UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como...

24
SAMESUGAS * CAFÉ-CULTURAL ROI XORDO * ARTURO VAQUERO * PITI SANZ UN DÍA CON VAAMONDE, LAMAS & ROMERO * ESPAZOS SONOROS Vinte e cinco anos reinventándose UXÍA

Transcript of UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como...

Page 1: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

SAMESUGAS * CAFÉ-CULTURAL ROI XORDO * ARTURO VAQUERO * PITI SANZ UN DÍA CON VAAMONDE, LAMAS & ROMERO * ESPAZOS SONOROS

Vinte e cinco anos reinventándoseUXÍA

Page 2: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor
Page 3: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

[email protected] | www.agadic.info

SUMARIO

AO VIVO Música é unha revista de información e promo-

ción da música galega que se distribúe de xeito gratuíto en

locais da Rede Galega de Música ao Vivo.

EDITA: Axencia Galega das Industrias Culturais.

Consellería de Cultura e Turismo

PRESIDENTE: Roberto Varela Fariña

DIRECTOR: Juan Carlos Fernández Fasero

COORDINACIÓN: Ana Miragaya, Ana Rosales

PRODUCIÓN E TEXTOS: Eme2 Emoción&Arte

ACHEGA DE CONTIDOS: Agaphono (Asociación Galega de

Produtoras Fonográficas), AGEM (Asociación Galega de

Empresas Musicais), Clubtura (Asociación Galega de Salas

de Música ao Vivo).

COLABORAN NESTE NÚMERO: Piti Sanz, Chiu

Longina e Begoña Riobó.

REVISIÓN LINGÜÍSTICA: Reverso.

DESEÑO E MAQUETACIÓN: Logoferoz.

FOTOGRAFÍAS: Janite, cesións de grupos e

arquivo da Agadic.

Impresión: Litonor

Tiraxe: 7.000 exemplares

ISSN: 1888-6191 /D.L.: C 692-2008

4

4 SETE DE SETERamón Iglesias (Nao), Najla Shami e Sergio García (Voltaica) contan a súa relación cos escenarios

10 DETRÁS DA CANCIÓN Arturo Vaquero, o produtor do momento na escena ‘indie’ do país

6 SAMESUGAS A banda de punk rock máis intensa de Compostela prepara novo disco

12 UN DIA CON... Vaamonde, Lamas & Romero e o seu novo espectáculo con banda de música

9 A SALA O Café-Cultural Roi Xordo leva máis dun decenio programando música en Allariz

14 UXÍACelebra vinte e cinco anos de carreira editando Meu canto

18 ESPAZOS SONOROS Música singular en espazos únicos do patrimonio cultural galego

19 TESOUROS SOTERRADOS Chiu Longina recomenda un clásico da electrónica experimental

20 NAS TENDAS As novidades discográficas para a temporada que entra

21 O DISCO QUE ME CAMBIOU A VIDAA violinista Begoña Riobó recorda o impacto do primeiro disco de Matto Congrio

22 A MÁQUINA DO TEMPOPiti Sanz, case trinta anos apegado ás seis cordas

14 21

22

6

10

14

12

Page 4: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

4 ao vivo música

CAL FOI O PRIMEIRO CONCERTO AO QUE FUCHES?

EN QUE CONCERTO DECIDICHES QUE O TEU ERA ESTAR ENCIMA DO ESCENARIO E NON SÓ NA PLATEA?

ADEMAIS DOS TEUS, CAL FOI O MELLOR CONCERTO AO QUE ASISTICHES?

A QUE CONCERTO DA HISTORIA DA MÚSICA CHE GUSTARÍA TER IDO E NON

FUCHES?

QUE CHE GUSTARÍA FACER EN DIRECTO QUE AÍNDA NON FIXESES?

QUE ACTUACIÓN TÚA RECORDAS CON ESPECIAL CARIÑO?

E CAL FOI A MÁIS DESASTROSA?

Ramón IglesiasBatería de Nao

Con 14 anos vin en Noia a Fame Neghra, unha banda

de Santiago que facía hardcore. Foi unha experiencia que me quedou gravada.

Desde que me gusta a mú-sica sempre tiven ganas de

estar encima, e despois de ver uns cantos concertos decidinme a mercar a miña primeira bate-ría e convencer a algún colega para que tocase comigo.

Un no 1992, a presenta-ción do primeiro disco

de Soziedad Alkoholika na Sala Nasa de Santiago. Gocei bailan-do un pogo demencial.

Hai moitos grupos que xa non existen e que me

había gustar velos, como por exemplo Vendetta, un grupo

alemán de thrash metal que se desfixo hai algúns anos.

Tocar mentres a platafor-ma da batería xira, en plan

Slipknot.

Unha das noites nas que mellor o pasei foi can-

do tocamos no festival Castelo Rock, que se celebra en Muros, e tamén outra no campus de Elvi-ña, na Coruña, coa xente entre-gada e desfasando.

O peor de todos foi cando empezamos con Nao, en

Vimianzo. O tempo de espera antes de subir tocar dediqueino a beber cervexa sen parar, e can-do subín estaba prexudicado. En cada tema esvarábanme as baquetas das mans. Non o pasei moi ben ese día.

1

1

3

3

4

4

2

2

5

5

7

7

6

6

7 7

Page 5: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

5ao vivo música

Sergio GarcíaNajla ShamiCantante de VoltaicaCantante

Creo que o primeiro con-certo foi un da banda de

txistularis de Mutriku, que é a vila de Euskadi na que nacín. De rock and roll, os primeiros foron de bandas locais de Noia, cando aínda estaba no instituto.

