día da muller

Post on 21-Mar-2017

36 views 4 download

Transcript of día da muller

8 de marzo

Día internacional

da MULLER

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen non se alegra cando nacemos femiasno canto de machos

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechaquen nos corta o clítoris e nos venda os pés

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen non nos manda ao colexio ou non nos deixa estudar porque temos que coidar os irmáns e axudar na casa

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos di que as tarefas da casa e o coidado de nenos e maiores son cousa de mulleres

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen se mete na cama de noite e nos tapa a boca para violarnos mentres a nosa nai dorme

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechan quen nos violenta coas súas palabras ou nos persegue polas rúas escuras

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos fai culpables dos seus pecados e nos obriga a cubrirnos o corpo

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechaquen nos pega, nos insulta, nos humilla e nos asasina

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos forza a parir como único destino das nosas vidas

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos impide rebelarnos e nos queima por bruxase nos encerra por tolas

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen intriga e levanta falsos testemuños contra as súas fillas, as súas nais e as súas noras

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos paga menos polo mesmo traballo

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos bota do traballo ao saber que estamos embarazadas

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos nega os ascensos laborais e os cargos de responsabilidade

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos di que NON PODEMOS por sermos mulleres

Precisamos CHAVES que abran as portas de todos os espazos

dos que fomos

expulsadas,para recuperar

canto nos corresponde

Que pouco é un só díaque pouco…

Sé CHAVE DE IGUALDADE

todos os días do ano!