Prazas Xadrez

13
PRAZAS DA NOSA CIDADE PARA XOGAR E CONVIVIR

Transcript of Prazas Xadrez

Page 1: Prazas Xadrez

PRAZAS DA NOSA CIDADEPARA XOGAR E CONVIVIR

Page 2: Prazas Xadrez

Praza da liberdadeUnha das prazas máis novas, cun aparcadoiro debaixo

1ª Praza das Xornadas Xadrez na Rúa, no 2010

Page 3: Prazas Xadrez

PRAZA DA LEÑA

O museo , que se atopa na mesma praza, está instalado en dous pazos levantados a finais do século XVIII: o que dá a rúa Sarmiento, asoportalado e con escudo de armas e con gárgolas nas cornixas e o de Casto Monteagudo, unha gran casa señorial urbana.Para adecuala a Museo fixéronsellealgunhas reformas exteriores como a ponte que une os dous edificios e na fachada principal dúas estatuas que representan a Esperanza e a Fortaleza.

A praza recibe este nome porque nela vendíase a leña para as cociñas. Está rodeada por un conxunto de edificacións populares e no medio da praza atopamos un cruceiro do século XV que posiblemente estivo antes na ponte do Burgo.

Page 4: Prazas Xadrez

Esta praza, como outras de Pontevedra,

tomou o nome do comercio que se

desenvolvía nela ata hai poucos anos.

Hoxe en día os domingos pola mañá

celébrase un mercado de antigüidades.

Os edificios que rodean a praza destacan

polos seus soportais que contan con

locais de tabernas típicas.

PRAZA DA VERDURA

Page 5: Prazas Xadrez

PRAZA DA VERDURADebemos destacar o edificio da Casa

da Luz que recibe o seu nome porque

no ano 1.888 instalouse unha fábrica

de luz, sendo así Pontevedra, das

primeiras cidades de España en contar

cunha fábrica deste tipo.

A fonte que aquí vemos é de ferro.

Existen catro iguais en Pontevedra.

A primeira delas trouxérona de París no

ano 1.887, e as outras tres foron feitas

nos talleres vigueses de Sanxurxo

Badía. Sacaron o molde da que

trouxeran pero os floróns que a

rematan son obra do arquitecto

Sesmeros.

Page 6: Prazas Xadrez

PRAZA DA FERRERÍA

Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada .

A Ferrería é sen dubida unha das prazas máis típicas, visitadas e queridas da cidade e o centro neurálxico da vida pontevedresa. Recibe o seu nombre das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente subministraban metal aos demais gremios da cidade.

Page 7: Prazas Xadrez

PRAZA DA FERRERÍA

Atópase rodeada de tradicionais terrazas especialmente concorridas durante o verán, que permiten gozar dos variados edificios que conforman este irregular espazo con casas de carácter popular e outras de corte modernista que lle dan un especial perfil.

Page 8: Prazas Xadrez

Todo este conxunto encóntrase presidido pola presenza de dous edificios relixiosos: San Francisco e o Santuario da Peregrina, así como por unha serie de edificacións de pedra, algunhas con soportais dunha grande harmonía.

PRAZA DA FERRERÍA

Page 9: Prazas Xadrez

A Peregrina é unha das prazas máis significativas da cidade de Pontevedra, tanto pola súa céntrica situación como por albergar a igrexa da Peregrina, o templo principal da cidade xa que esa virxe é a súa patroa.

Conecta a zona nova co casco antigo da cidade e é un dos puntos máis frecuentados polos pontevedreses e considerado por eles como o corazón da cidade, lugar de camiño, lecer e de celebracións.

É un espazo bastante amplo xa que enlaza coa praza Ourense, a da Ferrería e os jardins de Casto San Pedro.

Praza da Peregrina

Page 10: Prazas Xadrez

PRAZA DO TEUCRO

Esta praza está rodeada por casas dos séculos XVII e XVIII, o Pazo de San Román e o Pazo do Marqués de Aranda, onde podemos atopar algúns escudos nas súas fachadas. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas máis importantes para tomar tapas ou para ir de viños. O máis curioso do lugar son as preciosas casas que a rodean e os marabillosos soportais que lle dan ao lugar un encanto especial.

Page 11: Prazas Xadrez

PRAZA DA PEDREIRA

Nome derivado das actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteros da cidade. Antigamente coñecida como praza da Herba,  é un lugar inundado de tempos pasados no que atopamos o precioso Pazo de Mugartegui construído durante os séculos XVII y XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, O Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias importantes galegas e, rematando a construción, un magnífico exemplar dun reloxo de sol. Hoxe en día é a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Viños Rías Baixas e nel realízanse algunhas bodas civis oficiadas polo Alcalde.

Page 12: Prazas Xadrez

Antigamente coñecida como a Praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba. No gran casarón dos Cruz e Montenegro construída no século XV, viviu o afamado contralmirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla do Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas reunións de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán. Actualmente na praza establécese unha estatua en honor ao escritor de Vilanova de Arousa.

Praza de Méndez Núñez

Page 13: Prazas Xadrez

PRAZA DE ESPAÑA

Tamén coñecida como praza do concello porque é ali onde está ubicada a casa do concello. Este edificio foi construido entre 1877 e1890 sobre os restos das antigas casas dos concellos dos séculos XV-XVI é obra do arquitecto Alejandro R. Sesmeros.

Tamén podemos admirar no mesmo entorno desta praza o monumento aos heroes de Ponte Sampaio levantado no ano 1911 polo escultor González Pola logo duna subscrición popular, a fin de conmemorar a vitoria dos galegos contra as tropas de Napoleón.