Porque é posible, porque é fermoso
porque é necesario, porque é motivante
abre as súas portas a pequen@s e grandes artistas,a ilustradores e ilustradoras xa consagrad@s e a cant@s medrarán coa ilusión de chegar a ser como eles e elas. GRAZAS a NOEMÍ LÓPEZ por permitirnos crear, recrear, enredar… a partir do seu excelente traballo. A ela vai dedicada esta primeira exposición.
Traslí
Ladra que ladra, longas orellas, patas ben fortes, lingua vermella. O can mexa, mexa na bolsa. O can mexa e dá media volta. Brinca que brinca, ollos moi xuntos gordos mofletes, rabo ben curto. O can mexa, mexa na rúa. O can mexa con moita soltura. Xoga que xoga, ledo moi ledo,
dentes branquiños, sorriso nos beizos.
O can mexa, mexa na bolsa. O can mexa e dá media volta.
AS PORCAS PORQUIÑAS
Antía Nores, 2ºB
Carmen Pazos, 2ºB
Coco era un can moi xoguetón e traste. Tiña un problema, era moi mexón e non tiña ouriñal. Pasaba os días probando sitios onde facer pis: nas rodas dos coches aparcados, nas macetas das plantas, nos xardíns privados, no toro das árbores, nos mobles da casa, nos pés da xente… O can tiña un problema; pero a súa dona tiña un PROBLEMÓN porque todos lle botaban a ela as culpas. A dona, vendo que o can buscaba e buscaba onde mexar, mercoulle un ouriñal azul e vermello cun can debuxado, pero non lle gustou. Así que con tantas gañas que tiña mexou na mochila dun neno e sentiuse aliviado, contento e tranquilo. Fouzia El Hamdaoui e Ismael Rodríguez de 3º A, Julio González e Natalia Suárez de 4º C
Cristina Fontán, 2ºB
Paula Pardo, 2ºB
Víctor López, 5ºB
Óscar Piñeiro, 2º C
PUBLICIDADE
Non lle dá a sensación deque o vello da imaxe esqueceu algo? Iso é porque aínda non probou MEMORITEX: a pílula amarela cilíndrica feita a base de: unha pluma de ave fénix, 15 follas de menta, 12 de lavanda e 40 boliñas de pan. Normalmente custaríalle 39,95 € , pero se chama agora cobrarémoslle tan só 10 € .
Antes DE tomar
DESPOIS DE tomar
Poderá recordar todo o que pasoudurante o día, a semana ou o mes e, ademais, recibirá dous botes de compota de mazá e 825 camións cisterna con vacinas para a malaria que pode doar a Médicos sen fronteiras. Pida a súa mostra gratuíta enviando MEMORI ao 3944 ou chamando ao teléfono 986843944. NON SE ARREPENTIRÁ ! Baltar Morgade, 6ºC
Cristina Riobó,
6ºC
PODESVIR
O verme glotónchámase Comilón porque come un montón. A nai chámalle así porque comendo, comendo é feliz. Paula Caamiña , 3ºA
Loles recorre a horta. Cando ten fame come cereixas e coles. Despois di:”Que boas están”! Ponse pendentes, colares e aneis con boliñas de cereixa para que a miren os seus pretendentes. Que bonitos lle quedan ! Lara Cores, 3ºA
Germám de la Fuente ,3ºA José Agulla , 3ºA
Andrés Area , 3ºA
O verme Pepiño quería un canciño, pero os seus pais lle dixeron: -Non,non,meniño. Entón foino buscar pola herba do campo. O verme atopou o canciño. O can desagradecido Enrique Álvarez, 3ºA
Gabriela Cores, 2ºA
Iván Búa , 2ºA
Baltar Morgade, 6ºC
I´m a little mouse. I´ve got Knives and forks. I haven´t got a house. I´m handsome and good. My hair is grey. My body isn´t blue. I like milk and cheese. I like fish and “tails”. UMMM!... Do you like me? 6ºB
Laura Barros 4ºA
ESTAMPIDA EN MONTE PORREIRO A predicción de bo tempo para o día de onte fixo que as mulleres de Monte Porreiro planeasen ir de compras ao hiper máis cercano que ofrecía unha rebaixa do 80%. Cando comezou a diluviar as mulleres se enfadaron tanto que quixeron aporrear ao home do tempo coas súas tixolas por terlles “augado” o plan. Os veciños do barrio chamaron á policía e esta detivo ás mulleres, impoñéndolles unha orde de alonxamento de 30 m. do home do tempo, quen saiu ileso e agora busca traballo polas hamburgueserías. Judith Ortigueira, 6ºC
OS LADRÓNS DE TIXOLAS
OS CATRO AMIGOS
Ao caracol ao mirala iluminóuselle a cara e puxéronselle as antenas dereitiñas coma pedras.
