TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

23
TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA ESO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

description

TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA. ESO. OBRIGATORIA. EDUCACIÓN. SECUNDARIA. Transición primaria-secundaria. A transición é a outra cara da moeda do sistema escolar. Ser estudante significa, en certo modo, pasar curso. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

Page 1: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

ESO

EDUCACIÓN

SECUNDARIA

OBRIGATORIA

Page 2: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

Transición primaria-secundaria

A transición é a outra cara da moeda do sistema escolar. Ser estudante significa, en certo modo, pasar curso.

A transición a secundaria é máis delicada que as anteriores debido a unha serie de circunstancias que concorren:

Coincide coa adolescencia, Na maioría dos casos, implica un cambio de escola. Provoca novas expectativas, pero tamén xera certa ansiedade Esta transición é distinta da anterior transición EXB- BUP, posto

que os alumnos/as teñen menos idade e agora son dúas etapas obrigatorias.

Co fin de proporcionar a mellor atención ao alumnado que pasa de etapa e a súa familia é polo que realizamos o Programa de transición .

Procuramos tentar, na medida das nosas posibilidades, que sexa transición e non ruptura.

Page 3: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

Programa pre-transición primaria-secundaria

Actividade incardinada dentro do programa de transición que se leva a cabo co IES “Lauro Olmo”.

En concreto esta é a etapa de pretransición. Actuacións coordinadas entre as etapas para centros,

familias e alumnado. Centros: coordinación entre centros para evitar a

ruptura. Familias: Reunión informativa sobre a nova etapa:

procedementos a seguir para a reserva de praza, preinscrición e posterior matrícula, características máis importantes

Alumnado: visita ao novo centro, visita a antigos alumnos/as, resposta a dúbidas...

Page 4: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

RESERVA DE PRAZA No caso de que haxa máis demanda, o

alumnado deste centro ten prioridade para matricularse no IES adscrito (“Lauro Olmo”).

1 ao15 de febreiro: O Centro envía a relación de alumnado susceptible de matricularse no IES co fin de reservarlle a praza.

1 ao 31 de marzo: Prazo para a presentación das solicitudes de admisión. Deben facela todos aqueles alumnos/as que queiran cursar 1ºESO no IES Lauro Olmo.

Presentarase unha única solicitude dirixida á dirección do centro.

Posteriormente haberá que formalizar a matrícula no propio instituto.

Page 5: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

Solicitude de matrícula noutro centro distinto ao adscrito.

As datas para entregar a solicitude de admisión e a matrícula son as mesmas, mais a súa aceptación dependerá da existencia de prazas vacantes.

É conveniente poñer, no apartado correspondente, outros centros por orde de preferencia. Deste xeito, se o interesado/a non é admitido serán considerados posteriormente.

Page 6: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

MATRÍCULA

Deben formalizala todos os alumnos/as. O prazo é do 25 de xuño ao 10 de xullo.Se finalizado o prazo de matrícula, non se

formaliza esta, decaerá o dereito á praza obtida.

Necesitades: 2 sobres co selo e o enderezo, fotocopia do DNI dos pais e do alumno/a, fotocopia da tarxeta sanitaria, tarxeta NUSS, 2 fotos tamaño carné.

Page 7: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

¿QUE É A ESO? I

ESO: Educación Secundaria ObrigatoriaEtapa educativa que ten carácter

obrigatorio e gratuíto para todas as persoas.

Constitúe, xunto coa etapa de Educación Primaria o Ensino Básico.

No ano académico 2008-2009 quedou implantada a LOE para a totalidade do ciclo.

Educación común para todo o alumnado pero atendendo á diversidade.

Page 8: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

¿QUE É A ESO? II

Está organizada en catro cursos académicos, os tres primeiros con carácter común e o cuarto curso con carácter orientador en función das capacidades, aptitudes e intereses do alumnado.

O alumnado permanecerá escolarizado nesta etapa catro cursos, unha vez completada a educación primaria, desde os 12 ata os 16 anos.

