THE MUROS TIMES ¡¡¡
THE MUROS
TIMES ¡¡¡ ANO 0 – Nº 1 – ABRIL-2013
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
THE MUROS TIMES ¡¡¡
THE MUROS TIMES ¡¡¡
ANO 0 – Nº 1 – ABRIL—2013
Limiar:
Ben, aquí está xa o segundo número da revista
“THE MUROS TIMES”.
Aproveitando a aparición de este novo número,
imos facer a presentación en sociedade desta inicia-
tiva, que terá lugar o vindeiro día vinte de abril ás
oito do serán, na aula de informática da Casa da
Cultura de Muros. Empresa que é participada por un
grupo hetereoxeneo de mulleres e homes de Muros,
e de algún máis, que a pesares de non ser nado no
noso concello, síntese muradán de corazón. Porque
para ser un bo “queredor de Muros” non é “Conditio
sine qua non” ter vido a este mundo entre a punta
de Uhía e a punta das Lens; senón, amar tamén a
este bendito e privilegiado anaco de terra. E iso pó-
dese sentir, sendo nado aquí ou na Cochinchina.
Agardamos que sexa do voso agrado esta nova edi-
ción e contamos con que nos arrouparedes coa vo-
sa presenza o día da súa presentación pública.
THE MUROS TIMES:
Difusión da Cultura;
exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.
THE MUROS TIMES ¡¡¡
COLABORADORES:
Jorge Lago de Pexejo
Henrique Monteagudo
María Castiñeira
Joaquín Vilar
Antón Lago
Alfonso Pouso—Quín Caamaño
Escola de Música Esmu—Manuel M. Martínez
Manuela Tajes—Marisé Luces
Manolo de Lajo— Manuel Lago
THE MUROS TIMES ¡¡¡
THE MUROS
TIMES ¡¡¡
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
THE MUROS TIMES ¡¡¡
LENDA DA COVA DE SISILIA
O pobo de Muros encontrase protexido por dous montes sitos de tal maneira que sí tiramos unha liña recta entre eles, a vila queda exactamente nela. Es-tes montes son Cruz de Pelos o NE é o Oroso o SW, ámbolos marcados dende tempos ancestrales por dous pedestáis coas súas respectivas cruces. A do Rumial no Oroso e Cruz de Pelos no monte do mes-mo nome.
Conta a lenda que a de Cruz de Pelos foi destruida duran-te a Edade Media por unha meiga que peiteaba os longos cabelos o pe dela, quedando soio o pedestal que hai hoxe en día. Dita muller foi axusticia-da na fogueira por herexe, ainda que como decía meu bisavo cando nos contaba a lenda: "herexe non é o que arde na fogueira, sinon o que a prende".
O NE de Cruz de Pelos baixando para Porcomorto, no coñecido como Chan da Lagoa, encontrase a Cova de Sisilia, antiga morada da meiga e dos tres últi-mos republicanos da bisbarra. Estes tres sindicalistas da CNT botaron un bo tempo nela durante a guerra civil e aproveitando a noite baixaban as cortes de Felipe a buscar a comida que súas donas e os veci-ños alí lles deixaban. Nas ditas cortes moraba Mikis, o gato do pai de Felipe, ainde que eles o chamaban de Durruti, como o seu líder.
Sabedores de que cada vez o cerco da garda civil estaba máis perto é co conocemento de que estaban chegando reforzos desde Santiago para dar a batida definitiva, decidiron planexar a fuga a Francia. Entón un deles mandoulle recado a seu cuñado para que os esperara co barco de Carraspello (barco no que era contramestre) cheo de fuel fondeado en Esteiro e poder darse a fuga aproveitando a sombra da noi-te de lua nova.
les sabían que os camiños dende Cruz de Pelos has-ta calquer punto da ribeira estaban vixiados, pero tamén estaban o tanto de que a cova era máis lon-ga do que habían esplorado. Así que decidiron coller a Durruti e tiralo por un furado con pendente que facía o final da cova conocida. Cal sería a sorpresa que miña tía Concha do Campo de Abaixo encon-trouno bagando por a praia de Bornalle cando anda-
ba o arneirón para a campa de súa nai, esta foi a maneira de saber que a co-va tiña outra entrada cerca da dita praia.
Cando tiñan todo preparado para salir, déronse de conta de que faltaba Carmona, o home parece
que se foi despedir da muller, con tan mala sorte que a casa estaba vixiada é capturarono. Uns días despois trás un xuicio sumarísimo, foi pasado a ga-rrote vil en Santiago. Os dous restantes acojonados, decidiron adentrarse na cova tapando o lugar estreito dende o interior e seguiron o mesmo camiño que antes fixera o gato, hasta chegar a uns profundos que quedan cerca da praia de Bornalle e soio se ven con mareas vivas. Molláronse un pouco e continua-ron a andaina por a ribeira hasta chegar a Esteiro. Alí estaba fondeado Santiago rodeado dunha espesa borraxeira, nadaron en silencio, embarcaron e sín saber moito de mar e cas luces de navegación apa-gadas botaronse a un andar de 8 nos rumbo a li-bertade, que naquel tempo non era outra que a terra donde naceu a Marsellesa despois dun levantamento do pobo. Amparados na noite e na borraxeira chega-ron o porto de Arcachón con combustible xusto e mortos de fame, sendo recollidos por os franceses e recluidos nún campo de concentración na praia.
