Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de...

12
Corredores de somrbra Agustín Fernández Paz X E R A I S

Transcript of Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de...

Page 1: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

Corredores de somrbraAgustín Fernández Paz

X E R A I S

Page 2: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

O AUTOR

2

Título: Corredores de sombraAutor: Agustín Fernández PazEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 232ISBN: 84-9782-425-3

FICHA TÉCNICA

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Pode considerarse un dos máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galegaactual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en narración curta como en nove-la, e moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas. Acadou premios de granprestixio neste campo:Merlín 1989 por As flores radioactivas.Edebé 1994 por Trece anos de Branca.Lazarillo 1990 por Contos por palabras.Rañolas 1995 por Cartas de inverno.Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire.Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker.Edebé de Literatura Infantil 2005 por A escola dos piratas.Formou parte da Lista de Honor do IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis dunhaocasión.Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil.Conta con obra para os primeiros lectores e tamén para a xuventude.Entre outros, son seus os títulos: O laboratorio do doutor Nogueira, Un tren cargado de mis -terios, A praia da esperanza, A fuxida do mar, Rapazas, Aire negro, Tres pasos polo misterio,O centro do labirinto, Noite de voraces sombras, Amor dos quince anos, Marilyn…

Page 3: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

3

• A recuperación da memoria histórica.A guerra civil. Un tempo que a Ditadura se encargou de contar á súa maneira e de facelae s q u e c e r. É agora, pasadas as décadas e os lustros, cando de novo se vo l ven os ollos a esesdías para falar do que sucedeu, das vítimas, para poder lembralas á luz do día e devo l ve r-lles a dignidade que tentaron negarlles.

• O primeiro amor.Son os anos da adolescencia e a descuberta do amor, os tempos do espertar ás emociónsmáis fortes e aos sentimentos máis idealistas, a idade máis viva e tamén máis vulnera-ble.

• As relacións familiares.Os lazos de sangue e o pasado familiar. Os diferentes membros da familia, a súa perso-nalidade e o papel que cada un deles representa. O afecto que os une e os prexuízos eintereses que, ás veces, os separan.

• A amizadeO sentimento que percorre a vida dende os primeiros anos ata os últimos, pero que naadolescencia ten un momento álxido, a elección libre daqueles iguais cos que queremosrelacionarnos e compartir tempo e afeccións.

• Novela de misterio.Un xénero que resulta moi interesante para a mocidade e no que este autor se pode con-siderar especialista.

• O respecto por todas as opcións sexuais.A discriminación respecto dalgunha delas. A falla de liberdade nas eleccións.

TEMAS E VALORES

O LIBRO

No verán de 1995, ao realizar unhas obras de restauración, no pazo dos Soutelo, atópan-se cunha sorpresa. Oculto por un tabique aparecen uns restos humanos envoltos nunhaalfombra.O cadáver mostra un furado de bala na cabeza e leva máis de medio século agochado.Clara, a filla adolescente dos donos do pazo é testemuña deste descubrimento. Ela sentea necesidade de desvelar o misterio, descubrir o que hai detrás dese feito e contestar atodas as preguntas que lle van xurdindo. Terá que indagar no pasado da súa familia e dunstempos que todos quixeron esquecer: a guerra civil e os días de represión que a sucederon.A novela é unha achega ao ano da memoria histórica. A voz desta muller cóntanos o quesucedeu ese verán no que descubriu o primeiro amor e tamén uns feitos que mudarán asúa forma de entender a vida.

Page 4: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

4

* As actividades que se propoñen, a continuación están pensadas para que o profe-sorado elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado oupara a dinámica do grupo.

ANTES DA LECTURA:

• Co libro na man anticiparemos o seu contido. Observando as capas imaxinaremosde que pode tratar e o que imos atopar nel.

• Falaremos do que nos suxire o título e trataremos de interpretar a ilustración daportada.

• Escribimos un texto inspirado por esa fotografía da cuberta.

• Xogamos co título, cambiando determinadas palabras. Pensamos se este título noslembra outros.

• Escribimos un texto que leve o mesmo encabezamento.

• A lectura do texto que aparece na contraportada axudaranos a adiantar o tema eo argumento deste. Deixamos que vaian aflorando os coñecementos previos acer-ca desta temática, falamos doutros libros que tamén a tratasen.

• Identificamos o autor e comentamos o que saibamos acerca del; podemos axu-darnos coa lectura do apartado que leva por título «O autor» e «AgustínFernández Paz en Fóra de Xogo» para falar doutros libros del que lemos con ante-rioridade.