A tartaruga , avermellada,quixo esconder a faciana, pero o caracol , sen pensalo, deulle un bico namorado. Asun Vilas
Estaba o caracol no río e atopábase moi aburrido; chegou a señora tartaruga camiñando con frescura.
Brian Franco, 2ºB
Noelia Villaverde, 2ºC
Rosario Sande
Gabriel Cruz, 2ºA Alejandro Díaz , 2ºA
Marta Fernández , 2ºA
Roberto Vázquez
Ola ! O meu nome é Col; aínda que recibo o alcume de “Rapidillo”, dende hai xa algún tempo. Todo comezou cando eu xogaba un día cos meus compañeiros no parque das Leitugas, preto da rúa dos Repolos. Estabamos a xogar ás agachadas cando Vagalume dixo: “Oes, que che parece se xogamos ás carreiras?” A min pareceume unha boa idea, pois levabamos xa un bo anaco agardando a que Toupa nos atopase, así que marchamos correndo dicirllo aos demais. Antes de que continúe coa miña historia, teño que facer unha aclaración: os caracois non xogamos ás carreiras como o facedes as persoas, senón que o que gaña é o que chega de último á meta. Isto norma é debido a que todos os caracois somos lentos dende o principio dos tempos. A verdade é que sempre nos gustou facelo todo con moitííííííííísima calma. Despois desta breve aclaración vou continuar relatando o que xa empecei: a historia do meu segundo nome. Cando lle comunicamos aos demais a idea de Vagalume, todos aceptaron e se dispuxeron a trazar a meta no chan cun pauciño. Saímos arrastrándonos cara a meta. O máis lento, e polo tanto gañador ata o de agora era Cal, o meu irmán. Pola contra…eu xa chegara á meta. -Ha, ha, ha, ha !!! - Todos estouparon en gargalladas ao darse de conta. Durante moito tempo usaron o alcume de “Rapidillo” para facerme rabiar. A verdade é que me sentía moi mal. Xa ninguén quería xogar comigo e sempre andaba so. Isto non cesou ata que certo día de verán, cando ía co meu irmán mercar coles, el caeu da bicicleta e, se non fose pola miña rapidez en pedir axuda, aínda estaría hoxe tirado ao lado dun tomate intentando poñerse en pé. Dende entón, volvéronme chamar Col; aínda que as veces me chaman “Rapidillo”, e non por meterse comigo, senón por ser o caracol máis rápido da historia (mellor dito: o único caracol rápido da historia)
Sara Martínez, 6ºC
Sara Martínez , 6ºC
Emma Vázquez, 5ºB
Podesvir
1ºC A aldea dos meus avós chámase PODESVIR.
Ten casas fermosas
nas que podes quedar a durmir, montes e árbores
que da choiva te van cubrir, festas e xogos
que te han facer rir.
Se esta aldea chamada Podesvir
gústache tanto coma a min,
queda nela … Rubén Martínez, 3º B
1ºC
Joseba Núñez , 3ºB
Adrián Tesouro, 3ºB
.
Antes fixeron a historia, logo puxérona a vivir. Cando xa estivo creada
lérona os nenos de infantil.
Unha vez xa rematada a historia de Podesvir,
pasáronlla aos de primaria que tamén a leron…
Yaiza Iglesias 3º B
Con moita alegría e cor era a cidade de Podesvir
tal e como a fixera a nosa amiga Noemí.
Cando fixo a cidade estaba sempre alí
na súa mesa de estudo coa goma e o lapis
inventando Podesvir.
Roi Iglesias , 3ºB
Nerea Pérez, 5ºB
Na alegre e fermosa cidade de Podesvir hai un sol brillante
e moitas aventuras que vivir.
Un día calquera veu un neno cos seus pais.
Os pais nesa cidade construíron fàbricas, edificios e moito máis.