By: Manolo de Lajo
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Cada pobo herda e mantén as súas crenzas e tradicións
pasándoas de xeración en xeración sen que, na maioría dos casos, nos preguntemos nunca nin de onde veñen nin para onde van, algunhas calando tan fondo na xente de ben que convértense misteriosamente en firme relixión e outras, case sempre as máis afíns a pasalo ben, rematan por ser vítimas das modas ou simplemente desaparecen. O noso Entroido é un bo exemplo disto último.
Ata ben entrado o século XX era totalmente aceptada a orixe romana do Carnaval (Carne-levare) que significa "abandonarse á carne", pero hoxe en día son xa moitos os autores que vinculan esta festividade coa deusa celta Car-na, patroa da fartura e da abundancia. Contábanos a miña bisavóa Nocha que cando ela era moza, e aínda que se comían orellas e filloas segundo os ovos que houbera, o Antroido era máis unha festa belicosa -"sitotera" decía ela- do que farturenta ou luxuriosa. Os mozos que se disfraza-ban, normalmente de branco, corrian detrás da xente con látegos feitos de vexiga de porco, con corres de bimbio ou mesmo con fumeiros, e ún tiña que facer mil "gharatusas" para escapar deles sinon quería que lle "soscasen". Eu ain-da me acordo de ter levado de rapáz algún que outro rescoldo de tan ancestral costume. Os mozos do lugar de Baño acostumaban a levar o burro a Serres no Martes de Carnaval, unha práctica que consistía en procurar entrar no lugar d'Abaixo cun burro feito ca esfollada do millo e que cargaban ás costas coma se dun ídolo guerreiro se tratase. Excúsovos decir que aquelo viraba unha auténtica batalla campal donde todo "se valía" menos, supóñome, darlle a un cun sacho detrás do pescozo. O climax do dra-ma chegaba pouco despois de pasar o que hoxe vén sendo a rotonda que nos desvía para o "aeroporto de Ventín", alí agardávanlle os "Nasoreanos" (1) apostados en pelotón a ambo-los lados do camiño e tan pronto como o "Burro"
cruzaba a linea limítrofe desatábanse os áni-mos e empezaba a contenda. O camiño que-daba totalmente cortado mentras un dos dous bandos non chamara a desplegarse e si algun-ha vella subía para ir a novena tiña que foder-se e botarse a "eito" polos terreos ou dar a volta pola Agra si non quería ser abatida. Meu pai que combateu por moitos anos nas filas dos "do Carmen" (2) cóntame que en realidade, e a pesar de que en Baño aos de Serres se os coñece por "Os do Burro", o animaliño nunca entrou no lugar, nin no d'arriba nin no d'abaixo, pero eu, que son fillo do meu pai e supoño que tamén un mal perdedor, deime a licenza de imaxinar un final algo mais esperanzador para os nosos, e dibuxar os "Antonáns" (3) de Badernado mandando un batallón de reforzos na nosa axuda en lugar de manterse neutrales como
sempre o fixeron.
Por desgracia as modas van e veñen e a cultura moderna que herdamos non solo nos civilizou a nós sinon tamén as nosas tradicións, e hoxe en día, ca excepción d'alguhas par-tes de Ourense, o noso Entroido no é nin unha mera alu-sión ao que xa foi. Que ninguén me leve a mal, non quero decir con esto que outras costumes mais...¿vistosas? sean menos acertadas, o fin de contas tamén nos gusta "maghear" os santos para sacalos en precesión, a pesar de que o rigor sea aquí a presmisa; en uotras palabras, o que eu quero decir é que ainda que con estes toques dogmáti-cos dos que somos tan amigos non se lle fai mal a nun-guén, sería bo que como pobo nos preguntásemos si ¿verdadeiramente son estos os nosos valores reales?, para axiña respondernos que en ese aspecto os galegos non so-mos precisamente a nazón Nipona. Dase por feito que un ten que ir acorde co tempo que lle tocou vivir, e hoxe por hoxe hai un bo lote de estilos que se inpoñen por enriba dos demais: levar a cintura do pantalón abaixo nas "brillas" mola moito e salir de comparsa gaditana luce un montón pero, por que temos que deixar morrer tradicións tan nosas e tan pescas como o "enterro do Facundo" ou " a subida do burro a Serres" para logo deixarnos seducir por ritos supostamente mais "civilizados" como pode ser unha corrida de touros. A máxima aquí sería xa chejar a pensar que todo o que é español e sale na televión é algo vital para entender o noso propio entorno, ideales, por outro lado, necesarios para todo o que esté interesado en descu-brir de donde ven e para donde vai.
(1) O patrón, San Xoan, sempre foi dos de Serres, (2) o Carmen mariñeiro dos de Baño e Boavista e (3) San Anto-nio, co seu porquiño, dos de Badernado.
Antón Lameiro
LEVAR O BURRO A SERRES
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Son da Virxe (I) Joaquín Vilar Gómez
Son da Virxe,
son pesco muradán,
a beira do Cuncheiro
perto de Carcamán.
Nasín co seseo,
mamei da gheada,
dijo:arroas, samburiña,
voghar e siar,
arghaso,ghamela
e gholpe de mar.
Tamén: boliche, xeito,
estrobo, salabardo,
lembransas de feito
do meu tío Bernardo ( da papeira).
