varadas na praia. Pero co tempo as necesidades fixeron necesarias a construción de peiraos e recheos que favoreceran a circulación viaria a finais do S XIX e primeiros do S XX.

Dentro da vila podemos distinguir unha terceira zona, aparte da Pobra do Deán e o Caramiñal, que creceu arredor das fábricas de salgadura dos cataláns na praia do Areal. Podemos ver estas tres partes da trama urbana localizadas nesta imaxe:

As tres partes principais da estrutura urbana da vila: Deán ( 1 vermello ), Caramiñal ( 2 azul ) e Areal (3 branco )

1 Pobra do Deán

ou O Castelo

2 O Caramiñal

3 O Areal

Page 13: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 13

Polo tanto, a paisaxe urbana non é máis que unha construción no tempo, no que podemos identificar as etapas de desenrolo da vila:

Época pre-industrial ( ata o S XIX ): Etapa na que xurdiron os cascos históricos de Pobra do Deán e o Caramiñal. Son o símbolo da vila, onde se concentran a maioría dos edificios singulares : pazos e casas nobres, edificios relixiosos, hospitais de peregrinos, casas mariñeiras nas estreitas e sinuosas rúas con edificios de pedra. Bos exemplos son as igrexas de Santiago do Deán e Santa María do Caramiñal, a Torre Bermúdez, a Casa Grande de Aguiar, o Pazo do Couto, a Casa da Cadea ou o Hospitaliño de Peregrinos.

2ª ½ SXIX e 1º S XX: a burguesía transforma a cidade: Os cataláns traen xa no S XVIII as súas artes de pesca e as fábricas de salazón, fundando o barrio do Areal ( “ barrio dos cataláns “ ). Nas inmediacións da praia van asentando as súas vivendas e as industrias de salgadura de sardiña, chegando ata os terreos de marisma ( zona de Xunqueiras, onde actualmente se atopa a ponte de San Antonio ). Chegou a haber dezaoito fábricas de salgadura e nove de conserva.

Ó mesmo tempo, a poboación aumenta. Case se duplica entre mediados do S XIX e o primeiro tercio do S XX, coma podemos ver nesta gráfica:

Evolución demográfica da Pobra do Caramiñal ( S XVI - 1930 )

Os concello pasa de menos de 5.000 habitantes a mediados do S XIX a contar con case 9.000 en 1930. Xurde entón novas necesidades que transforman a vila: vivendas, prazas máis amplas, xardíns e alamedas. É a época en que se constrúen as estradas ( Padrón - Ribeira, e Pobra - Corrubedo ), diques e recheos do porto e os xardíns Valle-Inclán.

2ª ½ S XX: A partir dos 60 a poboación aumenta notablemente e con ela a vila crece, grazas ó diñeiro dos emigrantes. Abandónase progresivamente a zona rural e edifícase na zona urbana pola mellor oferta de bens e servizos. Despois nacen novas zonas, ladrillo e formigón, á parte do deterioro dos cascos históricos: varias alturas ( ata catro e cinco ) en vivendas contiguas, remodelacións desastrosas ou uso de materiais inadecuados, son boa mostra deles coma podemos ver nas seguintes imaxes.

Page 14: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 14

A estrutura urbana sufre un profundo cambio: aumento de alturas nas vivendas no casco histórico, sobre todo na fachada portuaria; construción nos límites do casco antigo; recheos portuarios con novas áreas de recreo e zonas verdes. E. Edificios singulares:

A casa mariñeira. Como xa apuntamos anteriormente , os mariñeiros galegos, e, coma eles, os homes do mar das vilas de Pobra do Deán e Caramiñal, construiron as súas vivendas buscando protección fronte aos ventos e temporais que viñan do océano. Buscaron a zona mellor orientada e protexida na chaira ó pé da Curota na beira da ría, onde vivían nunhas casas humildes que podemos dividir en 4 tipos:

A casa terrea A casa do pincho

A casa con patín.

Page 15: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 15

Casa entre medianeiras con acceso interior á planta ou plantas superiores .

Este tipo de vivenda pode amosar dous tipos de solucións espaciais ben coñecidas nas vilas mariñeiras galegas: as galerías e os soportais.

O Areal. As casas do Areal son vivendas que contan con balcóns, corredor ou galería , con portas e ventás adinteladas, con frecuencia con arcos rebaixados. Todas elas tiñan xunto a elas, os almacéns e zonas de traballo nas salgaduras.