Cada vez esa cidade tan alegre e fermosa quedábase sen vida
e sen rosas.
Pasados moitos anos, o neno aburríase.
Un día chegou un avó contando historias e el ríase.
Desde entón todos os nenos
querían un avó con contos e chistes
e sempre de bo humor.
Así a cidade recuperou, tal e como era antes,
a súa alegría e os seus avós.
Linda Percíncula , 3º B
Millán Montilla,3ºB
Verónica Ramírez , 3ºB
AS PORCAS PORQUIÑAS
Ketumba ketamba! María está a pintar o mar nunha alfombra falsa.
Nunha alfombra falsa as porcas porquiñas contan adiviñas; a tita descansa.
Julia Arias
Ivana Maksimovic , 5ºB
Noelia Rodríguez, 5ºB
Antía Míguez , 5ºB
Borja Sáez , 6ºC
Ke-tumba
Ke- tamba
Daniel Álvarez,6ºA
Na cidade de Kansas, aló onde Cristo perdeu as zapatillas, aínda existía un poboado indio que
ficaba escondido entre as árbores e que non aparecía nin nos mapas. Ese pobo era Hauhai.
Segundo o xefe da tribo,”Touro recostado”, que como o seu nome indica pasaba o día na
poltrona, o nome do pobo proviña de tempos moi remotos, cando a xente tiña o costume de
levar a cara moi pintada e o pelo…cada un como podía.
Naquel poboado vivía un indio ao que todos lle chamaban Tristón, porque sempre andaba
triste.Tristón era moi peculiar, de longas coletas, pernas delgadas,nariz longo e arredondado
e sempre ía vestido cun taparrabos que o que se di tapar tapar…non tapaba nada. Realmente
non se podía dicir que fose un tipo guapo. Quizais esa era a razón pola que ficaba solteiro.
Os amigos de Tristón andaban moi preocupados e dicíanlle que debería buscar unha moza coa
que compartir as súas penas, para que así lle voltase a alegría de novo. Así que un bo día,
decidiron invocar os espíritos do amor para que lles botasen unha man.
Pernacansa e Vacilón, que así era como se chamaban os amigos, comezaron co ritual unha
noite de lúa chea, ao lado do lume.
-Invocamos os deuses Cabeza aplanada e Manitú ruidoso para que nos axuden a topar unha
moza fermosa…!
Miña nai que susto levaron cando tal cousa dixeron!.No medio do fume apareceron dúas caras
moi feas que daban tal arrepío que comezaron a tremer ata para pedir axuda.
Cando o fume se foi disipando, unha moza morena e fermosa foise visualizando.
-Miña nai , isto non pode ser real. Mesmo me deixa sen respiración!-dixo Pernacansa
-É unha deusa! , -engadiu Vacilón.
Os dous amigos achegáronse moito ata tocala para asegurarse que era de carne e óso.
-Ei , dixo ela , menos tocar , que son real. Eu era unha moza do reino dos homes , pero os
deuses tíñanme castigada por teimuda e presumida. Agora déronme unha segunda
oportunidade. Que queredes de min?
-Eu quería divorciarme e casar contigo -dixo Vacilón sen dubidalo.
-Non lle fagas caso, afirmou o seu amigo colléndoo pola caluga.Nós o único que desexamos é
que o noso amigo Tristón sexa feliz.
Teigrida, que así se chamaba ela, escoitou a petición daqueles homes e disposta a botarlles
unha man , dirixiuse á tenda onde estaba Tristón.
Nada máis vela exclamou:
-Válame os deuses Que moza fermosa!
A cara de Tristón acendeuse coa mirada de Teigrida e as súas fazulas parecían carbóns
acendidos. Ata comezou a sorrir dunha maneira que os amigos que o observaban atentamente
mesmo pensaron que estaba a soñar esperto.
Ela, lentamente achegouse e pousou un bico suave na súa meixela. A cara de Tristón
cambiara. Incluso agora tamén el parecía guapo.
O tempo foi pasando e a relación entre eles foi cada día máis forte. Falaban, paseaban,
traballaban …todo o facían xuntos. Ata que por fin decidiron casar e ter fillos.Tristón
deixou de ser unha persoa triste e converteuse nun home alegre e divertido que viviu moi
feliz coa súa familia no medio daquel mundo para nós descoñecido.