Se vou non bou, vou... e senón
víndeme a buscar!
nunha lancha de vela
ou nun bote a remar.
Xa vin o Monte Louro,
pasei o Neixón,
rompía a Boughiña
"non quero quiñón".
Collín uns peixiños,
tirei do trasmallo,
rompeume o risón
"róncalle o carallo".
Chicote, proa , cope
patela , nasa, norai
batea, poutada, morto:
na praia de Ghodai.
Ghalipó...chapapote...
ghabeta...bote.
THE MUROS TIMES ¡¡¡
OS LIBROS DAS NOSAS ESCOLAS
THE MUROS TIMES ¡¡¡
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDAD (1) ¿ Quienes de las personas que nos dedica-mos a la enseñanza no nos hemos encon-trado con padres preocupados, incluso an-gustiados, porque " mi hijo/a está siempre en las nubes ", " se distrae con cualquier cosa y parece que no atiendo cuando le ha-blamos ", " ¡ no está quiet@ ni un minuto ! ", "¡ cómo tiene los cuadernos, un desastre, con borratajos y sin hacer los deberes ! " ?. Todas esas preocupaciones de los padres con sus hij@s aumentan al no saber a qué son debidos, no saber darle una respuesta ni cómo actuar, generándoles inquietud, ansiedad...que, normalmente, se aminoran cuando a esas dudas se les pone un nom-
bre y se les dan pautas de actuación. Esos comportamientos, no esporádicos, de ni-ños y adolescentes, tienen un nombre : Trastorno por déficit de atención con hiper-actividad (TDHA ), en el cual puede predo-minarla hiperactividad e impulsividad o bien el déficit de atención sin hiperactivi-dad. Este trastorno conlleva problemas en su rendimiento escolar, siendo éste, quizás, el que más preocupa a los padres. No voy a escribirles sobre este trastorno desde el punto de vista médico, pero no se puede
obviar su origen, síntomas y población a la que afecta. Su origen es neurobiológico, con alto contenido genético. hasta el 80% de los casos presenta un familiar con las mismas características. Está presente entre un 3% y un 7% de la población infantil ( DSM.IV-R ). Hay tres síntomas que son cla-ve para definirlo :- El déficit de atención.- La hiperactividad.- La impulsividad, tanto a nivel cognitivo como conductual. ( ¡ OJO ! no confundir con niños inquietos, movidos, vivarachos ). Tanto el entorno familiar co-mo escolar tienen una gran influencia en la evolución y mejora de los problemas que van apareciendo, la formación y conoci-miento sobre el trastorno que los padres tengan, va a influir en la evolución de su hij@. En el ámbito familiar ( padres ) se dan distintas etapas :- ¿ Qué le pasa a mi hij@ ?. Ahí entra la búsqueda de informa-ción en los colegios, consultas al psicólog@ y psiquiatra quienes le van a ayudar a : co-nocer, entender y ACEPTAR el diagnóstico. Quizás esto último, ACEPTAR, sea el que mas les cuesta ya que les lleva a otras mu-chas preguntas, ¿ por qué a mi hij@ ?, ¿ qué hicimos mal ?, ¿ no estamos sabiendo educarlo ?. ¿ Qué podemos hacer ?. La res-puesta a lo anterior es :- Ayudarles a valo-rar todos los aspectos positivos que su hij@ tiene.- Enseñarles estrategias que ellos puedan usar. Descubrir que lo que les pasa a sus hij@s tiene un nombre y que les pue-den ayudar, supone para los padres un gran alivio que les lleva a un cambio de actitud ante el niñ@ y el problema. Primeros con-sejos a los padres :- Cada niño y su entorno familiar son únicos. No haga comparacio-nes.- Escuchar a su hij@, conocerl@, ( TIEMPO PARA DEDICARLE ) y aceptarl@ son los primeros pasos que hay que dar pa-ra ayudarles.
Marisé Luces Tajes.-
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Entrevista concedida
a The Muros Times
polo escritor Manuel
Iglesias Turnes 1/4/2013
p/ Jorge Lago de Pexejo
J.L._ Manuel, antes de falar do teu libro As rapazas
de Xan, ¿Pódesme dar unha breve descripción de
quén eres e de donde ves? Pois ainda que visitas
Louro, penso que os teus orixens son de outro lugar.
Manuel Iglesias Turnes: Pois así, en poucas pala-
bras, contareiche que son un traballador por conta
propia, que desenrolo unha actividade relacionada coa
mellora xenética da vaca Frisona Holstein. Nacín en
Cabanas (A Baña) e vivo en Santiago dende os anos
70. Louro para min é algo máis que un lugar ó que se
vai de visita. Fun a primeira vez de camping no 68.
Nunca deixei de ir e agora teño vivenda alí. Estou or-
gulloso de ser tamén de Louro.
J.L._ Cando empezastes a escribir As Rapazas de
Xan, ¿Qué che inspirou a facelo?
Manuel Iglesias Turnes: Empecei en Xuño de
2009 e, devagar, remateina no mesmo mes de 2010.
Houbo periodos longos, de meses, que non tratallaba
nela. Non tiña présa porque non supoñía que podía ter
o interese que logo tivo. Supoño que o que me inspi-
1.
rou e motivou a escribirla foron aqueles recordos da
infancia. Aquelas cousas que che impactan de neno,
que ves pasar por diante túa, que ti non queres que
pasen pero pasan. Por medio da escrita pos a cada
cousa no seu sitio, e eu tiña moitas descolocadas .
