Canto á Terra Cha. Manuel María

27

Transcript of Canto á Terra Cha. Manuel María

Page 1: Canto á Terra Cha. Manuel María
Page 2: Canto á Terra Cha. Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro de 1929 e finou na Coruña, onde pasou os últimos anos, o oito de setembro do 2004.

A evocación da paisaxe da súa terra natal, A TERRA CHA, foi un dos temas preferidos de Manuel María, e unha constante na súa obra.O Libro de poemas Terra Cha publicouse en 1954.

Page 3: Canto á Terra Cha. Manuel María

CANTO Á TERRA CHA

 Primeiro poema do libro TERRA CHA 

(aparece na segunda edición) e que resume o contido xeral da temática do poeta sobre 

a súa terra natal e vivencial.

Page 4: Canto á Terra Cha. Manuel María

¡Ouh miña Terra Cha, amada dende lonxe,povoada de ventos e carpazaspor onde o miño pasa caladiñopor non despertar tanto silencioque envolve bruscamente ceo e terra!…..

Page 5: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Terras humildes, ciscadas pola Cha,que non se dan medidas cunha ollada:lévovos no fondo da lembranzaalumando os meus días intre a intre!…..

Page 6: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Terras de Vilalba e de Cospeito;Castro de Rei e Outeiro de Rei,Rábade, Abadín e Pastoriza…!¡Terras peladas e ásperas de Parga;gándaras sen fin de Guitiriz…!.…..

Vilalba A Pastoriza

Page 7: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Serra de San Simón, perto a Vilalba;Montes do Fitoiro, ollando a Lugo;Serra de Meira, chantada pró nacentee Cordal de Ousá, cara a Friol…!…..

San Simón da Costa

Page 8: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..E aló pola Pastoriza e Monsaibános cabalos da grea desbocados,gallopando por min antergos soñosque rexurden de novo, nun repente......

Page 9: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Feirón de Vilalba! ¡Feiras do Castro,Rábade, Moimenta e A do Monte…!Aínda o voso rumor na miña almaresoa cun doce e vello son de muiñeira.…..

Page 10: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Pazo de Sistallo! ¡Torres de Vilalba,A Caldaloba, Taboi e máis Sobrada:facedes garda de honor a inmensidadee velais o misterio e o silencioque envolve como un manto a miña terra!….

Torre de Vilalba

Torre de Cal da Loba

Page 11: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Festa dos Milagres en Saavedra;Santa Sabel de Outeiro de Rei;Nosa Señora do Monte, de Cospeito,raíña da Terra Cha, dos montes sos,cubertos de pucharcas e carpazasque teñen a cor escura da tristura!…..

Saavedra

Santa Sabela

Page 12: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..San Ramón de Vilalba: ¡eres a florde tódalas romaxes do país…!pero a miña romaxe é a máis humilde:a virxe da saleta, en San Xulián,onde o silencio é fondo e se oi o Miñoir co seu paso de boi cara os encorosque deteñen a súa forza poderosacoutándolle o camiño do mar ceibe.…..

San Xulián de MosSan Ramón

Page 13: Canto á Terra Cha. Manuel María

….. ¡Ouh xentileza lanzal da abidueira,branca e esguía como un soño,que na humilde pucharca se reflexa,na linfa transparente dos regatose nos ríos caudales de augas quedasque van durmindo ó mar!…..

Page 14: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Polo invernobaixo o vento xeado do Cantábrico:laias fondamente, almiña en pena.…..

Page 15: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..¡Salgueiros e piñeiros, amieiros cor mele potentes carballos centenariosque loitades co vento brazo a brazo!¡ouh agros de centeo, terras frías,con auga encorada nos madoiros…!”…..

Page 16: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Na Terra Cha todo é puro, elemental.Homes silandeiros que non teñennen sequer palabras para cantare emigran tristeiros e caladoslevando a outras terras o silencioque lles deu a súa terra fatalmente.…..

Page 17: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Na Terra Cha as cousas nada falan:A choiva, cai na terra sen máis nada;o vento que ven do mar pasa ouveandoe o sol abrasa todo sen piedadenos días abafantes do Vrao longo.Máis a beleza grave das chairegas-o seu van xentil como o do vimbioe os seus ollos da cor das avelairas-érguese impresionante en toda a Cha.…..

Page 18: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Nesta terra só os carros do paíslle dan á paisaxe a súa voz agriapara que cante segredo, quedamente,a historia de Lucerna e de Valverde,as dúas cidades malditas, sulagadasno fondo da lagoa de Cospeito……..

Lagoa de Cospeito

Page 19: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..E tamén as campás, co seu acento,que se alonga soidoso polas gándaras,enchen de vaga soidá a nosa alma.(¡Ouh verbas inspiradas de Noriega!¡Versos virxilianos de Aquilino!¡e razós namoradas de Crecenteque case semellades un silencio!).....

Page 20: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Agora eu estou lonxe. E teño Señardásdos berros, case ouveos, das labercas;do rumor do Anllo, do Lea e do Azúmara,do Fabilus, do Ladra e máis do Támoga;do gando que pace polas Brañas,dos oleiros de Bonxe e Silvarrei;dos zoqueiros de Loentia e Formarán;e dos brutamontes, calados e solemnes,que baixan, dende a Corda e San Simónvender os queixos loubados a Vilalbapondo unha nobre gravidade nos feirós. …..

Río Miño

Page 21: Canto á Terra Cha. Manuel María

….. Agora eu estou lonxe. E teño saudadedos camiños anchos como estradasque atravesan os montes soedosos;dos prados de ouro e seda perto os ríos;…..

Río Miño

Page 22: Canto á Terra Cha. Manuel María

….. das falas pausadas dos labregosde Xustás e Gaibor, que recolleitanpatacas por vagós; das mulleresvestidas de mouro que, dende Outono,encerran os capós nas capoeiraspara matalos, ben cebados, no Nadale celebrar como é debido a Noiteboa;…..

Page 23: Canto á Terra Cha. Manuel María

….. das terras centeeiras que produceno pan e a seguridá de todo o ano;dos altos ceos chumbos que ameazan,coas súas nubes escuras como a morte,o desamparo dos povos e dos montes,perdidos na gran inmensidade,orfa e impresionante da planura….....

Page 24: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Agora a Terra Cha é outra Terra.Agora sente o peso dos tractoresE escoita, estantía, como fungan;Como enchen o ar de roucos sons.…..

Page 25: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..A terra, vella e sabia, nada di.Porque esta terra, sempre despoboada,-habitada só de vento e de choivas,Xeadas, xistras e aves frías-Cecáis non comprende cabalmenteA Colonización, tan aireadaUn día e outro día nos xornás… …..

Page 26: Canto á Terra Cha. Manuel María

…..Eu amo a Terra Cha, sempre tan miña.Eu amo a Terra Cha tal como é:¡a súa seiva corre no meu sangueE alúmame, a súa luz, o corazón! 

Monforte de Lemos, agosto, 1964

Page 27: Canto á Terra Cha. Manuel María

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaXaneiro 2015