…Ai, o amor fai cousas imposibles!
Vanesa Froiz 6ºB
Marga Barros, Rosario Sande, Silvia Diéguez, Mónica Vahamonde, Eva
Casas, Asun Vilas, Margarita Solla , María Lores, Chelo Vidal , Lupe Cendón.
Miraba cuns ollos tan cheos de vida
que nas súas pupilas.
Un mundo cotián
de historias miudiñas, de xogos, de amigos, de gozo e cantigas.
O mundo da infancia
de cores tan vivas, que por doquier deixaba
aquela meniña
como notas soltas dunha melodía.
Isa Pazos
MARÍA ESTÁ A PINTAR O MAR
Ilustración: Pablo González, 4ºB Texto: Chelo Vidal Fillo e nai
Santiago Prieto ,5ºB
Sara Bugallo, 6ºA
Todas as noites moi cedo ía unha nena ata o pozo, pero non collía auga: ía soñar co seu mozo. Deixaba sempre o caldeiro apoiado nunha pedra e miraba cara o ceo suspirando a unha estrela. A lúa observábaa sempre e sentía pena dela, pois sabía que no pozo estaba o amor da nena. Asun Vilas
A ESCOLA DE BRIADOR
Alejandro Arosa, 2ºA
Tatiana Esperón, 2ºA Judith Ortigueira , 6ºC
Rocío Vargas, 2ºB
Había unha vez nun país afastado, unha aldea fantástica na que os astros falaban. E vaia cousas que dicían!... Cando o sol saía polas mañás, sentíase orgulloso do seu traballo. Pola noite asomábase a lúa relevando contenta ao seu compañeiro, ata que un día o sol preocupado preguntou:
- Señorita, que fai aquí a estas horas? Non sabe que non é seguro nin propio para unha dama camiñar soa pola noite?
- Este é o meu oficio, igual que o de vostede é saír pola mañá. - Xa, xa, xa…iso é moi distinto. Eu son un astro, non compare por favor! - A min impórtame un rábano o que vostede me diga, é o meu deber clarexar a noite. - Eu dígollo polo seu ben, non ve que falarán mal de vostede? - Ah! Iso o di por facerse o bo. Xa estou farta destes comentarios! - Non levante a voz dese modo! - Xa vexo, é vostede un machista , verdade? TODOS SODES IGUAIS! - Non estou disposto a seguir esta conversa. - Eu tampouco, adeus!
E así , noite tras noite, ata que un mes despois, os veciños xa estaban fartos de tanta liorta porque non os deixaban durmir. Unha noite, cando comezou a discusión ,un dos veciños interviu:
- A ver…que pasa? - É que o sol dime que non podo saír pola noite. Según el non é propio dunha dama -
respondeu a lúa cansa da mesma situación. - Lúa, ningunha muller pasea pola noite. - Xa está!- dixo un veciño. A solución será que o sol saia pola noite e a lúa pola mañá. - Está ben… dacordo!- constestou o sol. - A mi tamén me gusta a idea.- replicou a lúa.
A mañá seguinte a lúa saíu coma se nada pasase…e ademais mostrouse sorrinte todo o día. Cando lle tocou saír ao sol, complicouse a situación. Atemorizáballe a noite escura. Todos escoitaron os seus lamentos e saíron por ver que pasaba.
- Ai! Non me gusta a escuridade, sinto medo! Os veciños botaron a rir sorprendidos:
- Sol, ti dás luz! - Xa , pero…- agachou a cabeza mentras contestaba. - Pero que? - Pola noite saen os lobos… - Xa está ben ,sol, estamos fartos! Volveredes aos vosos postos de antes…dacordo? - Está ben- aceptou o sol.
A lúa que o escoitara todo exclamou:
- Que ben! Volvo ao meu posto, e sen que ninguén diga que non o poden facer as damas elegantes coma min.
Este foi o final da discusión. Desde entón o sol quéntanos polo día e a lúa paséase iluminando as nosas noites.
Andrea González. 6ºB
ALÚGASE casa enmeigada con mobles vellos
e grandes telarañas. Garantízase medo
en todas as estancias. Señoras e señores,
veñan visitala. Participarán con nós nunha gran velada
de pantasmas e monstros mais algunha gargallada.