Mais, As rapazas de Xan, e tamén unha novela de
amor. Todos, ou case todos, levamos unha historia
de amor no corazón.
J.L._¿Ten o libro un mensaxe específico co que o
leutor se poida identificar?
Manuel Iglesias Turnes: Si, o libro ten varias
mensaxes coas que o lector identificarse. Todos
aqueles que noutros tempos, e agora tamén, tiveron
que deixar a súa terra para buscar o sustento lonxe,
vanse identificar e moito con esta novela. Pero tamén
todos aqueles que ten e tiveron a capacidade de po-
ñer o amor por enriba doutros sentimentos menos
nobles. Os que aman a Galicia, a nosa lingua, a for-
ma de ser da nosa xente, veranse plenamente refle-
xados no que aquí eu conto. Dito esto, engado que
calquera persoa, rural ou urbana, rica ou pobre, xo-
ven ou maior, pode disfrutar cunha historia de amor,
desamor, de gran contido social, que mestura o dra-
ma coa retranca e o humor.
J.L_ Apesares de ser unha novela ¿Qué tanto ten a
obra de realismo, ou é pura ficción?
Manuel Iglesias Turnes: A obra é ficción, ainda
que os que a leron e a crítica aseguran que a dose de
realismo e tal, que o lector vese mergullado na histo-
ria. Eu, que me criei nunha aldea, non quero negar
que bebín algo de que aconteceu ó meu carón. Pero
fíxeno de moitas fontes, e a de máis caudal foi a da
miña imaxinación, sen lugar a dúbidas. É, insisto,
ficción. Mais construín un retrato tan veraz que cal-
quera pode pensar que iso sucedeu así.
Tamén din os entendidos que a primeira novela dun
autor é a máis personal. Algo diso haberá.
J.L. Si tuveras que escoller ¿Qué escritor considera-
rías o teu mentor ou que che influenciou máis?
Manuel Iglesias Turnes: Suso de Toro, sen dú-
bida. Dixen nunha presentación de As rapazas de
Xan en Santiago, que eu decidín escribir cando lin
Calzados Lola deste autor, que, por certo, parte da
trama desenvolvese por Muros e Louro.
Suso é o meu padriño literario e penso que de moi-
tos autores que están a publicar na actualidade. Can-
do leas o prólogo que lle fixo á miña novela verás
que o que digo é certo. Noutro plano, Rosalía é o
sentir do noso país, a voz que traspasa os tempos e
non perde actualidade.
J.L. Ademáis dos que fas referencia ¿Quén é o teu
THE MUROS TIMES ¡¡¡
autor favorito xa sexa noso ou alleo?
Manuel Iglesias Turnes: Suso de Toro, Diego Ameixeiras,
Rivas e moitos outros
J.L._ Normalmente as cousas non pasan por que si ¿Acórdaste
como se orixinou o teu interés por escribir?
Manuel Iglesias Turnes: Eu penso que o interese por escribir
aparece pola necesidade de contar cousas, de comunicar cos
demais, de denunciar aquilo que che é incómodo dentro. Empe-
cei a escribir porque a miña cabeza estaba, e está, repleta de
cousas. A min interésame todo o que acontece ó meu arredor.
Nunha ocasión dixen nunha entrevista á Radio Galega que es-
cribín este libro sen plantexalo previamente. A locutora riuse,
pero foi así. Un día empezas a escribir e ó pouco tes unha his-
toria que te atrapa. As personaxes xa ten cara e unha forma
determinada de comportarse. Non é doado de explicar, pero
cando escribes se as peresonaxes non collen vida a historia non
sae. Se ti nas cres, os lectores tampouco. Foi unha necesidade
nun momento de desacougo. Tamén podemos dicilo así.
J.L_ Ademáis de escribir, ¿Que outras inquietudes che moven?
Manuel Iglesias Turnes: Son unha persoa moi normal, con
inquietudes moi normais. Móveme o ter un país orgulloso do
seu, que fale con orgullo a súa lingua. En xeral indigname todo
aquilo que atenta contra da dignidade das persoas. Iso multiplí-
case cando se atenta contra a dignidade do conxunto do pais.
J.L. ¿Estás escribindo algo máis? e si é así, ¿Pódesnos adiantar
algo?
Manuel Iglesias Turnes: Estoulle dando voltas á cousa, pero
sen présa. Teño un traballo que me deixa poucos ocos e isto de
escribir tes que ter as mans no teclado, pero tamén a cabeza
na historia. Algo farei por que é unha experiencia marabillosa
iso de estar creando unha ficción.
J.L. ¿Atreveríaste a darlle algún consello a os novos escritores,
a aqueles que teñen ideas no miolo pero non se deciden a plas-
malas en verbas escritas?
Manuel Iglesias Turnes: Pois é un atrevemento pola miña
parte dar consellos, pero eu diríalles que é cuestión de perder
complexos e non poñerse límites. Hai que escribir cara diante,
con valentía. Cando comproben que o que escriben lles chega,
os emociona, están no camiño porque ó lector tamén lle ocurri-
rá iso. Ninguén sabe se ten posibilidades se non o intenta.