• Realizamos unha busca na rede por se atopamos algo diferente co que completaresta biobibliografía.

• Podemos falar da colección, doutros títulos que coñezamos e da opinión que nosmereceron. Repasamos o apartado «Últimos libros da colección» para facermemoria.

• Comentamos a dedicatoria, e, unha vez lida a novela, pensamos a quen lla dedi-cariamos nós e con que palabras.

• O libro conta cunha cita, neste caso é de José Ángel Valente. Tamén isto nos podelevar a buscar citas que nos chamaran a atención. Da mesma maneira que busca-remos certos datos en Internet, podemos buscar páxinas de citas na rede, que nosachegarán novas lecturas.

• Alguén debería encargarse de preparar unha presentación de Valente e da súa obra;pode facerse individualmente ou en grupo.

ACTIVIDADES

Page 5: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

5

AO LONGO DA LECTURA:

• Identificamos quen conta a historia.

• Seleccionamos aqueles fragmentos que nos chamaron a atención porque descri-ben sensacións e sentimentos, lugares e situacións, persoas e obxectos… e quequeremos compartir cos compañeiros e compañeiras.

• Situamos a narración no tempo histórico. Tamén a situaremos no espazo, locali-zando sobre o mapa os lugares citados, sempre que sexan reais.

• Unha vez lido cada capítulo poñémoslle o título que nos parece máis axeitado.

• Observamos cada un dos personaxes e imos tomando notas que os definan.

• O 2005 foi declarado ano da memoria histórica. Daquela volveuse a mirada caraaos anos da guerra civil e a represión que daquela e na posguerra se cebou nasxentes que non estaban no lado dos vencedores. Procurouse, aínda que, talvez,demasiado tarde e dun xeito moi tímido, facer xustiza. Unha serie de obras lite-rarias trataron, tamén, esta época e esta é unha delas. Tentemos analizala dendeese punto de vista.

• Indaguemos acerca dos tempos que aparecen retratados na novela e das formas degoberno que tivo o Estado español neses tempos. (A República, a Ditadura, aMo n a rq u í a … )

Investiguemos sobre as actividades que se levaron a cabo no 2005 arredor da recu-peración da memoria histórica. Algunha delas aparece recollida na novela, comopodemos ver na páxina 12.

• A desmemoria é un banzo máis no intento de facer desaparecer a determinadaspersoas. Recluílas, asasinalas, castigar ás súas familias… conducir á sociedade aque non volva falar delas. Non nomealas é a peor das mortes, de aí que agora haxatanto empeño en rescatar esa memoria. Pero hai quen pensa que falar deses tem-pos e eses represaliados é volver abrir feridas que xa estaban cicatrizadas e que sepode facer por un afán de vinganza. Abride un debate sobre a necesidade ou nonde recobrar a memoria deses días.

• Comparade a situación, no Estado español, a respecto do citado na actividadeanterior, co que sucedeu nas ditaduras de Arxentina ou Chile.

• O azar xoga un papel moi importante na vida da protagonista desta novela.Expliquemos esta afirmación e vexamos se estamos de acordo co papel da casua-lidade non só na ficción senón tamén na realidade.

• No texto aparece a referencia mitolóxica «eles han ser o meu fío de Ariadna candome interne no labirinto». Expliquémola.

• Tamén hai referencias literarias: os contos dos irmáns Grimm, Sherlock Holmes,e o doutor Watson, Dickens, Scherezade, Melville, Paul Auster, James Joyce,Aldous Huxley, etc. Recollede outras e por grupos buscade información sobrecada un deles, lédeos…

Page 6: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

6

• As referencias musicais poden constituír algo así como a banda sonora da novela.Probemos a buscar esa música e escoitala. Alguén pode facer a función de «Dj» eprogramar unha audición.

• Hai tamén outras re f e rencias, estas cinematográficas, como Foise co ve n t o, S c o t tHicks, Anthony Hopkins, Indiana Jo n e s…; re f e rentes históricos como a Fa l a n xe ouo PSG; culturais como Van Gogh, Re n o i r, Sargadelos, MACBA, o Renacemento ouo ADN… Informémonos acerca de cada unha delas.

• Hai sombras que poden afogarnos, a Carlos facéndoo igual que os outros da fami-lia. ¿Que outras sombras somos quen de ver nesta ficción ou na realidade?

• O caciquismo albíscase na novela. Apuntade en que personaxes e situacións.

• No texto fanse achegas en relación á diferenza nas lecturas entre os mozos e asmozas. Comentádeas proporcionando a vosa opinión ao respecto.