Sen prexuízo do anterior, pódense dar circunstancias que fagan variar o establecido con carácter xeral.

Page 9: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

AVALIACIÓN

O profesorado que dá clase ao seu fillo, coordinado polo profesor-titor, reúnese e valoran a evolución tendo en conta os coñecementos que adquiriu en cada unha das materias e o grao de consecución dos obxectivos.

Ao longo do curso, hai tres avaliacións, unha por trimestre. O alumnado poderá repetir o mesmo curso unhasoa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando se dea esta situación, o centro educativo contará cun

plan de reforzo educativo que incida naquelas carencias que determinaron a decisión tomada.

O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo poderá variar tanto a súa incorporación como a permanencia nesta etapa.

Page 10: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

FINS DA ETAPA SECUNDARIA

Transmitir a todos os alumnos/as os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico.

Formalos para: O exercicio dos seus dereitos e obrigas na

vida como cidadáns e cidadás. Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e

de traballo. A súa incorporación a estudos posteriores e

para a súa inserción laboral.

Page 11: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

ÁREAS DE PRIMARIA

Coñecemento do medioEducación artística (Música, plástica, informática)Lingua CasteláLingua GalegaMatemáticasEducación FísicaLingua EstranxeiraRelixión ou alternativas

Page 12: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

ÁREAS DE SECUNDARIA

Materias comúns a 1º, 2º e 3º ESOCiencias sociais, xeografía e historiaLingua Castelá e literaturaLingua Galega e literaturaMatemáticasEducación Física1ª lingua estranxeira (inglés)A elixir unha entre: Relixión católica, Historia das relixións e atención educativa.1 hora de Titoría

1º da ESOCiencias da naturezaEducación Plástica e Visual2ª lingua estranxeira (francés)Proxecto interdisciplinar

Page 13: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

ÁREAS DE SECUNDARIA

2º da ESO Materias comúns e: Ciencias da natureza Música 2ª lingua estranxeira (francés) Tecnoloxía Educación para a cidadanía e os

dereitos humanos.

Page 14: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

ÁREAS DE SECUNDARIA

3º da ESO Materias comúns e: Educación Plástica e visual Música Tecnoloxía Bioloxía e xeoloxía Física e Química Optativas (elixir unha) 2ª lingua estranxeira (francés) Cultura clásica Obradoiro de iniciativas emprendedoras Iniciación profesional á electrotecnia

Page 15: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

TITULACIÓN

GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

Faculta para:O acceso á formación profesional de

grao medioO acceso ao bacharelatoO acceso ao mundo laboral

Page 16: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

DIFERENCIAS ENTRE PRIMARIA E SECUNDARIA

Cambios físicos e psicolóxicos Cambia o clima institucional: edificio, réxime de disciplina, relacións,

maior autonomía e, en consecuencia, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación.

Cambia a metodoloxía didáctica. En Secundaria teñen maior peso as exposicións do profesorado, o libro de texto e a aprendizaxe memorística. Predomina un sistema de traballo onde o grupo realiza a mesma actividade á vez.

Existe un maior número de materias. As relacións co profesorado tamén cambian. En xeral o maior número de

especialistas por grupo levan a relacións máis impersoais. Séntense menos orientados sobre o que teñen que estudiar, con menos

confianza para consultar dúbidas. Redúcese a súa liberdade de movementos e autonomía dentro do aula

(non así fóra dela). Prodúcese unha intensificación dos contidos: o horario de clase máis

extenso e intensivo, o maior número de profesores e materias, o aumento de apuntes, levan unha sobrecarga de traballo.

Page 17: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

DIFERENCIAS ENTRE PRIMARIA E SECUNDARIA

A secundaria implica maior dificultade posto que require unha maior esixencia e, polo tanto, un traballo máis intenso.

Os exames pasan a ter moito peso fronte o traballo diario. Cambia o clima institucional: edificio, réxime de disciplina, relacións, maior

autonomía e, en consecuencia, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación.