Cando tiña uns 16 anos empecei a tocar a guitarra

e xa me aventurei a dar algún concerto facendo versións. An-tes de tocar recordo estar moi nervioso, pero ao acabar, des-pois do bo sabor de boca que me quedou, dixen: “Isto é o meu, al-gún día chegarei a ser tan gran-de como Parchís, Luis Cobos ou os Gipsy Kings”.

Estando en Venecia cos meus irmáns e uns amigos

fomos ver un festival que se ce-lebraba na parte nova da cidade. Non podíamos chegar porque o tráfico estaba totalmente bloqueado. Así que decidimos cruzar andando a Ponte della Libertà, que ten case catro qui-lómetros de longo, sen saber o que pasaba. Cando chegamos alí enterámonos de que houbera un tornado! Toda a zona onde ían tocar Pearl Jam e moitos grupos máis estaba arrasada. Menos mal que pouco tempo antes os puiden ver en Barcelona, e o concerto pareceume do mellor que vin.

Non o recordo. Crieime en Taboada e os concertos

non eran moi habituais. Os pri-meiros dos que teño conciencia foron a través do televisor. Meu pai gravaba cintas de vídeo Beta con actuacións de música ára-be, española e doutros países do mundo, e nós cantabamos e bai-labamos.

Foi algo que sentín dende moi pequena e co que so-

ñaba a diario esperta e durmida. Somos sete na familia, así que quedar soa na casa era algo que non sucedía acotío, pero cando pasaba, puña música nunha vella cadea musical e bailaba e canta-ba durante horas, escoitando cin-tas que eu mesma manufactura-ba, e vinilos. Aí é onde chegou esa certeza. Cantar era algo que facía a diario, tamén cos meus pais, irmáns e irmás.

Supoño que un dos máis importantes foi un dos

que Tom Waits deu en España, o 15 de xullo do 2008. Non só polo seu significado, tendo en conta a traxectoria do artista en si e que esta era a primeira vez que pisaba España para tocar, senón porque tamén foi un concerto absolutamente delicioso!

A un de Jeff Buckley, sen dúbida, nalgunha das súas

A algún de Afonso X o Sa-bio, así de paso coñezo

a Idade Media. Máis en serio, habíame gustar ver as míticas bandas dos anos sesenta e dos setenta para poder sentir o olor das válvulas dos amplificadores de guitarra que se fabricaban naquela época clásica. Olor a rock and roll!

Esnaquizar unha guitarra, pero agora si que o teño

mal porque en Voltaica non toco, só canto. Tamén me gus-taría dar un concerto tirado no sofá da miña casa.

Sempre quedo coa última actuación. Cando chegas

á casa despois dun concerto, sentindo un asubío infernal nos oídos e rememoras… é a mellor sensación!

A peor que vivín foi cunha banda que tiña antes da

actual, unha vez que tocamos en Vigo. Tivemos que actuar sen os nosos amplificadores nin pedais, o micrófono pasábame corrente, na última canción o baixista rompeu as cordas, ao batería saltáronlle as baquetas polo aire... Todo o malo que po-día pasar, pasou. Despois dos chispazos no micrófono decidín que a miña seguinte banda se chamaría Voltaica.

actuacións antes de que triste-mente falecera en maio do 1997. É unha mágoa que daquela non tivese medios nin oportunidades suficientes para chegar a gozar dunha das mellores voces da his-toria.

Non teño o costume de pensar nesas cousas. O que

vai vindo, vai vindo, e se sinto o latexo, cara aí vou. Gustaríame tocar con todos os músicos inte-resantes que atope polo camiño, aprender e mellorar musical e vocalmente e pouco a pouco ir definindo o meu son.

A primeira vez que toquei en Taboada, a finais dos

noventa. A miña familia na pri-meira fila, completamente emo-cionada, e todas as persoas coas que levaba xogando desde pe-quena mirando para min... Vaia unha sensación! Treméronme as pernas antes de comezar.

É verdade que tes días ma-los e bos, así que fas unha

media e quedas así de feliz. Eu poño a miña mellor enerxía cada vez que subo ao escenario e pre-tendo gozar e facer gozar, aínda que ás veces non saia como tiñas pensado.

11

2

2

3

3

66

5

5

4

4

7

7

Lobalú, o proxecto de canción de autor de Najla Shami e Héctor Lorenzo, acaba de editar ‘Haikus’

Page 6: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

6 ao vivo música

Page 7: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

7ao vivo música

Un incendio no garaxeousas da veteranía: a entrevista con Álex e Joaquín García Carril, guitarristas de Samesugas, trans-corre no aparentemente nada rockeiro escenario dun parque infantil de Compostela, mentres o primeiro deles alterna as decla-

racións coa merenda do seu fillo. Despois de máis dun decenio de carreira, ao que habería que sumar a súa militancia en ban-das míticas dos primeiros noventa como Fame Neghra ou Dirty Barriguitas, o grupo compostelán (que completan Ramón Rúa á batería e Alberte Leis ao baixo) segue enarborando a bandeira do punk rock ga-raxeiro máis incendiario. Impresionantes en directo, ultiman agora a edición do seu segundo disco longo, que sairá en outubro.

Nos últimos tempos incluístes nos con-certos cancións nas que a melodía se fai máis importante. Vai ir por aí o disco?