• Houbo un tempo de ideoloxía republicana e galeguista no que organizaciónscomo as Irmandades da Fala ou a Fronte Popular tiveron un papel moi impor-tante. Talvez eran uns poucos idealistas, coma unha illa no medio dun mar deignorancia e convencionalismo, pero produciron unha certa transformación dasociedade. ¿Ves algún parecido coa actualidade?

• Comentemos as seguintes frases:

— «Cada un lembra o que quere, a memoria é selectiva.»

— «Ambos eramos conscientes de que estabamos a transgredir as regras nonescritas que rexían os nosos respectivos mundos.»

— «Lemos as cartas dos mortos coma deuses impotentes pero deuses, á fin e aocabo, pois coñecemos a continuación.»

— «As palabras, gastadas quizais para outros, pero que entre nós soaban como se,desde a creación, ninguén máis as pronunciara ata daquela.»

— «Co paso dos anos estas historias pareceron perder sentido, todos estabamosocupados en sobrevivir. Ninguén volveu falar delas, quedaron enterradas comao cadáver que atopastes. E moito máis o han estar cando morramos os poucosque aínda quedamos aquí», di Sebastián.

— «Agora, despois de tantos anos, xa sei con certeza que os pais sempre son unsdescoñecidos para os seus fillos, pois tendemos a crer que a vida comezou,tamén para eles, cando nacemos nós.»

— «O bico que deixará unha marca indeleble na memoria, aquel polo que medi-rás todos os outros bicos da túa vida.»

— «Pensar que eses asasinos logo seguiron vivindo aquí, entre nós! Moito tivemosque soportar!»

— «Ás veces, os silencios poden ser ben máis elocuentes que as palabras.»

Page 7: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

7

— «Unhas horas marabillosas, quizais as únicas horas que lembrarei cando a vidaenteira pase e só me quede entre as mans a memoria dos momentos felices.»

— «O paradoxo de ter que coñecer feitos importantes da súa familia a travésdunha persoa allea.»

— «Son un mozo coas ilusións afogadas pola realidade», di Miguel.

— «Aínda que logo o tempo tamén se encargase de demostrarme que non haiamores eternos, agás nas novelas que inventamos para enganar a morte, e quetodos teñen data de caducidade desde o momento en que se inician.»

— «El miroume cunha mirada intensísima que me deixou desarmada, pois eracoma se estivese invadindo o meu interior.»

— «Morreu tanta xente que non tiña culpa ningunha!»

— «Veu a guerra e torceulles a vida.»

— «Antes de que todo se estragase coa guerra.»

— «Encadernador de profesión e lector de vocación.»

— «(…) envíos de libros, sempre tan ben elixidos, que parecían especialmenteescritos para min.»

• A protagonista pode ir facendo a biografía da súa familia a través dos álbums defotos. Bótalle unha ollada aos da túa, desa maneira poderás indagar no teu pro-pio pasado.

• «O seu rostro (da avoa) está no teu, paréceste moito a ela». Opinemos sobre osparecidos na familia. Tamén podemos buscar un texto ao respecto en Obra vivade Avilés de Taramancos.

• « Un tempo de entusiasmo no que todo parecía posible.» Era a época republicana naque unha xeración de artistas semellaba querer cambiar o mundo. Busquemos infor-mación ao respecto deténdonos nas Misións pedagóxicas e outras iniciativas culturais.

• A principios dos setenta tiraron a fermosa Casa do Cubano para facer un bloquede pisos horrible, unha desfeita á que posiblemente esteamos máis que acostu-mados. Busquemos exemplos de destrución do patrimonio arquitectónico nonome da especulación ou da ignorancia, no noso contorno.

• «Os xeradores eólicos coma cruces coroando as montañas», contaminando visual-mente o horizonte. ¿Que opinamos acerca desta nova fonte enerxética?

• Chámaselle bágoas de San Lourenzo á chuvia de estrelas fugaces da noite do oncede agosto. Comentade se a tedes observado algunha vez, cómo facelo…

• A historia é contada sempre polos vencedores, ata hai moi pouco tempo non sefalaba claramente de quen foran os sublevados no verán do 36, quen infrinxirana lexitimidade vixente violentando a decisión popular. Indaguemos acerca desesmomentos históricos, do paso da república á ditadura por medio dunha subleva-ción militar que provoca un golpe de estado.