J.L. Bueno, foi unha grata experiencia o haber falado contigo
Manuel i estou seguro de que esta non vai a ser a única vez en
que te prestes a falar con nós.
Para rematar ¿Tes algo que queiras comunicarlle a os teus leu-
tores?
Manuel Iglesias Turnes: Que agardo que vos guste, que a
disfrutedes. Que pensedes que foi escrita con moito corazón,
con moito amor a Galicia e ás súas xentes. Que As rapazas de
Xan e unha novela que narra a vida nunha aldea nosa alá na
posguerra, onde a xente escapa da miseria emigrando a Ameri-
ca. Mais tamén é diversión, solidariedade,
emoción etc. Teño fé en que vos vai gus-
tar.
Grazas, Jorge, por darme esta oportunida-
de de falar para a xente de Muros.
Contido
De malla a malla desenvólvese a histo-
ria de amor, protagonizada por Carmela
e Manuel durante os difíciles anos da
posguerra en Cabanelas. Mais tamén é
esta unha emocionante novela coral na
que se describe o complexo tecido de
relacións que compoñen a vida dunha
aldea, marcada pola pobreza e a mise-
ria, pola forte presenza da Igrexa que
exerce unha notable influencia na vida
cotiá, e pola ausencia de futuro na pro-
pia terra, cando a saída máis favorable
para os seus habitantes máis novos é a
emigración a Montevideo.
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Os nosos fotógrafos: Juan R. Fabeiro
“Hoxe non é bo día para mandarche flores”
“Octavia e a neboa do atardecer”
Miña nai galiza Pel sen pel, tan soio os osos branqueando a o carón do aire Lividez curtida nas salgadas fervenzas dos teus mares escumas brancas … nas escuras brétemas o alborexar da noite E diante de ti miña nai me axeonllo espido cal naufrago… esquencido dos meus e alleos como una preada acababa de ser vomitada por un vello congro e unha vez máis ensínasnos que eres tan soio ti mail-as túas ru-tías a forxadora das nosas vidas … Pel sen pel…, e brancos osos , esquencidos do vento Máis nunca nosos...
[ a. pouso ]
THE MUROS TIMES ¡¡¡
As contas do noso Concello no 1576 Estas son as contas dos ingresos e gastos
fixos do concello de Muros no ano 1576.
É de salientar que as meirandes partidas
recaudatorias proviñan da pesca (cousa do
mais natural sendo Muros unha Vila mari-
ñeira), e do Pan , trigo e centeo , pois o mi-
llo aínda tardaría algún tempo en ser traído
da América .
Os gastos íanse na case súa totalidade en
pagar ao Rei ao Arcebispo e ao mantemen-
to da Colexiata.
Aínda así e todo había un superávit de
mais de 35.000 maravedís!
INGRESOS (Maravedís)
1- Dezmo da Pesca 40.666
2- Dezmo do Pan 12.440
3- Dezmo do prometido da pesca 334
4- Dezmo do prometido do pan 600
5- Peso do concello 1.105
6- Cestería 1.700
7- Prometido de Cestería 300
8- Xuro que a Vila ten por Privilexio real,
Situado sobre as rendas da Vila 100.000
9- Sobor a Pesca e Viño 66.000
10- Sobor os Alfolís do sal 34.000
11- Xuro sobor as Rendas Reais da
Vila de Vigo, por un Privilexio Real 50.000
12- Dezmo do Pan 10.750
13- Dos 11 cercos que se adican a pesca
da sardiña e “talieiros” (patróns) que
os dirixen, a 4.000 cada un 44.000
14- Pagado polo Couto de Louro, polo
Servicio ordinario 5.000
15- Pensións sobre as fincas aledañas
As murallas 221
TOTAL 367.576
GASTOS (Maravedís)
1- Rexedores 5.000
2- Procurador Xeral 3.000
3- Quita do dezmo da cestería 1.500
4- Do servicio ordinario 42.168
5- Organista 10.000
6- Aos frades de Santa María do Rial
(S. Francisco de Louro) 3.740
7- Aceite para alumear o Santisimo 3.500
8- Ao cabildo de Santiago (sinecura)
43.500
9- Xuro da Vila 33.000
10- Ao porteiro da Vila 3.000
11- Corretaxe 15.000
12- Ao Arcebispo 32.500
13- A Colexiata (do Santo Oficio) 19.500
14- Servicio da Súa Maxestade 60.000
15- Coengos e colexiata 56.500
TOTAL 332.508
RESUME
Total de INGRESOS 367.576
Total de GASTOS 332.508
Sobrante ao favor do concello 35.068
Manuel M. Caamaño
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Convento de San Francisco de Rial
(Louro Muros) Por: Quin Caamaño
Situado ás aforas da Vila de Muros,na
parroquia de Louro, a primeira constan-
cia dunha edificación data do ano 1223
mais posiblemente sexa anterior. No ano
1432 a capela románica de Santa Móni-
ca do Rial pasa a ser convento grazas a
unha bula papal de Eugenio IV na que
concedía indulxencias por visitala capela
en certos dias. Nun principio os monxes
vivían en «observancia» como consta
nos acordos forais do ano 1475 mais
tamén predicaban «sermóns cuares-
mais» na próxima Vila de Muros segundo
documentos do ano 1583. Albergou a
grandes persoas como Fray Antonio de
Acuña a quen lle debe a súa gran biblio-
teca, Fray Juan de Muros ou Fray Arias
de Fresno quen morreu no convento de-
bido a ser el o encargado voluntario de
coidar os apestados, contraendo el a en-
fermidade e sendo sepultado dentro da
igrexa aos pés do altar maior. A súa fun-
dación atribúese segundo Ramón de Ar-
taza ás xentes da Vila de Muros basán-
dose en varios documentos que así o
certifican, como un do ano 1820 no que a
Audiencia Nacional do Reino pide un in-
ventario o concello no que o convento
aparece como fundado polos da Vila e
así como no ano 1810 cédenselle as
chaves do mesmo durante as procesións
da Semana Santa para que as porte o
ilustre Gaspar de Jovellanos. A súa pa-
sada importancia queda así revestida,
tamén nas múltiples terras, sendas e
pensións vendidas na desamortización,
así como nos múltiples testamentos que
o largo da súa historia (1435, 1563, 1751, 1875,
etc). Tras varios anos de inactividade no que é
vendido, case desaparece, e grazas ao señor
Garcia Pan, quen o cede xunto cun gran piñei-
ral, voltando a mans dos Franciscanos quenes
con axuda dos veciños voltan a darlle vida
construíndo o viacrucis para conmemoralo feito,
iniciativa do P. Coll. Durante os primeiros anos
do século pasado desempeñou a función de Es-
cola Seráfica ate que foi trasladada o convento
de Herbón en Padrón.
