Espazo natural Brañas do Xallas

Post on 12-Apr-2017

129 views 6 download

Transcript of Espazo natural Brañas do Xallas

Brañas do Xallas

Superficie: 333,6 haTipo de protección: LIC

Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.

Superficie: 333,6 ha

CONCELLOS: Santa Comba e Zas.TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

RÍO XALLASNace no Monte Castelo, drena as terras de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e, despois de 64,5 km de percorrido, desemboca na enseada de Ézaro nun salto de 40 m de altura. É un río maino, cun discorrer sinuoso pola escasa pendente que ten na maior parte do seu curso, agás no tramo final no que se encaixa e salva fortes desniveis.

O Xallas na área protexida, no encoro da Fervenza.

Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil, nas proximidades do espazo protexido.

Encoro da Fervenza. É un dos máis extensos Galiza (1250 ha). Construído en 1966.

Encoro da Fervenza no verán

Encoro da Fervenza no verán

Unha das pozas que se forma ao baixar as augas do encoro

Un dos regos das Brañas

Rego de Porto Carreiro, un dos afluentes do Xallas que se xunta a el nas Brañas.

Braña Grande

As brañas no verán

Brañas de Brandomil na primavera

Brañas de Brandomil no verán

FLORANas marxes atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros e, máis lonxe da auga carballos. Nas brañas viven plantas adaptadas ao asolagamento temporal: xuncos, gramíneas, espadainas, rorelas, esfagnos, orquídeas, liño bravo, queirugas, xesta das brañas, toxos... algunhas en perigo de extinción como a leiteiriña das brañas (Euphorbia uliginosa), un endemismo galego-portugués de rara presenza en Galiza.

Vexetación de ribeira

Salgueiros, toxos e breixos

Froitos de salgueiro (Salix caprea). O salgueiro é unha das árbores máis comúns dos lugares húmidos. Florecen en pés separadas a comezos da primavera e as súas sementes están dotadas de peliños para seren dispersadas polo vento.

Salgueiro enano (Salix repens)

Salgueiro enano

Toxos e breixos

Frundio (Myrica gale)

Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)

Menta de lobo (Lycopus europaeus)

Xunco (Juncus bulbosus)

Froitos de Angelica pachycarpa

FAUNAO máis representativo da fauna deste espazo son as aves, sobre todo paxaros (pimpín, escribentas, carrizos, pegas...), miñatos, lavancos... os anfibios (pintafontes, sapos, ras) e os insectos (libeliñas, cabalos do demo, bolboretas...).

Garza real (Ardea cinerea)

Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das aves máis abundantes dos encoros do Xallas.

Lavandeira verdeal (Motacilla cinerea)

Bolboreta (Cabera pusaria)

Bolboreta (Chilo phragmitellus)

Os insectos que máis chaman a atención nas brañas, pola súa vistosidade, son as libeliñas e gaiteiros).

Calopterix splendens

Os cangrexos de río americanos (Procambarus clarkii ) son unha especie invasora moi abundante en todo o encoro de Xallas.

Galerías dos cangrexos nas beiras das canles de auga

MONTAXE E FOTOGRAFÍAS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)