EDIFICIOS SINGULARES

Torre Bermúdez. S XVI CASA GRANDE DE AGUIAR. S XVIII

Page 16: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 16

HOSPITALIÑO DE PEREGRINOS.S XVI-XVIII. Antigo hospedaxe de peregrinos

CASA TORRE DO DEÁN DE SANTIAGO. S XIV-SXV, reformada XIX-XX Casa da Cadea: ½ S XVIII

CASA DA ESTRELA. SXIV-XV CASA DO CONCELLO. 1887

Page 17: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 17

PAZO TORRE DE XUNQUEIRAS. S XV – XVIII

IGREXA DE SANTIAGO DA POBRA E ADRO DO DEÁN. S. XIV-XVIII

IGREXA E ADRO DE SANTA MARIA A ANTIGA. S. XVI-XVII (nave engadida no s. XX)

IGREXA E RECTORAL DE SANTA MARÍA DO XOBRE. S. XVIII-XIX

Page 18: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 18

ACTIVIDADES 1.- Facemos una lectura atenta do tema e logo elaboramos un mapa conceptual do mesmo, no que aparezan as palabras e ideas clave. 2.- Escribe:

5 palabras que teñan que ver co hábitat urbano.

5 palabras que teñan relación co hábitat rural.

Actividades e sevizos propios da cidade.

Actividades e servizos propios das zonas rurais. 3.- Fai un debixo do hábitat urbano e do hábitat rural. 4.- Fai un esquema dobre, no que se plasmen as características básicas do hábitat urbano e do hábitat rural. 5.- Agora, escribe un pequeño texto no que describas o hábitat urbano e o hábitat rural. 6.- Explica nun breve texto o papel que ten a vila en Galicia, así como as diferencias que ten coa cidade. 7.- Esquema dos diferentes tipos de plano. 8.- Di a que tipo corresponden estes:

Page 19: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 19

9.- Pon exemplos de vilas galegas cuxa orixe está na Idade Media. 10.- Di tres caracterísiticas que tiñan as vilas mariñeiras galegas. 11.- Que ocurriu nas vilas galegas a partir da segunda metade do S XX? Poderías poñer algún exemplo na vila de A Pobra do Caramiñal. Relaciona este tema con esta viñeta humorística:

12.- Elabora un completo esquema sobre a estrutura urbana, zonas e funcións. Acompáñao de imaxes. 13.- Explica nun pequeño texto o fenómeno da explosión urbana. 14.- Diferencia entre área metroplitana e megalópole. 15.- Teno en conta as posibles vantaxes e problemas que pode ter a vida urbana, escribe un texto argumentativo no que intentes convencer das bondades da vida urbana ou, no seu caso, da vida rural. 16.- Comenta brevemente estas imaxes:

Page 20: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 20

17.- Fai un comentario sobre cada unha das seguintes imaxes, según este esquema:

Breve descrición da imaxe

Identificación do tema

Desenvolvemento do contido relacionado co tema

Conclusión ( resume ou opinión persoal ) Imaxe 1 Imaxe 2

Imaxe 3

Imaxe 4

Page 21: TEMA 10. A CIDADE - · PDF filePoboamento asentamento da poboación nun territorio ... urbanización das rúas e avenidas, parques e xardíns, servizos sociais ( centros de saúde,

CCSS 2º ESO TEMA 10. A CIDADE viaxeaitaca.com 21

Imaxe 5

18.- Elabora un informe sobre aVila de A Pobra do Caramiñal:

1. PORTADA:

TÍTULO DO INFORME

Aut@r / Autor@s 2. ÍNDICE. 3. INTRODUCIÓN.

Neste apartado podes presentar o tema e os obxectivos do informe nun parágrafo. 4. CORPO DO INFORME.

Nesta parte desenvólvese o tema dividido en varias partes.

Cada parte pode ter un título ( realmente subtítulo )

Cada unha desas partes redáctase nun parágrafo.

Neste caso os subapartados poderían ser: 1) Historia 2) Emplazamento da vila 3) O plano:

Partes

Historia

Problemas 4) Edificios singulares

5. CONCLUSIÓN.

Para finalizar o informe podes escribir un parágrafo no que … … ou expoñas problemas do urbanismo na vila … ou solucións aos mesmos … ou unha proxección de futuro … o que che gusta e o que non da túa vila … ou todo ao mesmo tempo.

6. APÉNDICES: bibliografía, anexos