Domingo Fontán,

17
DOMINGO FONTÁN e a súa CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

Transcript of Domingo Fontán,

DOMINGO FONTÁN e a súa CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

Domingo Fontán, o descoñecido arquitecto

do rostro de Galicia

151 aniversario da súa morte, 200 do comenzo da elaboración da

Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa moderno

feito na Península,O PRIMEIRO RETRATO DA NOSA TERRA

dunha precisión admirable.

Naceu na Porta do Conde, concello de Portas, no 1788. Estivo en Noia, ao pé do seu tío cura que o educou en saberes moidiversos. Conservou toda a vida ese interese polo estudo de cousas tandisímiles como a teoloxía, a matemática, as leis, a lingua francesa, a filosofía, a lingua castellana e todo o referente a Galiza. Fontán foi o retrato calcado dun humanista.

Matriculouse en Filosofía con tan só 12 anos e entrou así na Universidade de Santiago, onde deu clase a partir dos 23, e incorpóraseaos grupos liberais da cidade. Humanista e liberal, implicouse na loitapolítica. Iso tróuxolle serios problemas persoais e profesionais endistintos momentos da súa vida. E iso, tras a chegada do reaccionario rei Fernando VII, conduciuno a el e a outros profesores membros da masonería santiaguesa ante un tribunal universitario acusado de "formar parte del número de los corifeos del Partido Liberal”, é dicir, dos traidores ao Rei. Foi absolto da acusación e conservou a praza de profesor universitario nesa ocasión; anos máis tarde sería novamente sancionado e "purificado".

O SEU MESTRE

Foi discípulo de JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, "o matemático deBermés“ (Lalín). Rodríguez impartira aulas na universidade deGottinga, fixera medicións xeodésicas para a armada británica,ensaiara a triangular o meridiano entre Dunkerke e Barcelona, foraconvidado polo tzar das Rusias para astrónomo e recibira osencargos de levantar o mapa da Península e fixar un novo sistemade pesos e medidas. Tamén recibiu represalias polo seucompromiso coas ideas liberais.

Pódese dicir que a posterior vida pública de Fontán vai ser unhacontinuidade plena da do seu mestre, os mesmos ideais e afáns.Até foi calcando os seus pasos profesionais: gañou a praza decatedrático de Matemáticas Elementais e ao ano seguinte ocupa acátedra de Rodríguez González, "Matemáticas Sublimes".

A SÚA GRAN TAREFA: O MAPA DE GALICIA

Do seu mestre recibiu a súa gran tarefa, levantar a carta deGaliza segundo un método científico, a triangulación xeodésica;o sistema de medición co que xa se deseñara o mapa de Franciahabía tempo e co que se estaban a deseñar os doutros reinoseuropeos. Sen outro respaldo que o da universidade e asachegas dalgúns amigos, o mapa é unha fazaña científicaprácticamente solitaria.

"Levantar a Carta Xeográfica dun reino é emprender unha obraorixinal na súa clase, e en nada parecida aos mapas que diariamentese publican. Non se recorre para iso a datos alleos cuxa exactitude nonestea comprobada; é forzoso adquirilos sobre o terreo, trasladándose ael para debuxalo; elixir as estacións ou vértices dos triángulos que axeito dunha rede han de abarcar toda a súa extensión [...]".

MÉTODO DE TRABALLOUn traballo de tal envergadura que tiña de ser realizado por un só individuoobrigouno a ir pouco e pouco e dun xeito moi doméstico.

-Fixo as primeiras probas nun pombal do pazo de Sobrecarreira, en Sigrás(Cambre), propiedade da familia do seu amigo, o político Antonio Loriga,onde triangulou con dúas pranchetas os accidentes xeográficos que rodeabano lugar.

-En 1817, hai 200 anos, fai a medición astronómica e xeométrica da torreBerenguela. Será o “punto cero” do seu mapa“Atopei a latitude da Torre do Reloxo da Catedral por máis de 144observacións astronómicas da (estrela) Polar, e por outras 200 de Orión e poralturas meridianas do Sol”, anotou Fontán no seu caderno de traballo.

-A partir deste “punto cero” desenvolveu a rede de estacións xeodésicas portoda Galicia, cunha exactitude asombrosa, axudándose do seu teodolito, quehoxe se conserva na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela. Paramedir as distancias empregou o metro, unha distancia que non foi adoptadaoficialmente en España ata 1849. Niso tamén foi un pioneiro.

-A accidentada orografía do país dificultaba en maior medida as triangulacións que debería facer Fontán, pero non se arredou. Foi un complexo traballo que realizou gran parte das veces en solitario, dacabalo ou a pé, e, noutras ocasións coa axuda do seu irmán Andrés, que completaba os datos recollidos por Domingo con medicións barométricas que facía en Noia, ao nivel do mar, e un grupo de estudantes e amigos. Rexistrou os accidentes xeográficos, cumes, chairas, cabos e badías, máis de 3.600 curatos (parroquias) e máis de 10.000 vilas, pobos e aldeas. Debeu coñecer, por tanto, á meirande parte dos galegos vivos naquel momento. A súa sona propagouse pronto polo territorio, e era recibido, segundo conta Murado, “cunha mestura de reverencia e conmiseración, a que lle merecía un sabio que tiña o comportamento dun tolo”.