JG: Si que terá cancións máis achegadas ao pop, se se lle quere chamar así, pero temos unha maneira de entender a nosa música que fai que ata as máis pop soen agresivas. Tamén hai temas rápidos, maca-rras e punks.

ÁG: Non é algo premeditado. Digamos que van saíndo temas e non lle poñemos reparos a nada. Somos omnívoros.Sodes unha banda de directo. Sentídesvos fóra do voso ambiente cando estades no estudio?

ÁG: Tampouco somos tan conscientes… A xente di que en directo soamos mellor ca en disco, que o gravado non reflicte o que

facemos no palco, pero a nós os discos sóannos ben. Será que non nos vemos a nós mesmos en directo.

JG: O que facemos é gravar practica-mente ao vivo.

ÁG: Buscamos o mínimo de regrava-cións, salvo para a voz, que si vai á parte.Repetides con Jose Bonham como enxe-ñeiro de son...

JG: Si, entendémonos moi ben con el.ÁG: Déixanos probar todo o que nos

apetece, sempre nos di que si. Queremos gravar todos xuntos, queremos todo en vermello, todo ao once! Tamén ten a van-taxe de estar cerca e fai bo prezo.En doce anos de carreira que levades cambiastes de referentes, de músicas que vos inspiren?

CFotografías: Janite

Page 8: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

8 ao vivo música

JG: Polo menos no meu caso, si. En doce anos descobres cousas novas, aínda que os meus gustos non variaron radicalmente. Máis ben foi ir sumando cousas.

ÁG: Non abandonamos nin sequera o que escoitabamos hai vinte anos! Agora oí-mos grupos novos que daquela non existían, como os Drones ou The Night Marchers, que descubrimos hai menos tempo.En que cambiou desde aquela a escena ga-lega?

JG: Pois eu creo que en nada, porque a nosa escena son os grupos que ensaian na Xurásica [local de ensaio de Santiago, polo que pasaron desde Fulsomes a Royalties, Fame Neghra, Novedades Carminha ou Mato Grosso], a xente do Bar Tolo [pub de punk na zona vella compostelá] e pouco máis.

ÁG: Ben, é certo que agora hai moitos máis grupos. Hai anos contábalos cos dedos da man: eran os que había, e coñecíalos a todos. Agora iso é imposible. Iso é bo, non saber de todos quere dicir que hai variedade.Credes que a crise actual afecta máis aos mú-sicos establecidos que aos do underground?

ÁG: Eu creo que este tipo de crises mesmo favorece aos que estamos abaixo. Nós non temos a tentación dos cartos fáciles, porque aquí non os hai, non hai subvencións, non hai grandes cachés.

JG: Movémonos nun contexto máis mo-desto. Agora escoitas con frecuencia que tal concello tivo que suspender as festas por falta de presuposto, cando o ano anterior contratou a calquera grupo por un monte de cartos. Se cadra agora os concellos teñen que darlle mil euriños á rapazada do barrio para que monten a súa festiña e aí é onde imos tocar nós.

ÁG: É unha pena que non se dean de con-ta de todo o que se pode facer con poucos cartos. Sodes uns obsesos das guitarras?

ÁG: E non só das guitarras! Tamén dos amplificadores!

JG: E dos pedais de efectos; Álex tivo unha época na que non paraba de compralos.

ÁG: Ao final impúxose a miña vagancia natural; eran demasiados para conectar (rin). O mellor é buscar un son que se poida facer con guitarra e amplificador. Unha boa guitarra ben saturada…

JG: …é a perfección.ÁG: Cando estou nun concerto e noto que

non me gusta como soa a guitarra, todo se en-cadea e acaba saíndo mal. O primeiro é estar contento con como soa o teu instrumento.

“HAI ANOS CONTABAS OS GRUPOS COS DEDOS DA MAN, E AGORA É IMPOSIBLE. ISO É BO, HAI VARIEDADE”

Page 9: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

9ao vivo música

Praza dos Mesóns, 3. Allariz.www.allariz.com/roixordo

CAFÉ-CULTURAL ROI XORDO

A SALA

Programar concertos nunha pequena localidade e, á vez, ser-vir como centro de reunión nun fermoso centro histórico. Estas son as dúas vertentes nas que se move o Café-Cultural Roi Xordo, no casco vello de Allariz, un local que leva máis dun decenio aber-to no seu formato actual.

A responsable do café, Car-men Seara, afirma que no Roi Xordo “pode facerse de todo: almorzar, vir de viños, picotear, tomar café ou infusións, ir de copas, bailar...”. O local era un antigo bar reformado e refor-mulado hai once anos para dar cabida tamén a programación cultural: “Facemos actuacións musicais en directo, teatro, mo-nólogos, maxia, proxeccións ou exposicións”.

Conta Seara que, aínda que nesta vila ourensá hai outros negocios que tamén organizan

concertos de xeito esporádico, o Roi Xordo é o único con pro-gramación estable. A súa ubi-cación no centro histórico da poboación fai que isto teña as súas particularidades: “Debemos compaxinar as horas de actua-cións co descanso dos veciños polo tema dos ruídos, pero pen-samos que é importante a dina-mización cultural e que os gru-pos que empezan teñan un lugar onde proxectar o seu traballo”.

A opinión dos clientesCunha media de 60 actua-

cións anuais, para a xerente do Roi Xordo é “moi importante a opinión dos clientes á hora de contratar grupos”. Entre os máis memorables, os alemáns Rio Bravo, aqueles que hai uns anos percorreron Galicia nun camión de bombeiros e que tamén fixe-ron parada en Allariz.