Lorena Sánchez e Sara Martínez, 6ºC
Os ladróns de tixolas
Alba Martínez , 6ºC Natalia Domínguez , 5ºA
Carla Martínez , 5ºB
Damián Márquez, 5ºB
Nerea Sanmartín,5ºB
Silvia García, 2ºB Silvia Diéguez (Filla e nai )
María Lores
A ALFOMBRA FALSA
Os xirasois gústanme moito porque lémbrome da miña avoa que vive en Uruguai. O outro día mandoume unha foto da plantación de xirasois que ten alí . Son amarelos e moi fermosos . Teñen un talo moi alto e as súas sementes son as pipas. Andrés Area, 3º A
Adiviñas para xogar
3ºA 3ºA
Adiviñas para xogar
Andrea González, 6ºB
O XIRASOL QUE TIÑA FRÍO
Había unha vez un xirasol que vivía nun xardín.Un día de
inverno nevado e frío, o xirasol comezou a tremer.A dona da
casa , vendo que se movía tanto, colleuno nunha maceta e
levouno para casa.
Colocouno nunha esquina do salón e pensou que alí estaría
contento.Pero vendo que seguía con frío , mandou chamar ao
seu amigo o xardineiro , que lle aconsellou lle puxera un abrigo.
Pasada a noite , o xirasol comezaba a murcharse e a pobre
muller non daba atopado o remedio para solucionar o
problema.Pensou entón que tal vez se sentira só e colocoulle
unha margarida ao seu lado.A margarida estirou ven as súas
follas e collendo un impulso , achegouse e deulle un bico tenro e
doce .De súpeto o xirasol mudou a cor, e entrou definitivamente
en calor.
Estefanía Barreiro
6ºB
Joel Gómez , 6ºA
Jonathan Galmán , 6ºA Raquel López,, 6ºA
TITA
un indio cagueta que se chamaba Chegüica. Tíñalle medo aos vagalumes e odiaba aos ratos; por iso tiña unha gata. Chamábase Frachocha e ambos os dous durmían nunha hamaca. Chegüica tiña, ademais, unha sobriña chamada Chinchimpún que vivía coa súa madrastra. A nai da nena morrera nun accidente de cabalo ( nada de coches, que eran indios) e o seu pai era tan fraco que caera na
alcantarilla polo buraco da tapa e comérao unha rata ( por iso Chegüica as odiaba). O caso é que Chinchinpún quería moitííííísimo á súa madrastra, ata que descubriu que era unha bruxa que quería quedar coa súa herdanza. Entón deulle na cabeza cunha tixola.
Daquela o demo da garda da bruxa - que era un vagalume- disparoulle coa súa luz cegadora e a nena caeu ao chan medio
inconsciente. Chegüica enterouse de todo polo rato da súa sobriña, que lle deu un bo suuuuuuuusto ao entrar pola porta da súa choza. Ao saber que adormeceran á súa sobriña enfadouse tanto que lle inchou a vea do pescozo. Estaba super disposto a matar á madrastra; pero, cando saíu pola porta da choza , pasaron dúas cousas: 1-Deulle medo a madrastra e caeu contra a choza. 2-A cabana derrubouse (era de palla, que cutre!). Ben, despois de chorar durante cinco minutos, Chegüica acordouse da súa sobriña. Foi correndo ata a casa da madrastra. A súa gata Frachocha comeu ao rato Maragato e a rá Parulea e o indio matou á madrastra. Así tanto o tío como a sobriña
Judith Ortigueira e Baltar Morgade , 6ºC
A gata gatiña é moi divertida, cantando no mar e brincando no chan. A gata gatiña é moi presumida, cos beizos pintados está bonitiña. A gata gatiña é moi melosiña, namora a todos cos seus grandes ollos. A gata gatiña é moi golosiña, come ratos e tamén sardiñas. 3ºC
Nieves Sánchez, 3ºC
Nefertari Gómez, 3ºC
Ivana Rodríguez , 3ºC
Sara Rial, 3ºC
Na noite de Halloween, sae a pasear o esqueleto e ao pobre do elfo dálle un susto de medo. O esqueleto viste de branco; a noite, toda de negro e ,ao pequeno do elfo, só lle queda o vermello. Quere cear ovos fritos, o esqueleto non o deixa. El prefire salchichas e torta de cereixas. Que pesado este esqueleto! Que remate logo a noite! - pensaba o elfo disgustado, lamentando a súa sorte. Cristina Riobó, Alba Martinez e Andrea Pardo, 6ºC
.
