BASES QUE REXERAN A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DO ... ·...

7
BASES QUE REXERAN A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “PONTES DE EMPREGO II”. 1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente é dar cobertura ao proceso de selección do persoal que se reseña na base cuarta, en relación coa Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos xoves incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Especialidade: Confección e Publicación de páxinas web. Resolución de concesión de subvención de data 21/07/2016, notificada ao concello en data 26 de xullo do mesmo ano. 2.- Período de contratación: Seis meses 3.- Sistema de provisión: Concurso. 4.- Persoal que compón o Obradoiro de Emprego: Un/ha Director/a. Dous docentes: Un docente especialista en Confección e Publicación de páxinas web a tempo completo e un/ha profesor/a de xestión empresarial e orientación laboral, a tempo parcial (media xornada). Un/ha Auxiliar Administrativo/a. Doce alumnos incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 5.- Requisitos xenéricos dos aspirantes : a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, no caso de Director, docentes e auxiliar administrativo/a. b) Ter cumpridos os 18 anos de idade. c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función. d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente. e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. f) Para os alumnos: Estaren incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 6.- Grupo de Traballo: Estará formado polos membros descritos na Orde que rexe a subvención. Dous representantes do concello e dous representantes do Servizo Público de emprego.Ditos membros son os seguintes: Pola Consellería de Traballo: D. José Manuel Camino Guntín, que actúa como Presidente. Dª M. Carmen Corral Cal Polo Concello das Pontes: Dª M. Montserrat González Rivera D. José Gerardo Pais Antiqueira, que actúa como Secretario Ningunha persoa interesada en formar parte do persoal do obradoiro poderá formar parte do grupo de traballo nin auxiliar ao mesmo nas tarefas de selección. O grupo de traballo considerarase válidamente constituído coa participación nas sesións de traballo de, polo menos, tres dos seus compoñentes . As súas decisións tomaránse por unanimidade ou pola maioría simple dos membros presentes. A Xefatura Territorial poderá nomear a quen estime oportuno para, en caso de necesidade, substituir a calquera dos membros citados da Consellería de Traballo e Benestar. Do mesmo xeito se poderá actuar por parte do concello das Pontes. 7.- BAREMOS DE SELECCIÓN APLICABLES A CADA UNHA DAS PRAZAS 7.1 DIRECTOR/A

Transcript of BASES QUE REXERAN A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DO ... ·...

BASES QUE REXERAN A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “PONTES DE EMPREGO II”. 1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente é dar cobertura ao proceso de selección do persoal que se reseña na base cuarta, en relación coa Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos xoves incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Especialidade: Confección e Publicación de páxinas web. Resolución de concesión de subvención de data 21/07/2016, notificada ao concello en data 26 de xullo do mesmo ano. 2.- Período de contratación: Seis meses 3.- Sistema de provisión: Concurso. 4.- Persoal que compón o Obradoiro de Emprego: Un/ha Director/a. Dous docentes: Un docente especialista en Confección e Publicación de páxinas web a tempo completo e un/ha profesor/a de xestión empresarial e orientación laboral, a tempo parcial (media xornada). Un/ha Auxiliar Administrativo/a. Doce alumnos incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 5.- Requisitos xenéricos dos aspirantes : a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, no caso de Director, docentes e auxiliar administrativo/a. b) Ter cumpridos os 18 anos de idade. c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función. d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente. e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. f) Para os alumnos: Estaren incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. 6.- Grupo de Traballo: Estará formado polos membros descritos na Orde que rexe a subvención. Dous representantes do concello e dous representantes do Servizo Público de emprego.Ditos membros son os seguintes: Pola Consellería de Traballo: D. José Manuel Camino Guntín, que actúa como Presidente. Dª M. Carmen Corral Cal Polo Concello das Pontes: Dª M. Montserrat González Rivera D. José Gerardo Pais Antiqueira, que actúa como Secretario Ningunha persoa interesada en formar parte do persoal do obradoiro poderá formar parte do grupo de traballo nin auxiliar ao mesmo nas tarefas de selección. O grupo de traballo considerarase válidamente constituído coa participación nas sesións de traballo de, polo menos, tres dos seus compoñentes . As súas decisións tomaránse por unanimidade ou pola maioría simple dos membros presentes. A Xefatura Territorial poderá nomear a quen estime oportuno para, en caso de necesidade, substituir a calquera dos membros citados da Consellería de Traballo e Benestar. Do mesmo xeito se poderá actuar por parte do concello das Pontes. 7.- BAREMOS DE SELECCIÓN APLICABLES A CADA UNHA DAS PRAZAS 7.1 DIRECTOR/A