Page 10: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

10 ao vivo música

Page 11: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

11ao vivo música

DETRÁS DA CANCIÓN

Unha aldea, unha casa… e un produtor

adadora, Silvia Penide, Jane Joyd, Nouvelle Cuisine, Apenino, Ata-que Escampe, Burgas Beat, Telémaco, Ul-

träqäns... Boa parte do que fabrica o indie galego pasa nalgún momento polas mans de Arturo Vaquero, lugués, antigo disc joc-key, pioneiro da música electrónica galega (co seu proxecto Humanoid) e agora a fi-gura á fronte do estudio Abrigueiro. Des-de “esta aldea de Friol na que só hai unha casa”, como el mesmo di, modela discos heteroxéneos que van do metal máis extre-mo ao folk clásico duns Fuxan os Ventos.

O estudio é precisamente esa casa úni-ca de Abrigueiro, no corazón de Galicia. Explica Vaquero que o proxecto tardou en poder realizarse (abriu hai sete anos), pero estaba claro desde o principio: “Queriamos un lugar separado do ruído das urbes, un

ARTURO VAQUERO

sitio no que os músicos puidesen relaxarse e traballar nun ambiente tranquilo”. Ade-mais da acústica, buscouse, por exemplo, que na sala de gravación houbese luz natu-ral ou que os artistas puidesen aloxarse nas mesmas instalacións.

Outra parte fundamental da filosofía é o prezo: “Queremos que todo o mundo poi-da acceder a un estudio profesional coma este, que estea ao alcance de calquera gru-po. Eu, por exemplo, non cobro o meu tra-ballo como produtor se o fago aquí”.

Estilos variopintos Esta forma de traballar permítelle a

Vaquero gravar a conxuntos dos estilos máis variopintos “e aprender de todos eles. A miña experiencia dime que para un produtor non é bo limitarse a un tipo de música. De cada grupo aprendes algo, de cada estilo colles algo que podes logo apli-

N car a outro. A variedade enriqueceunos e fíxonos mellores. Se mañá vén gravar, por exemplo, un grupo de fox trot americano, estou seguro de que saberemos entende-lo”. Ademais do seu traballo principal, fai en Abrigueiro música para videoxogos e posprodución de audio.

Vaquero dubida moito á hora de esco-ller as súas producións favoritas: “Estou moi orgulloso de todas. Pero se me obrigan a escoller… o disco de Jane Joyd quedou moi ben, ou o último de Nadadora (Luz, oscuridad, luz, Ernie, 2010), Combo Dinamo (Quieto, muere, resucita!, 2010), Areavasta ou o da Isi Vaamonde Band (Live in heart-land, a punto de se editar), son uns musi-cazos. E dos Dirty Socks, por exemplo, gar-do moi bo recordo. Son uns rapaces moi novos de Santiago que chegaron aquí un pouco perdidos, pero pasámolo moi ben e sacamos adiante un bo traballo”.

Page 12: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

12 ao vivo música

No bordo do escenario, Vaamonde, Lamas e Romero, gaita, saxo soprano e acordeón, respectivamente. Por detrás, toda a potencia sónica da Banda Municipal da Coruña, dirixida por Marcel Van Bree. Esta é a última invención de tres músicos inquietos que queren levar o tradicional a lugares menos transitados. Xurdido no ano 2010 como homenaxe á Torre de Hércules con motivo da súa designación como Pa-

UN DíA CON:

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

Ante o Pazo da Ópera, antes do concerto

Proba de son ante unha platea de momento vacía

trimonio da Humanidade da UNESCO, o proxecto Vaamonde, Lamas & Romero + Banda adapta pezas clásicas do folclore ga-lego para seren interpretadas no non me-nos popular formato de banda de música. O concerto que documentan estas imaxes, interpretado o 17 de abril de 2011 no Pazo da Ópera coruñés, demostra ademais que o sentido do humor do seu trío impulsor segue intacto.

Page 13: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

13ao vivo música

Instrumentos tradicionais e de vento soan cando comeza o concerto

Lamas, o director da Banda da Coruña, Marcel Van Bree, Vaamonde e Romero

O humor e os disfraces tamén forman parte do espectáculo

Page 14: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

14 ao vivo música

Page 15: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

15ao vivo música

Fotografías: Janite

Page 16: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

16 ao vivo música

xía celebra vinte e cinco anos de carrei-ra homenaxeando a súa paixón: can-tar. Meu canto (Fol Música, 2011) non é unha compilación de éxitos ao uso, é un poñer patas arriba as cancións que marcaron a súa traxectoria, miran-

do para atrás sen nostalxia e proxectándo-se cara ao futuro. O traballo, gravado nos afamados estudios Biscoito Fino de Río de Xaneiro, é tamén un paso máis na persoal teima da cantora na unión das músicas da lusofonía.

Que contén Meu canto?Músicas de aquí, clásicos galegos re-

visitados, poemas de Novoneyra, Manuel María ou Rosalía... É unha revisión do meu repertorio en clave contemporánea. É moi difícil darlle a volta á ‘Rianxeira’, pero para nós foi moi interesante sentar e conceder-lles tempo a eses temas. O guitarrista Sér-gio Tanus foi a peza clave deste disco; xusto antes de gravalo estivemos sós, pensando como afrontar a gravación e buscando es-pazos para a voz.

O disco é tamén unha homenaxe ao seu instrumento, a voz.

