Triptico2013
Click here to load reader
-
Upload
marcelino-jose-veiguela-fuentes -
Category
Education
-
view
185 -
download
0
description
Transcript of Triptico2013
NA ESCOLA...
Na escola estamos desenvolvendo unha serie
de actividades arredor da figura da nosa
homenaxeada.
Nomeamos algunhas delas
Na web: A voz dos nosos nenos e nenas
Visitade a web da escola e escoitaredes a
nenos e nenas de primeiro ciclo recitando
”negra sombra”, ou “adiós ríos, adiós
fontes”...
No corredor: Rosalía Pintada
Na aula de plástica coñecemos a Pablo
Picasso e o cubismo. Atrevémonos a retratar
a “Rosalía Cubista”.
Nas aulas, corredor, patio: Rosalía
cantada
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!
¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver.
-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-tes!...
ROSALÍA CANTADA
Se queres escoitar os seus poemas
musicados, recomendámosche este disco
de Amancio Prada, gran músico que soubo
entender coma ninguén a sensibilidade,
paixón, forza e musicalidade de Rosalía.
Máis musica en:
-“Airiños aires” por Os Tamara
-“Negra Sombra”, “Mayo Longo”,
“Alborada de Rosalía”por Carlos Núñez
-“Rosa de abril” por Rodrigo Romaní
-“O cravo” por Emilio Cao
...E moitos outros...
V i s i t a e s t a p á x i n a h t t p : / /
sondepoetas.com e poderás gozar de
toda esta música e máis! Letras,
versións... poemas de Rosalía para cantar,
escoitar, bailar...Nesta web poderás
tamén coñecer o son de poetas galegos de
todos os tempos.
VIVA A MÚSICA!
VIVA ROSALÍA SEMPRE !
A actividade será realizada durante
o mes de abril.
Escolle un poema da Nosa Gran
Poeta, podes atopalo
No corredor, no noso
RECUNCHO DA LINGUA
Na Biblioteca escolar, no andel
de poesía
www.edu.xunta.es/centros/ceipatincela
Prepárao na casa, na aula....onde
queiras
E, cando chegue o momento... Atré-
vete a recitalo, cantalo ou dramati-
zalo no corredor da escola, no espazo
dedicado a Rosalía de Castro.
Serás Rosalía por un día!
Unha gran sorpresa agarda!
Haberá sesión de fotos, vídeo...
Rosalía de Castro é a figura máis importan-
te do Rexurdimento Galego. Naceu en San-
tiago de Compostela, en 1837. Rexistrada
como filla de pais descoñecidos, aínda que
hoxe sabemos que foi filla do sacerdote Jo-
sé Martínez e de María Teresa de la Cruz de
Castro, de familia fidalga.
Cando Rosalía xa tiña doce anos a súa nai
faise cargo dela e lévaa a vivir a Padrón e,
posteriormente, a Santiago de Compostela.
En 1856, con dezanove anos, trasládase a
Madrid, e coñece a Manuel Murguía co que
casará uns anos despois e quen a poñerá en
contacto con Adolfo Bécquer e con outros poe-
tas e escritores da época. É Murguía, quen a
anima a publicar as súas obras, pois Rosalía,
de carácter moi reservado, non tiña ningún
interese na difusión das súas creacións. No
ano 1859 publícase a súa primeira novela «La
hija del mar» e, uns anos despois, o seu pri-
meiro libro de poemas «La Flor», ámbolos
dous en lingua castelá. Posteriormente, en
1863, aparece «Cantares Gallegos» e en
1880 «Fo llas Novas», dous libros de poemas,
en galego, que consagrarán a Rosal ía como
a gran poetisa galega de todos os
tempos. A súa obra literaria ten un carác-
ter romántico cunha expresión sinxela, tra-
tando temas como a emigración, o amor po-
la terra, o descontento social, os abusos
dos poderosos.
Rosalía morre aos corenta e oito anos en Padrón. A
súa casa é hoxe un museo que podes visitar.
Rosalía De Castro
Cantares Gallegos
Adiós, ríos; adiós, fontes;
Adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
...
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA
CEIP ATÍN–CELA
QUERES SER ROSALÍA POR UN DÍA ?
Só tes que recitar, cantar ou
dramatizar
un poema da nosa escritora universal.
Neste tríptico descubrirás cómo
conseguilo.
Grandes sorpresas agardan!!!
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE
LINGUA GALEGA
CEIP ATÍN –CELA