-As dificultades económicas e técnicas, a convulsión política e as súas outras actividades profesionais estiveron a piques de facer que Fontán renunciase envarias ocasións á súa empresa. Por fin en 1834, entrega formalmente a Carta á raíña rexente María Cristina. "[...]“Aspirando tan só a ser útil a Galicia consagrei a este obxecto os meus aforros, a miña saúde e as miñas tarefas científicas por máis de ducia e media de anos, logrando resultados que saberá apreciar a posteridade cando se sometan á censura pública a Carta Geográfica de este antigo reino e as operacións que lle serviron de base [...]".

- A raíña aprobou unha partida de 160.000 reais para imprimir o mapa de Fontán, aínda que a imposibilidade de realizar os traballos en España debido aos estragos da guerra retrasou o seu inicio. A Carta comezouse a gravar no 1839 en París, nos talleres Bouffard, Aínda había ter dificultades para poder imprimir a Carta coa escala desexada, véndose obrigado a viaxar a Francia para supervisar o traballo. Rematouse seis anos despois, aínda que houbo que agardar ao 1847 para que chegasen a España 500 das 550 copias encargadas polo goberno. O resto chegaron tempo despois. Daquela primeira tirada aínda se conservan exemplares na Real Academia Galega ou no Pazo de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo. Este mapa marca unha nova época na cartografía española caracterizada polo rigor científico e, tamén, pola introdución do sistema métrico decimal.

DESEÑOU AS COMUNICACIÓNSAlén do traballo universitario e das medicións xeodésicas, foi secretario da Deputación Provincial de Galicia en 1820 e cando o Reino foi dividido en catro provincias pasou a ser secretario da Deputación da Coruña.

No 1826 encargóuselle a delimitación municipal e xudicial da Galiza e tres anos despois o trazado de todas as estradas que eran para abrir.

Fontán foi non só quen retratou o territorio do país senón o deseñador das súas comunicacións. Posteriormente, en 1860, trázase a liña do primeiro camiño de ferro entre Santiago e Carril e o enxeñeiro Tomás Rumbal recoñece que é "sacado do excelente mapa de Galicia feito polo distinguido señor Don Domingo Fontán".

UN POLÍTICO LIBERALFoi tamén un político activo, deputado por Pontevedra, por Lugo e porPontevedra novamente, durante as convulsas rexencias de María Cristina eEspartero e o comezo do reinado de Isabel II. A ideoloxía que formou a Fontán,do mesmo xeito que aos seus contemporáneos liberais, aínda non contemplaba aGaliza politicamente, mais o seu coñecemento polo miúdo da situación que vivíao reino deulle unha visión que podemos chamar galeguista. Así, o seu inxentelabor como deputado fíxoo conscientemente desde un "perspectivismo políticogalego".

Cando regresou definitivamente a Galicia probou sorte como empresario cunhafábrica de papel en Lousame, herdada do seu tío crego. Desenvolveu innúmerastarefas, encargas e responsabilidades: Bibliotecario e presidente da SociedadeEconómica de Amigos do País santiaguesa, membro da Societé de Geographie,director do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros eXeógrafos...

Faleceu en 1866 no balneario de Cuntis. Os seus restos xacen no Panteón de Galegos Ilustres desde 1988, xunto a Rosalía, Castelao e as outras figuras que, cada unha ao seu xeito, debuxaron o rostro do país.

FALANDO DO MAPA DE FONTÁN

OTERO PEDRAYO na novela Arredor de si Adrián Solovio, o personaxe en que se retrata a si mesmo Otero Pedrayo na novela Arredor de si, contempla emocionado como o seu tío, a piques de morrer, lle pide que ilumine coa candea o mapa de Fontán para que el poida pasar por última vez a a súa man polos nomes dos lugares amados. E o primeiro paso para que Adrián descubra Galiza no rostro exacto do país.

• Cunqueiro lembra que tropezou con el un día nos corredores do instituto de Lugo: "Foi o meu grande encontro co meu país galego: alí estaba a miña terra, a terra da miña vocación e dos meus días, a terra temporal e a eterna [...]. Alí detívenme a contemplar as comarcas coñecidas [...]“

• E Castelao fala del no Sempre en Galiza,

"para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val [...]. Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán".

• O xornalista e escritor lucense Miguel Anxo Murado rescatou hai anos este persoeiro. Na primeira liña do primeiro capítulo de Outra idea de Galicia(Debate, 2013), Murado xa dá por feito que o nome de Domingo Fontán “non lle dirá gran cousa ao lector”. Pero, como destaca, Fontán é clave para entender o país. El foi o artífice de que Galicia se adiantara en máis dun séculoao resto do Estado español en posuír un mapa científico, un documento con tal precisión que en moitos lugares non se puido igualar ata a aparición das medicións por satélite.

Durante case vinte anos, percorreu palmo a palmo o país para trazar a súa Carta Xeométrica, que serviu de base para o trazado de moitas das posteriores vías de comunicación que artellaron todo o territorio galego.

• Precisamente foi esa primeira liña do librode Murado a que inspirou ao reporteirobrasileiro Vítor Hugo Brandalise, que,despois de indagar na historia de Fontán,decidiu percorrer, ao longo de variosmeses de 2012, os mesmos pasos quedera o matemático 195 anos atrás. O seuproxecto quedou recollido no blog Elprimer rostro de Galicia, e ofrece, coasferramentas multimedia do século XXI,unha detallada reprodución daquelaaventura.

• Marcos Calveiro será o autor da novelabiográfica Fontán (Galaxia, 2015).

CANGAS NO MAPA DE FONTÁN