Si, revisando os temas que iamos gravar démonos de conta de que a palabra canto estaba implícita en moitas delas. A partir de aí buscamos repertorio que explicase o que é o canto, e as emocións que provoca. No libreto tamén hai reflexións doutra xen-te ao respecto.A produción é de Jaime Alem, que traba-llou con xente como Maria Bethânia, e hai convidados como Lenine…

...E moitos que fomos atopando polo camiño. Tivemos unha xira enorme por Brasil, e nese percorrido por São Paulo, Río, Salvador de Baía ou Paraíba fomos atopando xente. Non pechamos o disco, foi pechándose. Gravamos, por exemplo, unha viola caipira do interior do Brasil, que Sérgio tivo que aprender a tocar para os ‘Alalás encadeados’ de Novoneyra, eses que din “Galicia non te puideron calar e ben que o teimaron, se non cantas polo erguido, asubías polo baixo”, moi revela-dores para os tempos que corren.Como foron os vinte e cinco anos que pa-saron desde a edición de Foliada de marzo (Edigal, 1986)?

Pasaron voando! Foron anos de moitísi-mas experiencias, vivinos coa sensación de estar sempre aprendendo. Por iso non qui-

xen facer un disco de retrospectiva, senón que mirase ao futuro, que me permitise polo menos tentar reinventarme.Iso é o máis difícil, quizais.

Si, pero éme impensable repetirme. A miña traxectoria concíboa en movemento e a creación en colectivo, en contacto con outras culturas. Non é un traballo moi ao uso. Chega un momento no que a xente domestica a vontade de descubrir cousas e vai caendo a ambición, e eu non quero iso, quero facer cousas novas. Ao contrario, a miña curiosidade foi medrando.Vostede nunca caeu no círculo disco-xira-disco-xira.

Sempre me gustou buscar outras expe-riencias. Teño o meu labor como produtora de xente como Malvela ou Emilio Rúa, sigo facendo radio e investín moito tempo e enerxía en Cantos na Maré [o festival inter-nacional da lusofonía que se celebra cada ano en Pontevedra]. Iso fixo que quizais o tempo entre os discos se dilatase, pero os discos chegan cando teñen que chegar.Como era hai vinte e cinco anos Uxía?

Non mudei tanto… Sigo conservando dentro esa nena, aínda que madurase. Aprendín algo básico para a música e para o canto: descubrir a esencia do que fago e saber que é o que non quero facer.Que é o que non quere facer?

U

Page 17: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

17ao vivo música

Non quero apalancarme no previsible. Tamén aprendín que o meu instrumento, a voz, é moi poderoso e moi fráxil, e que ten que ser o protagonista do meu traba-llo. Por iso o homenaxeo en Meu canto. É bonito pensar que despois de tanto tempo o fundamental é o máis importante. Fixen discos moi complexos a nivel de arranxos, ata chegar a este, no que pensei: todo iso estivo moi ben, pero agora vou volver a aqueles anos nos que cantaba coa guita-rra, á música que segue sendo a que máis me emociona. Só que agora non toco eu, hai guitarristas fantásticos que me acom-pañan!Foi pioneira no contacto con outras músi-cas lusófonas, cando moita xente estaba máis pendente da conexión celta.

Eu sempre crin máis no atlantismo e na identidade lusófona, que aínda estamos construíndo. Estou convencida de que é o horizonte da esperanza para a cultura galega e para a música en particular. Son millóns de falantes, un contacto estratéxi-co para a supervivencia da nosa lingua. Sei que é unha teima, e que ás veces a xente o interpreta como unha obsesión, pero eu creo firmemente niso e levo anos traballando ao respecto. E tamén é unha cuestión de afectos: a miña familia musi-cal está aí. Levo tantos anos cantando en

Lisboa, por exemplo, que teño unha autén-tica familia de xente coa que me entendo perfectamente.Como se integra Galicia dentro dese xi-gante cultural que é Brasil?

Curiosamente, alí non teñen ningún prexuízo e consideran fascinante atopar unha irmá pequena. Eu comprobei que en-tramos pisando forte alí. Flipan moito ao descubrir a nosa lingua e a nosa música, que ten moito que ver coa deles. Eu abro o disco co ‘Verde-gaio’, que se canta en Brasil, en Portugal e mais aquí. Para eles é tamén fermoso descubrir as diferenzas, descubrir as pandeiretas… Eu non sentín paternalismo pola súa parte.Como é celebrar 25 anos de carreira nun contexto no que todo, e especialmente a industria musical, parece necesitar un cambio radical?

É un reto saber como pode ser o futu-ro. Eu creo que hai que repensalo absolu-tamente todo, desde a distribución á ma-neira de estar na música. Hai algo que nos beneficia a todos, que é que a música ao vivo gaña presenza, e é marabilloso. A in-dustria musical cambalea, pero era coma unha burbulla. Hai que volver pensar nisto como algo artesanal, algo de verdade, feito co corazón… e demostrar en directo o que se sabe facer.

“Non quixen facer un disco de retrospectiva, senón un que me permitise polo menos tentar reinventarme”

Page 18: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

18 ao vivo música

A mellor música en espazos únicos: esa é a idea da que parte Espazos Sonoros, un festival que se celebra entre o 15 de agosto e 22 de outubro en lugares tan particula-res e referenciais como pazos, conventos, fábricas ou museos. Artistas como Rolf Lis-levand, La Chimera, Laura Alonso ou Nova Lux Ensemble poñen as cancións en ubica-cións nas que xa resoan a arte e a historia. O evento está organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Fundación Illa de San Simón.