Page 8: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

8

• Aínda nos anos 90 se lle dá unha malleira a Miguel por remexer no que non debíae lle lembran o que lle pasou á súa familia cando a guerra. Tamén o avisan de quenon debe picar tan alto, que a do pazo era moito para el. «Había na vila persoasque seguían tendo razóns para desexar que os sucesos da guerra non saísen á luz.»Intercambiemos opinións ao respecto.

• Na familia cada un representa un papel. ¿Que opinión nos merece o papel covar-de da nai, non defendéndoa diante do pai, senón dándolle a razón a el?

• Por veces, atopamos versións distintas da mesma historia familiar coma a do pai ea do tío de Clara e, de cando en vez, estes personaxes ou persoas realizan axustesde contas co pasado. Tentemos comparar isto con algo que teñamos observa d o.

• A investigación, as moedas que sitúan o morto na época da República, a análisedas balas para coñecer a pistola que as disparou… semella o capítulo dalgunhaserie televisiva. Opinemos acerca disto.

• Clara decátase do seu prexuízo a respecto das bibliotecas nas casas de traballado-res cando Miguel llo di. ¿Que prexuízos teñen as persoas que nos rodean e nós?

• Ao longo da historia da humanidade en máis dunha ocasión fixo a súa aparicióno odio por determinados libros e, dalgunha maneira, executábanos ao queimalos.Isto sucedeu na guerra civil española, cos nazis, etc. Realicemos unha investiga-ción ao respecto.

• Opinemos acerca do feito de que nunca se estuden os últimos temas dos libros deHistoria e Literatura, polo que estamos sempre situados na análise do pasadomáis afastado.

• «A emigración, Clara, é a condena que temos os deste país se queremos facer algomáis que malvivir.» ¿Segue a ser verdade esta afirmación? Revisade quen se vaifóra de Galicia no relato e cal é a razón pola que ha de tomar esa decisión.

• Conforme lemos, podemos ir pensando en como realizariamos unha película base-ada nesta novela. Por onde comezariamos, que ambientación elixiriamos, cal pode-ría ser o elenco… Se un grupo se animara podería elaborar un pequeno guión.

• ¿Que opinamos ao respecto?

• «(…) os fidalgos que posuían unha boa parte das terras do arredor e vivían como-damente do esforzo dos labregos aforados». Expliquemos que son os foros.

• Os pazos. Esta pode ser unha boa ocasión para que, aqueles a quen lles interese,realicen un traballo acerca deles, daqueles que estean máis preto ou resulten máisatraentes…

• Se hai alguén a quen lle apeteza indagar sobre os escudos, o propio de cada apeli-do, o que significa cada un dos elementos, etc., tampouco estaría de máis.

• «Ben sei que unha historia nunca ten un comezo concreto, que todas veñen demoi atrás.» ¿Estamos de acordo? Tentemos demostrar esa afirmación ou argu-mentar a contraria.

Page 9: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

9

• Podemos observar que flora aparece recollida no texto: magnolio, madreselvas,buganvíleas, castiñeiros, carballos, ameneiros, etc., e realizar un traballo de docu-mentación acerca dela.

• A protagonista ten un miradoiro («É como estar nunha illa solitaria lonxe de todoe de todos.»). Seguramente moitos de vós tamén. Debuxádeo ou fotografade oque vedes dende el. Miguel coñece un lugar case máxico no río (A Pena doEncanto), seguro que nós tamén temos na retina algún así: describámolo, ache-guemos unha fotografía…

• Clara sente que está pasando por un acontecemento excepcional cando asiste aodescubrimento do esqueleto entre os tabiques do pazo. ¿Algunha vez tedes senti-do iso mesmo? Describídeo.

• O primeiro encontro con Miguel está determinado polo roubo de froita, algo moicomún entre a rapazada da aldea. ¿Quen pode contar algo ao respecto que lle teñapasado a el ou á xeración dos pais ou avós?

• Seguramente tes asistido a algunha situación misteriosa. Coméntaa.

• Os dous adolescentes comezan a relación cunha certa agresividade. ¿Sóavos a algo?

• A distancia entre pobres e ricos é a que existe entre o primeiro e o terceiro mundo,aínda que ambas estean nunha aldea. ¿Aparece isto recollido nalgún momento danovela? «Pasando a carón de nós sen vernos, coma se fósemos invisibles»; «Eseaire de superioridade que tedes os ricos, esa tranquilidade de saber que a vida dis-correrá sempre sen grandes problemas»; «Tedes todo o que eu non podo ter: o díaenteiro para ler e pasear, a universidade asegurada, un futuro doado e sen pro-blemas. As cousas para min nunca poderán ser así»; «Os ricos actúan coma se omundo fose deles e os demais non existiran». Comentemos estas frases.