ADIVIÑAS PARA XOGAR
JAVIER MUIÑOS, 5º B
Victor López, 5ºB Chelo Vidal
Judith Ortigueira, 6ºC
Sara Martínez, 6ºC
Can simpático e algo traste. Boa compaña e fidelidade aseguradas . Razón: Rúa das Porcas Porquiñas, s/n.
Amiga paciente e ben disposta, capaz de “facer o indio” só por arrincar un sorriso. Preguntar a Ke-tumba Ke-tamba por Patidifusa.
6ºB
Casiña de portas abertas, cen por cen acolledora. Lugar ideal para atoparse a un mesmo. Dirixirse á Avenida Podesvir cando queiras, nº 3. Entrar sen chamar.
Trasno dos libros encantador e servicial. Gústalle enredar coas palabras. Espíritu creativo e inquedo. Contactar con Traslí, na biblioteca do CEP Marcos da Portela.
Músico talentoso,experto en melodías ledas. Consultar currículum na Escola de Briador.
Baltar Morgade, 6ºC
VALE polo primeiro exemplar do libro TRASLIARTE. NOEMÍ LÓPEZ.
Antes de marchar, querida Noemí, regálasnos un debuxo que exprese os teus sentimentos?
Imaxina un país doce: país produtor de soles, soles de todas as cores, soles que levan amores. Soles de días nubrados, soles para días cansos, soles para enfurruñados, soles para facer trasnos. Soles que levan a risa onde as guerras levan vidas; soles que nos acariñan coma unha leve brisa. Soles que fai NOEMÍ nun conto que non ten fin. Eu sei dun país así: é a ESCOLA DE TRASLÍ.
María Lores
Un dedo na boca ,
os ollos pechados , punto colorín , punto colorado. Pantuflas a cadros , amores de gata , punto pequeniño , punto sen puntada. Finiña descansa , a tita é feliz , punto colorado , punto colorín . Isa Pazos
por pintar para María un mar de esperanza ;
pola saudade e pola picardía ;
por trazar camiños de interculturalidade
con debuxos que acollen e acortan distancias ;
por “vestir” de tenrura o rostro da tita
e poñerlle a Rosalía un sorriso nos beizos ;
Ola, NOEMÍ ! Como sabes, son o trasno dos libros.Chámome TRASLÍ e, aínda que vivo na biblioteca do C.E.P. Marcos da Portela e son a súa mascota, nacín en Alfabetolandia, a cidade máis grande de BABELIA. Por iso o meu corpo recorda a letra X e teño un O por nariz. Cando xunto as pernas, éstas parecen un A maiúsculo. Gústame tanto a expresión corporal que podería “recitar” todo o abecedario cun simple movemento de brazos ou pernas . Son alto e delgado e teño os ollos azuis e unha boca non demasiado grande, que sempre sorrí. Din que a miña expresión é tan doce e alegre que parece de azucre.
Os meus rizos louros agóchanse baixo un sombreiro amarelo con dúas antenas verdes de tres picos.
Normalmente visto xersei azul con tres botóns vermellos a xogo coa cor do meu pantalón e luvas que me dan un toque elegante.
A miña comida favorita é a sopa de letras. Con elas creo palabras novas, xogos de sortes, rimas… Gústame poñer a proba o meu enxeño.
Son coleccionista de palabras e citas literarias e un ávido lector, por iso vivo nesta biblioteca: para descubrir a maxia das palabras, coñecer outros mundos -sen saír destas catro paredes- e navegar por eles coa imaxinación.
Paso os días ordenando os libros, léndoos, xogando con eles, meténdome nas súas historias,empapándome das súas ilustracións e... intentando contaxiar a todos e todas a miña paixón pola lectura. Oxalá o consigamos xuntos, ti máis eu !
@s amig@s de AMENCER fixeron a partir da miña foto o fermosísimo suxeitalibros que recibiches como agasallo. Estoulles moi agradecido polo guapo que me deixaron. Son uns e unhas artistas estupend@s capaces de facer maxia coas súas mans. Igual que fas ti cos pinceis e as cores.
Encantoume coñecerte. Saúde e libros!