Esta é a cuarta edición da iniciativa, que quere xuntar patrimonio cultural físi-co e inmaterial. Os lugares nos que se vai desenvolver a heteroxénea programación son ben diversos: En definitiva, un total de dezasete espazos entre os que se atopan edificios relixiosos (San Francisco, en San-tiago; a antiga colexiata de Iria Flavia e o

Musica especial en espazos únicos

convento de Herbón, en Padrón; o Mostei-ro de San Clodio, en Leiro; a Catedral de Tui; a igrexa da Venerable Orde Terceira Francis-cana, na Coruña; e a de Xagoaza no Barco de Valdeorras), unha antiga fábrica de con-servas (a Goday, na Illa de Arousa), ruínas medievais (San Domingos, en Pontevedra), pazos (Lusío, en Samos, e Tor, en Monforte de Lemos), unha fortaleza medieval (a de Friol), un edificio militar (o de Ferrerías, en Ferrol); unha antiga prisión (a da illa de San Simón, en Redondela) e espazos culturais de referencia como a Cidade da Cultura, en Compostela, o Museo de Belas Artes da Coruña, o MARCO e o Museo do Mar, en Vigo e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O listado de artistas que actuarán no festival é variado, e vai do jazz á actividade escénica, da música popular á máis vangar-dista: ademais dos xa citados, por Espazos

Sonoros pasarán Quadriga Consort, Malan-dança, Les Sacqueboutiers de Toulouse, Diana Baroni Trio, o arpista Manuel Vilas, Pel de Noz ou os pianistas Jesús Núñez e Elisa Vázquez Doval, a Compañía Autóno-ma Dromosofista e o seu espectáculo de mimo, o grupo do guitarrista Javier Abral-des e o contrabaixista Xacobe Martínez An-telo, o paisaxista sonoro Carlos Suárez ou a intérprete de theremín Pamelia Kurstin.

Como complemento á programación musical, o festival propón actividades para coñecer mellor os lugares nos que se celebra, como andainas polos arredores do convento de Herbón e do mosteiro de Xagoaza. Tamén haberá obradoiros para coñecer como se toca o theremín e conver-sas cos artistas. A ampla programación, asi como os espazos nos que se leva a cabo, pode coñecerse a través da web do festival, www.espazossonoros.org

De esquerda a dereita, e de arriba a abaixo: Laura Alonso (Foto: Isaac Morell), Quadriga Consort, La Quimera, TAC, Rolf Lislevand, Pel de Noz

Espazos Sonoros chega á súa cuarta edición xuntado o patrimonio físico e o musical

Page 19: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

19ao vivo música

A historia recente da experiencia sonora está chea de grandes tesou-ros soterrados. E fixádevos en que falo de ‘experiencia sonora’ e non de música, porque o disco que que-ro desenterrar hoxe (que son dous en realidade) non acabou de ser clasificado como un disco musical. Considerouse como un experimen-to acústico, unha especie de motor conceptual case autónomo que acompañou a unha xeración nunha viaxe de ida e volta con parada no puro pracer físico (a esencia propia da escoita). Nin tristura, nin melan-colía, nin introspección, nin histo-rias persoais ou universais, nada do que habitualmente conteñen os discos importantes, sinxelamente frecuencias e un minimalismo ex-tremo que te empuxaba a tomar conciencia da linealidade temporal da propia existencia (“o son é, esen-cialmente, transcorrer”, que dicía Luís Cencillo).Así de simple e así de complexo. Puro significante e ningún signifi-cado. Un disco (dous, insisto) que se creou en silencio e se consumiu tamén dese modo, porque se algo facía moi ben era fuxir das perver-sións do discurso cultural, non as-piraba a triunfar porque buscaba

o encontro constantemente. Pode-riamos definilo (aos dous) como escultura sónica e, se me apurades, como plasticidade auditiva, porque, iso si, asumía a intelectualidade da escoita e a súa gramatización. A min persoalmente introduciume nun mundo fascinante do que aín-da non saín e, como lle ocorreu a Obelix, xa pouco podo facer para es-capar desa estrutura mental cons-truída con sons. Aquí, no estudio en que traballo (pumpun.com), sentado á beira dos culpables do festival Sinsal e todos os seus satélites (dos que son tamén socio fundador), estamos agora re-escoitando estes dous dis-cos. O primeiro, Concept 1: 96:CD, confeccionado por Richie Hawtin para o selo Minus entre 1996 e 1998 (era un recompilatorio de 12 expe-rimentos en vinilo) e o segundo, Concept 1: 96:VR, revisado polo xe-nial Thomas Brinkmann (que a esas variacións incorporou tamén as do enigmático Mike Inc.). E agora imos deixar un silencio nas nosas cabe-zas antes de continuar lendo.

TESOUROS SOTERRADOS

Concept 1: 96:CD / Concept 1: 96:VR (Minus, 1998)

Por Chiu Longina

Richie Hawtin

Chiu Longina é artista sonoro, antropólogo especializado no son e membro de proxectos relacionados coa escoita como artesono-ro.org, mediateletipos.net, escoitar.org e pumpun.com.