O mosteiro encontrase hoxe en día totalmente
reconstruído e non conserva as antigas depen-
dencias monacais de estilo gótico. A fabrica é
sinxela e destaca o claustro de escasa altura e
dimensións, nun estilo sobrio, típico nas cons-
trucións galegas, con arcadas de medio punto
sobre columnas cadradas, nun dos laterais un-
ha inscrición: «Este paño de de claustro hizo
bastian baçar y su muger Margarita Perez, año
de 1646″; atopandose o claustro presidido por
un fermoso cruceiro. Dentro do recinto amura-
llado do convento que cubre 75.000 m2 atópase
un bosque de pino cruzado por un regato, así
THE MUROS TIMES ¡¡¡
como as instalacións monacais xunto
cun cemiterio, restos de petroglifos, un
muíño, fontes, etc… A dia de hoxe aco-
lle, a parte das funcións relixiosas, un
cámping e un hostal.
A igrexa conserva a fábrica de esti-
lo oxival, con arco triunfal columnas e
capiteis. A planta ten a capela maior na
cabeceira, de menor ancho e destacada
o exterior pola menor altura; volumetri-
camente, destaca unha torre campana-
rio, engadida na fachada.
Referencias bibliográficas:
PATRIMÓNIO GALEGO.
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FER-
NÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña,
Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do
Son».
ARTAZA MALVAREZ, Ramón: Historia de Muros y su
distrito 2ª edicion
Fotos de:
Nieves Formoso, Quin Caamaño e Lourolobios.
THE MUROS TIMES ¡¡¡
4. O léxico: palabras e expresións
O falar muradán ofrece palabras e expre-
sións moi características. Algúns das que eu
usaba ou uso e que chaman a atención fóra
de Muros son: deleiba (tanto no sentido ne-
gativo de ‘desfeita’ como no positivo de
‘choio’), parar nun sitio (residir temporalmen-
te), caer de alto en peso, disir moito
(‘replicar’, ‘insistir’), aquello foi un víndeo-ver-
á porta da vila!, decontado, de quen quen
(‘de coma quen’, ‘ de mentira’), escurrumpela
(‘tobogán’), piringüela (‘randeeira, columpio’),
trandeira (‘tendal’) enredar / reinar (‘xogar’),
os mosiños (‘os cativos’, ‘os nenos’), os
busos(‘os beizos’), espentenexar
(‘pestanexar’), nun espentenexo (‘nun abrir e
pechar os ollos); botarse de resollo, nadar de
resollo (‘mergullarse’, ‘bucear’). Seguro que
hai moitas máis, e sería bonito recollelas.
Andar ou ir ó mar é traballo que fai moita
FALAR MURADÁN (2) Henrique Monteagudo
xente en Muros, e precisamente van pescar
(matar peixe). Por tanto, o elemento mari-
ñeiro é importantísimo, como non podía ser
doutro xeito, no coloquio muradán corrente:
embarcar / desembarcar (dun vehículo), pa-
sar leste (pasalo mal), botar un cabo
(axudar), faser maghas (‘chegar e encher’,
‘facer virguerías’), enguadar (‘engaiolar, en-
candilar’), mallar / masar (distínguense:
‘malláronme coma un peixe’, isto é,
‘atrapáronme’ ou ‘enganáronme’ /
‘masárono coma un polbo – un pulpo’, ou
sexa, ‘mallaron nel’), ser un bo peixe, ser
unha boa lura, botar as nasas, caer coma
un chincho, non quero quiñón! (non quero
saber nada do asunto), poñerlle a proa a
alghén (‘collerlle manía’ ou ‘facerlle frente’).
Como di-
xen antes,
seguro que
facendo
unha reco-
lla máis
ampla, te-
ríamos un-
ha ceifa
abundantí-
sima dese falar tan vivo, peculiar, expresivo
e xeitoso como é o muradán. Animo pois a
toda a xente interesada a que contribúa a
corrixir, aumentar e matizar as informacións
que debullei lixeiro nestas liñas.