• Miguel está a pescar ata conseguir seis troitas. Di que son as necesarias para acomida e, cando as teña, deixará de pescar «coma nos vellos tempos», cando sepescaba ou cazaba só o necesario… Opinemos acerca do consumismo dos tem-pos actuais.

• Vaiamos elaborando un léxico coas palabras que aprendemos ao longo da lecturadesta novela.

• Realicemos un traballo de investigación acerca dos ateneos nos tempos da Re p ú b l i c a .

• Facede un listado cos libros que o bisavó de Miguel deixou no baúl. Intentadepresentar cada un deles, ou ben despois de lelo ou de indagar acerca del.

• Falemos acerca do exilio.

• Observemos e comentemos o papel das mulleres nesta novela, os roles que repre-sentan, os comentarios que poden resultar discriminatorios… Fagamos o mesmoacerca das diferentes opcións sexuais, a homosexualidade e os cambios que ao res-pecto se produciu na lexislación española.

• Analicemos os comentarios de Carlos a Un mundo feliz.

Page 10: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

10

• «A lectura é un vicio que che ten que contaxiar alguén.» A Clara o seu tío Carlos,a Miguel o bisavó. ¿A ti?

• Analicemos polo miúdo o papel dos medios de comunicación ante a descubertado esqueleto e como terían reaccionado de ser outra a casa na que isto sucedese.

• A riqueza dunha lingua tamén depende da cantidade de frases feitas. Tomemosnota dalgunha das que atopemos.

DESPOIS DA LECTURA:

• Comentemos as características de cada un dos personaxes, con cal deles nos iden-tificamos máis, cales son os que nos resultan máis interesantes…

• Memoria de min é o texto que deixa Carlos. ¿Animariámonos a escribir baixo esacabeceira?

• O último capítulo funciona ao xeito de «Anos máis tarde…». Agora podemostomar nós o relevo e imaxinar como podería continuar esa historia no momentoactual.

• Revisemos o apartado «Agradecementos» para ver se coñecemos algunha desaspersoas que aparecen citadas. Este apartado tamén nos informa acerca da manei-ra na que o autor se ten documentado para poder escribir esta historia, das fon-tes ás que acode buscando información.

• Unha vez lida a novela, expliquemos cal é ou pode ser a razón do título.Comentemos, entre todos, outros que nos parecerían axeitados para esta historia.

• Escribimos unha dedicatoria para este libro e pensamos a quen llo regalariamos.

• Podemos escribirlle unha carta ao autor comentándolle a nosa opinión sobre estelibro e suxeríndolle outros temas que podería tratar.

• O autor ten realizado algún encontro con lectores nos que explica o proceso decreación desta novela e a maneira de documentala. Sopesemos a posibilidade deprogramar un destes encontros, de non ser posible podemos facernos unha ideaen base ao apartado de agradecementos.

• Resumimos o argumento desta historia. Observamos cal sería a trama principal ecales as secundarias. É posible que nesta novela se amalgamen diferentes argu-mentos que poderían dar perfectamente para varias historias. Opinemos ao res-pecto.

• Realizamos unha posta en común para comentar a nosa opinión sobre o texto.

• Lemos as outras novelas deste mesmo autor.

• Intentamos identificar os valores que defende o autor.

• Realizamos un debate acerca do nazismo, o fascismo e o franquismo.

Page 11: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

11

• Busquemos outros libros que traten esta temática. Primeiro, as do mesmo autorcomo Noite de voraces sombras ou o relato As sombras do faro; logo, doutros auto-res como a novela A sombra descalza ou o relato A muller prohibida de An Alfaya,Todo o peso do ceo de Martínez Oca, Tristes armas de Marina Mayoral, Agosto do36 de Xosé Fernández Ferreiro, Home sen nome de Suso de Toro, Os libros ardenmal de Manuel Rivas…

Page 12: Agustín Fernández Paz - Grupo AnayaAutor: Agustín Fernández Paz Editorial: Edicións Xerais de Galicia Colección: Fóra de Xogo Nº páxinas: 232 ISBN: 84-9782-425-3 FICHATÉCNICA

Pedidos a:

C o m e rcial Grupo AnayaPol í gon o d e B e rg o n d o1ª Tr avesía - Pa rcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA

X E R A I SDoutor Marañón, 1 2 . 36211 V i goA p a rtado Postal 1446. 36200 V i goTe l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: xe r a i s @ xe r a i s . e sh t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2007© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2007Depósito legal: VG 337-2007

12