Page 20: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

20 ao vivo música

Nas tendas

Uxía Meu cantoFol Música

Pioneira na conexión trasatlánti-ca da música galega, madriña de numerosos proxectos e propaga-dora do talento do país a través do seu traballo nos medios, Uxía vólvese cara a si mesma en Meu canto. O disco recolle varios dos seus temas máis recoñecibles, regravados en Brasil e repensa-dos pola cantora, que demostra unha vez máis que o movemen-to é o seu estado natural.www.uxia.net

Capitán FuriloTercer roundAutoeditado

O grupo de Ponteareas é un dos máis prolíficos da escena do rock galego. Con este Tercer round fan xa tres discos en catro anos, aos que hai que sumar un EP e un sinxelo. Neste último traballo, que se pode descargar gratuita-mente na súa páxina, insisten no seu son guitarreiro e melódico, con xiros máis acentuados cara á nova onda setenteira, coma os teclados e os arranxos.www.capitanfurilo.com

Esquíos Agora si...Autoeditado

Gravado en directo polo omni-presente Arturo Vaquero e en tempo récord (unha fin de se-mana), o novo disco de Esquíos busca rexistrar o son directo e contundente da banda. Co punk rock de toda a vida como base, a banda da Estrada busca abrirse a campos máis melódicos como o country ou o ska, coa crítica so-cial e a diversión como eixo para as letras. www.esquios.com

Moisés QuintasGuia didáctica de instrumentos galegosOuvirmos

O profesor e músico Moisés Quin-tas, compoñente do grupo Tras-mundi, concibiu este libro-disco como un manual para os intere-sados en coñecer as ferramentas propias da música tradicional ga-lega. Ademais das explicacións e de 100 imaxes dos instrumentos, a publicación conta con 40 pistas de audio e unha interactiva para facer máis doada a aprendizaxe deste patrimonio común.www.ouvirmos.com

Moondogs Blues PartyThirty roadsGaztelupeko Hotsak

Blues clásico e son americano do de sempre, cavernoso, cam-pestre, para un disco reflexivo. Producido polo propio grupo e por Arturo Vaquero, Thirty roads é o novo traballo de Moondogs Blues Party, un multitudinario conxunto coruñés que bota man dos ventos para facer cabalgar as súas cancións, como xa con-seguiran co anterior elepé, O ca-delo lunático.www.moondogsbluesparty.com

3AzoteasA prioriAudia Records

A priori é o primeiro disco de 3Azoteas, un trío de improvisa-dores formado no 2008 por Iago Mouriño (piano e teclados), Pa-blo Pérez (contrabaixo e baixo eléctrico) e Miguel Queixas (ba-tería). Os tres son ben coñecidos en Galicia dentro do ambiente do jazz, unha música que prac-tican con diversas formacións e que, neste caso, mesturan co rock progresivo dos setenta.myspace.com/3azoteas

Alfonso MedelaSeven coloursAudia Records

O pianista e compositor carba-llinense Alfonso Medela, mul-tigalardoado polo seu traballo ás teclas, incorpora dez novas cancións ao seu repertorio con Seven colours. O ourensán pica de diversos estilos próximos ao jazz de vangarda, e rodéase na maior parte das cancións dun trío que en ocasións se converte en septeto para firmar un álbum ecléctico e moi variado. myspace.com/alfonsomedelajazz

Ataque EscampeViolentos anos dezAutoeditado

No arranque da década, Ataque Escampe editan o seu cuarto disco longo con ganas de pelexa. Fano envolvendo as súas habi-tuais letras traballadas e brillan-tes con sons próximos á música americana, moitas veces buscan-do o soul e case sempre baseán-dose no folk estadounidense. A produción de Arturo Vaquero e os arranxos fan medrar un pouco máis a aposta dos composteláns.ataqueescampe.blogspot.com

20 ao vivo música

Page 21: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

21ao vivo música

Dubidei se escoller este disco ou al-gún dos primeiros de Milladoiro, como A Galicia de Maeloc (Ruada, 1979), porque, sen ningunha referencia anterior, destas gravacións saíron versións definitivas de ducias de temas populares. Non obstante, Milladoiro sempre estiveron aí. Decidinme por Matto Congrio porque eu estaba alí, eu vivino.

O primeiro e único disco de Matto Con-grio é grande non só por cuestións musi-cais. Escoiteinos antes de que o sacasen. Eu vivía en Vigo e recordo a súa presenta-ción no auditorio do conservatorio.

Matto Congrio é un disco moi impor-tante para a historia da música galega. Escoitado agora pode parecer que algun-has cousas quedaron vellas, porque no seu momento quixeron ser tan innovadores, tan valentes, que empregaron moitos sons que agora xa non están tan de moda. Este grupo fíxonos ver aos amantes da música tradicional ata onde esta podía chegar, fíxonos sentir fachenda do que somos e do que facemos. Ademais, de Matto Congrio saíron as dúas formacións que aínda hoxe son punteiras en Galicia, as que abren vías para os demais artistas: Carlos Núñez e Be-rrogüetto.

Sigo escoitándoo, e con moita saudade. Recórdame uns momentos, unha época, uns anos de explosión de creatividade que espero que volvan.

(Matto Congrio). Sonifolk, 1993

O DISCO QUE ME CAMBIOU A VIDA

Matto CongrioPor Begoña Riobó

A violinista Begoña Riobó vén de editar ‘Riobó’ (Zouma, 2011), o seu primeiro disco en solitario despois das súas colaboracións cos mellores músicos tradicionais do país.