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Los neurotransmisores cerebrales funcionan mejor cuando la dieta es balanceada, equilibrada y sana, y favorece a que los chicos aprendan más. Las comidas saludables ayudan a que los chicos se concentren más en la escuela, favoreciendo el apren-dizaje. Esta capacidad que poseen determinados alimentos estaría vinculada con la posibilidad de estimular los
neurotransmiso-res cerebrales. Ésta es la princi-pal conclusión a la que llegaron los profesionales del Sistema de Salud de la Uni-versidad de Mi-chigan en Esta-dos Unidos que, liderados por la médica nutricio-
nista Catherine Kraus, analizaron cuáles son los fac-tores que deben considerarse a la hora de elegir ali-mentos saludables para los niños. Para que puedan almorzar en la escuela, se reco-mienda enseñarles desde niños qué alimentos elegir. Desde hace algún tiempo se discute en nuestro país la puesta en marcha de una política sanitaria y de ali-mentación por la cual las escuelas estén obligadas a ofrecer a los chicos alimentos saludables, en lugar de las conocidas y calóricas golosinas. Si bien en algunas instituciones esta modalidad se cumple pasando a ocupar un rol preponderante en los comedores y bares las ensaladas, las frutas y los sándwiches de verduras; en otros centros educativos la transformación aún no se ha cumplido. En el caso del estudio-informe, los investigadores estadounidenses se encargaron de asegurar que "lo más importante es que los padres se preocupen por los alimentos que sus hijos consumen pero que, ade-más, les den el ejemplo optando ellos también por comidas más sanas y nutritivas". "Es muy importante prestar atención a la alimenta-ción pues la niñez es una etapa crucial en la cual tan-to el organismo como el cerebro se están desarrollan-do y debemos darles 'combustible', principalmente con buenos alimentos. Pero la realidad es que los padres no pueden estar constantemente viendo qué comen y cuánta cantidad los chicos. Por eso hay que trabajar sobre la educación para ensañarles a cuidar-se, ser inteligentes y adoptar hábitos moderados y saludables desde pequeños. Eso comienza cuando la familia se sienta a la mesa y ellos pueden ver que tanto su mamá como su papá comen lo mismo", seña-ló la doctora Kraus. "Comer en familia es un excelente hábito que sirve no sólo para ver cuáles son los hábitos que están in-corporando los chicos sino para ponerse al tanto de las cosas que comen en el colegio y la actividad física que están realizando. Dentro de este punto, cabe des-
tacar que lo mejor sería apagar el televisor para favo-rece el diálogo y evitar distracciones", puntualizó el doctor Alberto Cormillot, médico especialista en nutri-ción, director del Instituto Argentino de Alimentos y Nutrición (IAAN). RECOMENDACIONES BÁSICAS. A fin de poder elaborar una rutina saludable, los res-ponsables del Sistema de Salud de la mencionada universidad afirmaron que "lo primero que no puede faltar en un plan de alimentación es el desayuno. Está comprobado por diversas investigaciones que los chi-cos que se salten el desayuno presentan un rendi-miento escolar menor a aquellos que se sientan y desayunan de manera equillibrada" Entre los alimentos recomendados para la primera comida del día se cuentan los cereales, los panes, las frutas enteras (no jugos), los quesos, los yogures y la leche. En cuanto al mediodía -dado que por lo general los chicos de primaria y secundaria hacen esa comida en el colegio- lo recomendable es recurrir a las viandas para evitar que compren en el restaurant, bar o buffet. "Una buena opción es mandarles pescado, pollo y
ensaladas como acompa-ñamiento. Para tentarlos es ideal intercalar verduras de diferentes colores y tamaños. Lo mismo suce-de con la fruta que puede ser un excelente postre. Es mejor elegir dos pequeñas y diferentes. En cuanto a las bebidas, es mejor optar siempre por agua con o sin gas", enumeraron. Con respecto a la cena, si los chicos comieron pollo, pescado o carne al medio-día, el equipo de la doctora
Kraus sugirió optar por la pasta a fin de equilibrar el consumo de proteínas con el de hidratos de carbono. "En general es importante llevar adelante una dieta baja grasas saturadas dado que éstas elevan los ni-veles de colesterol malo o LDL. Sin embargo, en la etapa que va de los 10 a los 17 años, no es la mejor opción pues las hormonas sexuales se generan en base a moléculas de colesterol con lo cual podría afectarse el desarrollo. Sabiendo estas cosas se pue-den planificar e ir elaborando combinaciones diferen-tes para aprender a cuidar la salud desde pequeños", refirió el doctor Alfredo Lozada, médico cardiólogo. "Cuando los chicos consumen alimentos de alto con-tenido calórico y que poseen mucho azúcar experi-mentan una especie de colapso que los hace sentirse cansados y 'pesados'. " "Del mismo modo, la cena también afecta porque si el niño quedó satisfecho pero no se siente sobrecar-gado, podrá descansar mejor y más relajado, condi-ción que favorece notablemente su rendimiento al día siguiente", concluyó la especialista.
ALIMENTACION SALUDABLE Y RENDIMIENTO ESCOLAR p/ Dra. CASTIÑEIRA
THE MUROS TIMES ¡¡¡
César Cisneros Luces
Un muradán que dedicou toda a
súa vida ao periodismo.