Cambia a metodoloxía didáctica. En Secundaria teñen maior peso as exposicións do profesorado, o libro de texto e a aprendizaxe memorística. Predomina un sistema de traballo onde o grupo realiza a mesma actividade á vez.

Existe un maior número de materias. As relacións co profesorado tamén cambian. En xeral o maior número de

especialistas por grupo levan a relacións máis impersoais. Séntense menos orientados sobre o que teñen que estudiar, con menos

confianza para consultar dúbidas. Redúcese a súa liberdade de movementos e autonomía dentro do aula (non

así fóra dela). Prodúcese unha intensificación dos contidos: o horario de clase máis extenso

e intensivo, o maior número de profesores e materias, o aumento de apuntes, levan unha sobrecarga de traballo.

Page 18: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

PRINCIPAIS DIFICULTADES DERIVADAS DO CAMBIO

A secundaria coincide coa adolescencia. Neste período o voso fillo/a tentará atopar a súa propia identidade. Moitas veces a través de comportamentos estraños, da preocupación polo seu físico e tamén a través do enfrontamento convosco.

Tamén é frecuente que esixan unha maior liberdade posto que xa se consideran “maiores”.

Os compañeiros/as pasan a ser moi importantes e exercerán neles máis influenza que os propios pais.

Novos intereses que, ás veces, entran en conflito co estudo: saír cos amigos, primeiros amores...

Page 19: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

PRINCIPAIS DIFICULTADES DERIVADAS DO CAMBIO

Tendencia a unha merma do autoconcepto, ao atoparse nun ambiente novo e máis esixente.

Descenso das cualificacións. Cambios nas relacións sociais.

Page 20: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL

Valorade, de xeito global, sempre positivamente ao Instituto e ao profesorado, independentemente de excepcións.

Seguide mantendo un contacto periódico e fluído co titor/a do voso fillo/a. Ao igual que en Primaria segue a ser a persoa de referencia para as familias. Este contacto permitiravos coñecer a evolución do voso fillo/a no centro e así mesmo informar ao titor de calquera problema que se poida detectar en casa.

Facilitádelles o estudo, marcándolles un horario fixo polas tardes para realizar as tarefas e repasar as asignaturas, así como proporcionándolles un lugar tranquilo que favoreza a concentración (sen música e con ordenador ou a tele apagado).

Page 21: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL

Confiade nas súas posibilidades e mantede unhas expectativas positivas cara ao seus resultados.

Motivádelle e valorade o esforzo realizado durante un trimestre ou nun exame concreto. Así mesmo, é importante ser positivo ante un fracaso académico e buscar solucións antes que sancións.

Coidade a súa alimentación e horas de sono . Un bo descanso e almorzo proporcionaranlle as forzas necesarias para afrontar unha xornada escolar máis longa que noutros anos.

Page 22: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

RECOMENDACIÓNS PARA OS PAIS/NAISPARA FACER A TRANSICIÓN MÁIS FÁCIL

Aínda que se están a facer maiores seguen a necesitar o voso control e supervisión, especialmente en canto a horarios, estudos, amizades, control da tele, do ordenador, da play...

Hai que seguir marcando unhas normas e pautas claras en canto ao seu comportamento, amizades e horario de estudo.

Responsabilidade e confianza e liberdade deben ser directamente proporcionais.

Debemos ser afectivos pero, ao mesmo tempo, educarlles no esforzo, na responsabilidade e no respecto.

Page 23: TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

CURSO 2009-2010

Na educación secundaria obrigatoria as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro de 2009 e o 23 de xuño de 2010, ambos os dous inclusive.

O horario é desde as 8:30 ata as 14.10 horas. Excepto os luns que tamén haberá clase pola tarde de 15:40 a 17:20 horas .

Podedes acceder a este documento na nosa páxina web:

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/

Grazas pola vosa atención.