Page 22: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

22 ao vivo música

“Comecei na música con divertimen-tos tipo Pisclú, un grupo moi punk tanto en concepción coma en resultado. Tiña 14 anos. A primeira cousa seria foi Sindika-to Agrario; empezamos facendo pintadas e mandando notas de prensa falsas tipo ‘Sindikato Agrario, de volta da súa xira por Alemaña’, que os xornais publicaban sen contrastar. Foi moi divertido. Chamáron-nos para abrir os concertos de Radio Océa-no e tivemos que montar un repertorio en tempo récord. Saíu moi ben”.

“Logo chegaron Los Contentos. Montei a banda con Fran Lamas e foi cousa bonita. Gravamos dous discos que agora son pezas de colección: agora pillas un disco daque-les e parece que investiches nun de alguén importante! Que mundo raro!”.

“Despois de Los Contentos estiven anos sen coller unha guitarra eléctrica. Traba-llei de técnico de son, montei escenarios, conducín un camión por toda a Penínsu-la movendo dez toneladas de material de luz e son. Traballei coma unha besta. Un día tiven unha lesión dolorosa e aproveitei para parar un pouco e comprar un estudio caseiro de gravación... e volvín”.

“Agora estou aberto a todo tipo de músicas, sempre que teñan calidade na produción, ou letra, na actitude... Pode

chamarme a atención calquera cousa que vexa honesta. Ademais, fago música para películas”.

“E claro, están Di Elas, o grupo que fixen con Luís Tosar. Creo que xa circula unha morea de información ao respecto. Temos un disco marabilloso e boísimo, gravado, mesturado e masterizado totalmente en Galicia, porque temos calidade internacio-nal. Aquí sempre houbo moi bos músicos e moi malos empresarios, sen visión mais alá de Pedrafita ou de Ribadeo, que só

A MÁQUINA DO TEMPO

PITI SANZqueren tirar proveito rápido e cativo das institucións galegas. En Galicia hai varios grupos que poderían ser números un en España. Non cambiou nada, neste sentido seguimos igual”.

“Unha vez, tocando cos Magical Bros., vin nenos facendo o traste colgados de cables eléctricos no medio do escenario, en perigo inminente de electrocución, cos pais rindo da situación. Baixamos do es-cenario e paramos o concerto... e os pais estaban indignados coa suspensión! Non entendo nada, salvamos a vida dos seus fillos, pero queríannos zoscar! Nunca qui-xeron pagar nin a actuación nin os gastos. Non me importa dicir que foi nas festas do barrio compostelán de Sar (o meu barrio, e no seu momento o de Luís Tosar). Non puidemos saír do camerino ata varias ho-ras despois!”.

“Nisto estase para sobrevivir. Hai xen-te que pensa que por saír na televisión, na radio ou nun par de revistas estás forrado. Forrados cantos? Pouquísimos! Que non se engane a xente, a maioría dos músicos, compositores e autores simplemente so-brevivimos”.

“NISTO ESTASE PARA SOBREVIVIR. HAI XENTE QUE PENSA QUE POR SAÍR NA TELEVISIÓN, NA RADIO OU NUN PAR DE REVISTAS ESTÁS FORRADO. FORRADOS CANTOS? POUQUÍSIMOS!”

Piti Sanz formou parte do mítico grupo lugués Los Contentos, nos oitenta. Actualmente é integrante de Di Elas e compón para o cine e o teatro.

Page 23: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor
Page 24: UXÍA - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/aovivo_10.pdf · que ás veces non saia como tiñas pensado. 1 1 2 2 3 3 6 6 5 5 4 4 7 7 Lobalú, o proxecto de canción de autor

SALAS:A FundaciónA RegueifaAcheAturuxoAuriense Café CulturalBâBâ BarBar LiceumBarandaCafé-Cultural Roi XordoCatro CamiñosClavicémbaloContrabajoEl EnsancheEl Otro CaimánForum CelticumGarufaJazz FilloaLa Casa de ArribaLa Fábrica de ChocolateLa Iguana ClubMarruchoNáuticoPub d’Antón Rock CaféPub GatosSala 600Sala KarmaSala Super 8SalaSonSama SamaUltramarinosZona Zero

BANDAS:Abuelo y ChiquilloAl Supersonic & The TeenagersAntonio Bartrina y Ariel HernandezBukowski Blues Trío?Califa Swing TríoCapitán FuriloCats and MonkeysClave de FadoCombo DinamoDakidarríaDaniel HigiénicoDe Outra MargemDixie TownDoc Magoo’sDreams of Dolly SheepEl Mundo de WayneEladio y Los Seres QueridosFelipe Villar AndradeFon RománFrans Banfield TrioFred MartinsGlasgowGlassonionÁlvaro Muras GrupoGuadalupe PlataGuadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme FernándezHolywaterHOT3sssIglooIth

Josito PortoK-RaxeLa FamiliaLa Kinky BeatLa MinitípicaLos EternosLos MecánicosLucía Martínez AlonsoMachinaMaggot BrainMarcos Coll & The Weed WhackersMarylandMay Thay & The Torino RocketsMentaliniMisterioso Viaje HolandaMoondogs Blues PartyNaoNicolásNouvelle CuisineOmar Percussion GroupOs CarunchosOverhearPablo BichoPatricia MoonPhantom ClubRaibaRoger de FlorSilvia PenideSinestesiaSoultrack

StrabismoSugar MountainSumrráSweet Oblivion BandThe Base-ickTonhito de PoiTorinoTrasnochandoVíctor CoyoteVoltaicaWhy Go

Pro

gra

mac

ión

Car

los

Hu

mbe

rto

Día

z P

érez

MA

IOX

O2011