P/ Manuel Lago Álvarez
Ninguén e capaz de negar que Muros deu a Gali-
cia, España e o Mundo, mulleres e homes, que ali
onde estiverán, deixaron a súa impronta. Moitas
veces “rebeldes con ou sin causa”, pero a súa pe-
gada quedoú. Moitos son grandes desconocidos,
os que o pasar do tempo levounos a un olvido to-
tal. Hoxe vou intentar dar a coñecer a un muradán
egrexio, que aló nas Américas. deu moito que de-
cir. E refirome a CÉSAR AUGUSTO CISNEROS
LUCES, un muradán autodidacta que foi quen de
adicar toda a súa vida ao periodismo., sin renegar
nunca dos seus humildes oríxenes.
Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de
César Cisneros Luces na emigración. En todos
quedou pegada da súa presenza a través das súas
colaboracións xornalísticas ou dos diarios que diri-
xiu. Este xornalista e escritor aparece como unha
das principais figuras da prensa galega en Améri-
ca.
César Cisneros Luces naceu en Muros o
22 de setembro de 1849. Tras cursar os
estudos primarios, con trece anos, emi-
gra a Cuba. Na Habana residía o seu tío
Andrés M. ª de Cisneros e Pereira. Co-
mezou a traballar como dependente no
comercio Diana, ao tempo que ía au-
mentando progresivamente a súa forma-
ción. Nesa época comezou a súa cola-
boración co "Diario da Mariña". Traslá-
dase co seu tío a Cárdenas e máis tarde
a Sagua. Nesta segunda localidade
exerceu como director de "A Voz de Sa-
gua". Posteriormente, formou parte da
redacción do "Diario da Mariña".
Problamas de saúde obrígano a retornar
a Galicia en 1868. Foi nomeado como
profesor de instrución xeral na Escola
Naval Flotante de Aprendices de Mar,
instalado na corveta Mazarredo no Arse-
nal de Ferrol. Oposto á sublevación re-
publicana de outubro de 1872, foi captu-
rado polos sublevados. Cisneros Luces
narraría posteriormente estes feitos no
libro "A insurrección do Ferrol".
En 1873 volveu seguir o camiño da emi-
gración, esta vez cara ao Río da Prata.
Asentouse nun primeiro momento en
Uruguai. Cofundador do colexio de en-
sino primario Hispanoamericano na loca-
lidade de La Unión. Pasou despois a
exercer a contabilidade de libros nunha
oficina do Ferrocarril Central uruguaio. O
seu seguinte traballo foi a dirección do
diario "A Carta Branca". Dende as co-
lumnas deste medio combateu a ditadu-
ra de Lorenzo Latorre, precisamente as
persecucións que tivo que sufrir motiva-
ron a súa marcha a Bos Aires en abril de
1877. O 15 de maio de 1877 comeza a
traballar como redactor de "O Correo Es-
pañol".
THE MUROS TIMES ¡¡¡
Cisneros Luces foi asinante dunha convocato-
ria, o 13 de marzo de 1879, da que sairía a
fundación do primeiro Centro Galego de Bos
Aires. Foi elixido como vicepresidente da
primeira xunta directiva do Centro Galego.
Neste senso, hai que dicir que Cisneros manti-
vo moi malas relacións co presidente do Cen-
tro Galego, Manuel Vázquez Castro, que con-
tribuirían á desaparición da entidade. En 1879
Cisneros Luces fundou "O Galego", cuxo
primeiro número sae o 27 de abril dese ano.
Dende as colomnas deste xornal criticou a
xestión de Vázquez Castro á fronte do Centro
Galego. Pero o oficio de xornalista non sería a
súa única ocupación. En efecto, Cisneros tra-
ballou tamén como docente e axente de nego-
cios. Tras a desaparición de "O Galego", cuxo
último número sae o 7 de novembro de 1880,
Cisneros pasou a traballar como corrector de
probas en "O Diario". Tamén se colocou como
Inspector de desembarque, dentro do Departa-
mento xeral de Inmigración. En xaneiro de
1883 daría comezo unha nova etapa do diario
"O Galego", que, sen embargo, só conseguiría
sobrevivir durante seis meses. Non obstante,
en maio de 1888 Cisneros promovería unha
terceira época deste xornal, que pouco tempo
conseguiría sobrevivir. Pasou a traballar como
corrector de probas no diario "Sudamérica".
Pouco despois fundou "A Bandeira Española",
que só se publicaría durante sete números.
Decide trasladarse a Montevideo, pasando a
colaborar en "O Pampeiro", "a Unión Galega",
"Montevideo Noticioso" e "O Galego" que se
publicaba na capital oriental. En febreiro de
1896 enferma e é internado no hospital italiano
de Montevideo. Ao saír deste centro regresa a
Bos Aires, onde ao pouco tempo ten que in-
gresar no hospital Español. Neste último cen-
tro faleceu o 4 de xaneiro de 1897, ós 48 anos
de idade. Ademais da súa actividade xornalís-
tica, César Cisneros escribiu o libro La insu-
rrección de Ferrol, no que narra os acontece-
mentos da sublevación republicana que tivo
lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou
ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, "Na
Ausencia" é un dos seus poemas máis
coñecidos.
Fontes: xunta.es — galegos.info
THE MUROS TIMES ¡¡¡
COLABORA:
CONCELLO DE MUROS