7.1.1 FUNCIÓNS; Coordinación xeral do Obradoiro de emprego, tanto dos recursos humanos como dos económicos, así como das relacións co exterior: Consellería de Traballo e Benestar, entidade promotora, empresarios. Coordinará tódalas accións formativas do Obradoiro, apoiando aos docentes na elaboración da programación de formación ocupacional. 7.1.2 REQUISITOS MÍNIMOS a) Calquera das titulacións que se reseñan nalgunha das seguintes especialidades : Psicoloxía, Psicopedagoxía, Pedagoxía, Educación Social, Ciencias Políticas e Sociais, Mestre de Educación Primario e/ou Secundaria. Licenciado ou título de Grao. Diplomado ou título de Grao equivalente b) Titulación de lingua galega: Celga 4 ou equivalente. De non posuílo, será obxecto o aspirante dunha proba escrita de traducción directa ou inversa. Durará como máximo 15 minutos e o seu resultado será de Apto ou Non Apto. A cualificación de Non Apto suporá a eliminación do proceso selectivo. 7.1.3 VALORACION DO CURRICULUM a) Titulación académica: Master universitario relacionado: Ata 500 horas: 0,75 ptos. Máis de 500 horas: 1 pto. Doutoramento relacionado: 1,25 ptos. A puntuaciòn máxima deste apartado será de 3 ptos. b) Experiencia profesional: - Experiencia profesional en postos de traballo que supoñan a dirección de equipos humanos: 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. - Experiencia profesional en postos de traballo que supoñan a xestión directa da formación ocupacional e/ou a dirección de proxectos de inserción laboral ou desenvolvemento local: 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. Se a experiencia profesional en dirección de equipos humanos foi adquirida no ámbito da formación profesional ocupacional, escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou casas de oficios, valorarase cada mes con 0,10 ptos adicionais. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. A puntuación máxima deste apartado será de 6 ptos. c) Cursos realizados: Os cursos relacionados coas funcións a desenvolver, sempre que tiveran unha duración mínima de 20 horas lectivas, valoraranse como segue: - Cursos de 20 ou máis horas lectivas: 0,10 ptos por curso - Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,20 ptos por curso Aqueles cursos nos que non se especifica o número de horas non se valorarán. A asistencia a xornadas, simposios ou congresos non será obxecto de puntuación. A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 2 ptos. d) Entrevista: Valorarase a capacidade de comunicación e interacción, traballo en equipo e responsabilidade. Puntuarase ata un máximo de 7 ptos. 7.1.4. PUNTUACIÓN FINAL O candidato seleccionado será o que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as puntuacións obtidas polo curriculum persoal e a entrevista 7.2 DOCENTE ESPECIALISTA EN CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB

7.2.1 FUNCIÓNS; Impartición da educación correspondente á especialidade e actuación como mestre nas actuacións que se leven a cabo como práctica profesional dos alumnos traballadores. 7.2.2 REQUISITOS MÍNIMOS a) Calquera das titulacións que se reseñan na especialidade de Informática. Licenciado, Enxeñeiro ou título de Grao. Diplomado ou título de Grao equivalente Técnico Superior. Certificado de Profesionalidade de nivel 3 da familia profesional correspondente b) Titulación de lingua galega: Celga 4 ou equivalente. De non posuílo, será obxecto o aspirante dunha proba escrita de traducción directa ou inversa. Durará como máximo 15 minutos e o seu resultado será de Apto ou Non Apto. A cualificación de Non Apto suporá a eliminación do proceso selectivo. 7.2.3 VALORACION DO CURRICULUM a) Titulación académica: Master universitario relacionado: Ata 500 horas: 0,75 ptos. Máis de 500 horas: 1 pto. Doutoramento relacionado: 1,25 ptos. A puntuaciòn máxima deste apartado será de 3 ptos. b) Experiencia profesional: - Experiencia profesional en postos similares en escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. - Experiencia profesional en postos de traballo fóra do ámbito de escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. No caso de requirirse experiencia profesional mínima para o acceso ao proceso selectivo, teráse en conta únicamente neste apartado o tempo que exceda do tomado en conta para o anterior. A puntuación máxima deste apartado será de 6 ptos. c) Cursos realizados: Os cursos relacionados coas funcións a desenvolver, sempre que tiveran unha duración mínima de 20 horas lectivas, valoraranse como segue: - Cursos de 20 ou máis horas lectivas: 0,10 ptos por curso - Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,20 ptos por curso Aqueles cursos nos que non se especifica o número de horas non se valorarán. A asistencia a xornadas, simposios ou congresos non será obxecto de puntuación. A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 2 ptos. d) Entrevista: Valorarase a capacidade de comunicación e interacción, traballo en equipo e responsabilidade. Puntuarase ata un máximo de 7 ptos. 7.2.4. PUNTUACIÓN FINAL O candidato seleccionado será o que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as puntuacións obtidas polo curriculum persoal e a entrevista. 7.3 DOCENTE ESPECIALISTA EN XESTIÓN EMPRESARIAL E ORIENTACIÓN LABORAL 7.3.1 FUNCIÓNS; Impartición da educación correspondente á especialidade e actuación como mestre nas actuacións que se leven a cabo como práctica profesional dos alumnos traballadores. Traballará no desenvolvemento das actitudes e aptitudes cara á mellora da consecución de emprego, así como de impartir a formación básica en prevención de riscos laborais, para a igualdade e sensibilización ambiental.

