información para as familias

2
http://biblioramo.blogspot.com Queridos pais/nais: Como prometéramos, aquí está a información que vos queriamos acercar sobre o Proxecto Curricular Integrado que imos desenvolver durante o presente curso. É moi importante que participedes e colaboredes, tanto nesta actividade coma en calquera outra. Iso redundará en beneficio d@s vos@s fill@s, algo que desexamos tanto vós coma nós. Se tedes alguna dúbida, non deixedes de preguntar, sempre estaremos encantad@s de servos útiles e aclarar calquera cuestión que nos presentedes. Aproveitamos tamén para informarvos dalgunhas outras cousas relacionadas coa nosa biblio. facelo como anónimo ou selecionar o nome co que queredes que apareza. No lateral dereito tedes enlaces a lugares que consideramos útiles e que poden ser do voso interese (o catálogo da nosa biblio, en- ciclopedias, dicionarios, mapas, páxinas on- de podedes facer visitas virtuais a museos, correctores ortográficos, … e moitas cousas máis). OUTROS ESPAZOS QUE PODEDES EMPREGAR Na entrada do centro temos unha mesa con libros recomendados. Nestes momentos temos as suxerencias para o Nadal. Ah! Tamén temos que seguir insistindo para que utilicedes o Recuncho dos Pais/ Nais, que é para o voso uso. Por certo, xa montamos o prometido buzón para as vosas suxerencias. Non deixedes de utilizalo!!

description

información para as familias sobre a nosa biblio

Transcript of información para as familias

Page 1: información para as familias

http://biblioramo.blogspot.com

Queridos pais/nais: Como prometéramos, aquí está a

información que vos queriamos acercar

sobre o Proxecto Curricular Integrado que imos desenvolver durante o presente

curso.

É moi importante que participedes e

colaboredes, tanto nesta actividade coma

en calquera outra. Iso redundará en

beneficio d@s vos@s fill@s, algo que

desexamos tanto vós coma nós.

Se tedes alguna dúbida, non deixedes de p re gun ta r , sem pre es ta remos encantad@s de servos útiles e aclarar calquera cuestión que nos presentedes.

Aproveitamos tamén para informarvos dalgunhas outras cousas relacionadas coa nosa biblio.

facelo como anónimo ou selecionar o nome co que queredes que apareza.

No lateral dereito tedes enlaces a lugares que consideramos útiles e que poden ser do voso interese (o catálogo da nosa biblio, en-ciclopedias, dicionarios, mapas, páxinas on-de podedes facer visitas virtuais a museos, correctores ortográficos, … e moitas cousas máis).

OUTROS ESPAZOS QUE PODEDES EMPREGAR

Na entrada do centro temos unha mesa con

libros recomendados. Nestes momentos temos as suxerencias para o Nadal.

Ah! Tamén temos que seguir insistindo

para que utilicedes o Recuncho dos Pais/Nais , que é para o voso uso.

Por certo, xa montamos o

prometido buzón para as vosas suxerencias. Non deixedes de utilizalo!!

Page 2: información para as familias

A NOSA BIBLIO

A nosa biblioteca experimentou un cambio total durante os dous últimos cursos, grazas á axuda da ANPA, do Concello e da nosa participación no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)

As nosas últimas adquisicións do curso pasado, e que xa fomos incorporando, foron os sofás da zona de lectura relaxada de infantil e variado material para a zona multimedia ( lector de DVD, globo terráqueo interactivo, e-book,…)

Queremos animarvos a que visitedes esta biblio de tod@s e así ver todo isto que vos estamos a contar.

A biblioteca está aberta para vós todas as tardes de 16:30 a 18:30 h. Se queredes retirar algún material deberedes facelo os martes de 16:45 a 18:00 h.

O PROXECTO

Eliximos este tema” Oh, la, la, la France! (Que veñen os galos!!!) para facer unha serie de acti-vidades que complementan o traballo que se fai diariamente e que consideramos de moito valor educativo:

• Aumentar os coñecementos d@s nen@s en moi-tas materias non contempladas no currículo esco-lar.

• Investigar e buscar datos en diferentes fontes de informa-ción (enciclopedias, internet, libros especializados, …)

• Escoitar xuntos cada quince días un conto dun autor francés.

• Expoñer ante o público distintos traballos elabora-dos durante o curso sobre o tema (contos, poe-mas, textos informativos, …)

• Inicialos noutro idioma: O francés.

E, por suposto, traballar a expresión oral e escri-ta, espertar o gusto pola cultura, falar en público, aprender a escoitar e moitas cousas máis.

É moi importante para nós e para @s vos@s fill@s que vos impliquedes no Proxecto.

Se tedes algún material que vos pareza que pode ser interesante, se queredes vir a contar algo, se sabedes alguna canción en francés,… Non deixedes de acudir coa vosa aportación!

O NOSO BLOG: biblioramo

Desde mediados do curso 2010/11 temos un blog colgado na Internet. A súa dirección

é http://biblioramo.blogspot.com

Invitámosvos a visitalo de cando en vez, así enterarédesvos das distintas actividades que estamos a facer, recomen-dacións de libros, traballos d@s nen@s, …

É moi doado visitalo e tamén podedes parti-cipar nel cos vosos comentarios.

Queredes saber como se fai?

Aquí vos vai unha pequena explicación sobre o funcionamento do blog e sobre como facer un comentario.

ENLACES

ENTRADA

No corpo central do blog están as entradas a través das cales ímosvos informando do que facemos. Debaixo de cada entrada,

aparece a palabra “comentarios”. Se queredes facer algún, só tedes que picar aí e escribilo no cadriño. Despois, onde

pon “comentar como” podedes optar por