Como facer un esquema
Departamento de Lingua e Literatura Galega
IES de Porto do Son
Que é un esquema
• É a expresión gráfica do subliñado.
• Presenta os datos de forma clara e sinxela.
• Establece unha xerarquía de ideas: principais
e secundarias.
Comezamos
• Realiza unha lectura comprensiva e subliña as
ideas principais e secundarias. Serache útil
empregar cores diferentes ou distintos tipos de
subliñado.
• Escolle o concepto clave e pono como centro do
esquema.
• Engade as que consideras ideas principais,
secundarias e detalles.
Tipos de esquemas
• De chaves: axudan a definir conceptos ou
ideas relacionados entre si.
Tipos de esquemas
• De frechas: similar ao de chaves. Emprega as
frechas para relacionar un feito con outro.
Tipos de esquemas
• Numérico: as ideas principais van numeradas
(1, 2,3, 4...) e as secundarias levan un segundo
díxito e unha sangría.
Tipos de esquemas
• De letras: é semellante ao de números pero
usando letras (A, B, C …) para as ideas principais
e unha segunda letra, cunha sangría, para as
ideas secundarias.
Tipos de esquemas
• De árbore ou cadros sinópticos: a palabra
principal colócase no medio e os sucesivos
niveis de palabras colócanse debaixo. Canto
máis abaixo máis precisa é a información.