7.3.2 REQUISITOS MÍNIMOS a) Calquera das titulacións que se reseñan nalgunha das seguintes especialidades. Relacións laborais, ADE ou equivalente. Licenciado ou título de Grao. Diplomado ou título de Grao equivalente b) Titulación de lingua galega: Celga 4 ou equivalente. De non posuílo, será obxecto o aspirante dunha proba escrita de traducción directa ou inversa. Durará como máximo 15 minutos e o seu resultado será de Apto ou Non Apto. A cualificación de Non Apto suporá a eliminación do proceso selectivo. 7.3.3 VALORACION DO CURRICULUM a) Titulación académica: Master universitario relacionado: Ata 500 horas: 0,75 ptos. Máis de 500 horas: 1 pto. Doutoramento relacionado: 1,25 ptos. A puntuaciòn máxima deste apartado será de 3 ptos. b) Experiencia profesional: - Experiencia profesional en postos similares en escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. - Experiencia profesional en postos de traballo fóra do ámbito de escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. No caso de requirirse experiencia profesional mínima para o acceso ao proceso selectivo, teráse en conta únicamente neste apartado o tempo que exceda do tomado en conta para o anterior. A puntuación máxima deste apartado será de 6 ptos. c) Cursos realizados: Os cursos relacionados coas funcións a desenvolver, sempre que tiveran unha duración mínima de 20 horas lectivas, valoraranse como segue: - Cursos de 20 ou máis horas lectivas: 0,10 ptos por curso - Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,20 ptos por curso Aqueles cursos nos que non se especifica o número de horas non se valorarán. A asistencia a xornadas, simposios ou congresos non será obxecto de puntuación. A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 2 ptos. d) Entrevista: Valorarase a capacidade de comunicación e interacción, traballo en equipo e responsabilidade. Puntuarase ata un máximo de 7 ptos. 7.3.4. PUNTUACIÓN FINAL O candidato seleccionado será o que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as puntuacións obtidas polo curriculum persoal e a entrevista. 7.4 AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A 7.4.1 FUNCIÓNS; Tarefas administrativas do obradoiro. 7.4.2 REQUISITOS MÍNIMOS a) Técnico Medio en Xestión Administrativa ou Graduado en ESO con experiencia profesional mínima de cen meses como Auxiliar Administrativo/a. b) Titulación de lingua galega: Celga 3 ou equivalente. De non posuílo, será obxecto o aspirante dunha proba escrita de traducción directa ou inversa. Durará como máximo 15 minutos e o seu resultado será de Apto ou Non Apto. A cualificación de Non Apto suporá a eliminación do proceso selectivo.

7.4.3 VALORACION DO CURRICULUM a) Titulación académica: Titulación de técnico medio en xestión administrativa ou o seu equivalente : 0,5 ptos. Titulación de técnico superior da rama administrativa ou relacionada, ou o seu equivalente: 1 pto. Título de bacharelato: 1 pto. A puntuación máxima neste apartado será a de 1,5 ptos. b) Experiencia profesional: - Experiencia profesional en postos similares en escolas obradoiro, obradoiros de emprego, casas de oficios ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. - Experiencia profesional en postos de traballo fóra do ámbito de escolas obradoiro, obradoiros de emprego ou formación ocupacional : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente.- -Experiencia profesional en postos de traballo similares na Administración ou empresa privada : 0,10 ptos por mes a tempo completo. A tempo parcial valorarase proporcionalmente. A puntuación máxima deste apartado será de 6 ptos. c) Cursos realizados: Os cursos relacionados coas funcións a desenvolver, sempre que tiveran unha duración mínima de 20 horas lectivas, valoraranse como segue: - Cursos de 20 ou máis horas lectivas: 0,10 ptos por curso - Cursos de 100 ou máis horas lectivas: 0,20 ptos por curso Aqueles cursos nos que non se especifica o número de horas non se valorarán. A asistencia a xornadas, simposios ou congresos non será obxecto de puntuación. A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado será de 2 ptos. d) Entrevista: Valorarase a capacidade de comunicación e interacción, traballo en equipo e responsabilidade. Puntuarase ata un máximo de 7 ptos. 7.4.4. PUNTUACIÓN FINAL O candidato seleccionado será o que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as puntuacións obtidas polo curriculum persoal e a entrevista. 7.5 ALUMNADO 7.5.1. REQUISTOS MÍNIMOS Aparte do especificado na Base 5.f: Titulación de graduado en ESO ou equivalente. 7.5.2 Criterios a ter en conta na selección do alumado e puntuacións que se outorgarán: 1º) Ter planificado no seu itinerario profesional de inserción a participación nestes programas: 6 ptos. 2º) Persoas beneficiarias que non recibiran previamente atención polo sistema: 4 ptos. 3º) Discapacidade igual ou superior ao 33%: 1 pto. 4º) Idade: De 18 a 20 anos: 0,5 ptos. De 20 ata 22 anos: 1 pto. De 22 ata 24 anos: 2 ptos. Máis de 24 anos e menor de 30: 3 ptos. 5º) Experiencia laboral: Ningunha: 3 ptos. Ata 12 meses: 2 ptos. Maior ou igual a 12 meses: 1 pto. 6º) Nivel de cualificación profesional:

Baixo ( que non posúan un carnet profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de F.P. ou titulación universitaria): 3 ptos. Medio: ( que posúan un carnet profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou F.P. de ciclo medio) .1,5 ptos. Alto: (que posúan certificado de profesionalidade de nivel 3, título de F.P. De ciclo superior ou titulación universitaria): 0,5 ptos. 7º) Proba práctica proposta polo Grupo de Traballo relacionada co tema obxecto do Obradoiro. A súa duración máxima será de corenta minutos.Puntuaráse cun máximo de 8 ptos. Puntuación final: Virá dada pola suma das puntuacións parciais obtidas, sendo seleccionados os 12 aspirantes de maior puntuación como alumnos-traballadores do Obradoiro. 8.- PROCESO DE SELECCIÓN O proceso de selección, coa aplicación dos baremos anteditos, adecuaráse ao perfil dos candidatos. Estes candidatos forzosamente deberán estar inscritos na oficina de emprego, xa sexa como parados ou como demandantes en mellora de emprego. Rematado o proceso de selección, se o grupo de traballo determinara que queda deserta algunha das prazas ofertadas, abriríase un novo proceso para cubrir as vacantes existentes, podendo o grupo de traballo modificar o requisito mínimo de experiencia profesional, reducíndoo en tramos de 6 meses sucesivamente e seguindo a mesma pauta que a descrita anteriormente en canto ao ámbito de búsqueda. A oficina de emprego comunicará aos candidatos preseleccionados a forma, lugar e prazo de presentacion da documentación acreditativa dos seus méritos. O grupo de traballo valorará os curriculums conforme aos baremos establecidos e redactará a correspondente acta. A relación provisional das puntuaciòns outorgadas na primeira fase do proceso selectivo será exposta nos taboleiros da entidade promotora, do departamento territorial e da oficina de emprego das Pontes, debendo figurar o prazo para a presentación de reclamacións. O grupo de traballo citará aos candidatos admitidos para unha entrevista de selección na que se valorará a adecuación dos candidatos aos postos de traballo ofertados. Estas entrevistas terán lugar nas datas e no local que fixe o grupo de traballo, levantándose as correspondentes actas, que se remitirán ao departamento territorial. 9.- XUSTIFICACIÓN DO CURRICULUM Os candidatos citados para a entrevista deberán acudir á mesma provistos do seu curriculum vitae . Deberán traer consigo a documentación acreditativa seguinte: - Da titulación académica. - Da experiencia profesional. - Dos cursos realizados, que se xustificarán cos correspondentes diplomas. Xeito de xustificación da experiencia profesional: - Traballo por conta allea: Contratos de traballo, vida laboral expedida pola Seguridade Social sempre que poida acreditarse a categoría profesional desempeñada e/ou calquera outro documento que acredite fehacientemente dita experiencia profesional. - Traballadores autónomos: Alta no imposto de actividades económicas xunto co último recibo ou documento que lle exima da devandita obriga. - Traballos no extranxeiro: Certificación oficial na que conste a profesión desempeñada e os períodos traballados. 10 .- PROPOSTA E MODALIDADE DE CONTRATACIÓN Cos aspirantes que obteñan a maior puntuación nas respectivas especialidades, o grupo de traballo fará proposta de contratación ao órgano do concello que corresponda. Os aspirantes deberán acreditar o cumprimento das condicións mínimas exixidas no prazo de tres días naturais desde a notificación e/ou publicación dos resultados. Modalidade de contratación:

Director/a, docentes e auxiliar administrativo/a: Contrato por obra ou servizo determinado. Alumnado. Contrato para a formación e a aprendizaxe. As Pontes, agosto de 2016 POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR POLO CONCELLO DAS PONTES D. José Manuel Camino Guntín Dª M. Montserrat González Rivera Dª M. Carmen Corral Cal D. José Gerardo Pais Antiqueira