Terra Cha 37

16
Ano X • Nº 37 • Xuño Difusión Gratuita Informativo A Terra Chá www.terrachanaturalmente.com Concello de A Pastoriza Páxina 2 Concello de Cospeito Páxina 10 Concello de Begonte Páxinas 4 e 5 Concello de Muras Páxina 14 Concello de Abadín Páxina 3 Concello de Guitiriz Páxinas 11 e 12 Concello de Castro de Rei Páxinas 6 e 7 Concello de Vilalba Páxinas 12 e 13 Concello de Xermade Páxinas 13, 14 e 15 Renovación Parque Infantil del Área Recreativa de A Magdalena

description

Periodico comarcal de Terra Cha

Transcript of Terra Cha 37

Page 1: Terra Cha 37

Ano X • Nº 37 • XuñoDifusión Gratuita

Informativo A Terra Cháwww.terrachanaturalmente.com

Concello deA Pastoriza

Páxina 2

Concello deCospeito

Páxina 10

Concello deBegonte

Páxinas 4 e 5

Concello deMuras

Páxina 14

Concello deAbadín

Páxina 3

Concello deGuitiriz

Páxinas 11 e 12

Concello deCastro de Rei

Páxinas 6 e 7

Concello deVilalba

Páxinas 12 e 13

Concello deXermade

Páxinas 13, 14 e 15

RenovaciónParque Infantildel Área Recreativade A Magdalena

Page 2: Terra Cha 37

EDITA: Fundación Comarcal Terra Chá • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 Vilalba • Tlf y Fax: 982 51 23 69 // Coeditan: Aytos. integrantes de la comarca de Terra Chá // Coordinación Editorial: Francisco Javier Rodrigo JaureguizarDeseño, Maquetación e Publicidade: “uve&uve comunicacion”, maquetació[email protected] • Imprime: Norprensa (Lugo) • Deposito legal: LU-391-01

Nota: Los editores no se hacen responsables de las opiniones vertidas en esta publicación

El informativo Terra Chá ¡Natural... mente! desexa agradecerlle a todos os colaboradores e distribuidores a súa inestimable aportación no mantemento e difusión desta publicación.

A PASTORIZA: Casa do Concello, Cafet. Bretema, Apto. Campo da Cruz, Taberna O Cruceiro. ABADÍN: Casa do Concello, Restaurante Niza.

BEGONTE: Casa do Concello, Café Bar Guerrero, Café bar O Galego. CASTRO DE REI: Casa do Concello; (Castro Riberas de Lea): Restaurante Tojo, Bar Chus,

Cafetería Mariva, Restaurante Suso. COSPEITO: Casa do Concello, Casa da Cultura, Mesón de Verial, Bar Bautista, Mesón Beira Miño, Casa Condiño, Lugar de Vila;

(Muimenta): Casa de Cultura, Bar tino. GUITIRIZ: Casa do Concello, Hotel “Mesón da Cabra”, Parrilla Merendero, Restaurante La Casilla, Bar Flamingo, Cafet.

Strauss Centro, Balneario de Guitiriz, Panadería La Esquina, Bar A Revolta. MURAS: Casa do Concello, Bar A Volta. VILALBA: Casa do Concello, Pa-

rador Nacional, Hostal Terra Chá, Hotel Villamartin, Mesón Os Pios, Mesón do Campo, Restaurante Montero, Multimedia Taraxal, Cafetería Vivaldi, Hotel Spa Husa, Rst. Casa Seijo, Cervecería O

Currás, Cervecería Stama, Café Xalundes, Restaurante O Bosque. XERMADE: Casa do Concello, Café Bar Pita, Parque Eólico Sotavento

José Ángel García Fernández (Gerente); Oficina Comarcal de Xunta de Galicia • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 • VILALBA (LUGO) • TELÉFONO: 982 512 369 • FAX: 982 512 369 • E-MAIL: [email protected]

Cualquier ocasión es buena para acercarse a las llanuras chairegas del municipio de A Pastoriza: fiestas patronales, acontecimientos festivo lúdicos de carácter etnográfico como la

“Rapa das bestas do Campo de Oso”. El apar-tado gastronómico es otro de los reclamos que pueden presentársele al visitante. De todos es sabido que la Comarca chairega es rica en

viandas: derivados del cerdo, quesos y exquisi-ta repostería.La artesanía tiene en Bretoña un punto de re-ferencia importante; ya que la asociación de

amas de casa potencia y rememora la antigua tradición de las “fiandeiras”, hilanderas que la-vaban, cardaban, teñían e hilaban la lana para confeccionar su propia ropa.

Concello de A Pastoriza

Page 3: Terra Cha 37

3Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

O obradoiro de emprego promovido polo Concello de Abadín denominado “Abadín no Camiño”, e financiado pola Xunta de Gali-cia, permite que 25 persoas do municipio reciban formación específica en albanelería ao tempo que dispoñen dun traballo remu-nerado durante doce meses. Esta iniciativa de promoción do emprego, que iniciou o pa-sado 31 de decembro, permitirá igualmen-te que se rehabiliten elementos e entornos parroquiais de indubidable valor patrimonial do municipio como fontes e prazas, entre outros moitos atractivos.

Concello de Abadín

Obradoiros de emprego

Page 4: Terra Cha 37

4 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Begonte

O día 24 de Maio celébrase a festividade da Virxe dos Milagres de Saavedra, se ben as celebra-cións durarán desde o 22 de Maio ata o 29 do mesmo mes. Terá lugar no Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, no Concello de Begonte (Lugo).

O Concello de Begonte organiza unha excursión que levará aos integrantes das Escolas Deporti-vas Municipais ao Parque Acuático deCerceda o Sábado 25 de Xuño.Si desexas asistir a esta excursión, debes con-firmar a túa asistencia firmando a autorización, tendo en conta que o últimodía para entregala é o Martes 22 de Xuño.Requisitos para poder acudir a esta excursión:

• Nen@s nados nos anos: 04/03/02/01/00/99/98/97/96/95

• Nen@s nados con posterioridade ao ano 2004 deberán ir acompañados dun adulto, sempre e cando queden prazas libres (poñer-se en contacto co coordinador)

• Entregar a autorización tendo como data límite a establecida.

• Obrigatorio saber nadar.

›› Actividades do trimestre

Carretera N VI Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, Begonte (Lugo)Begonte

Milagros de Saavedra, o 24 de Maio

Excursión o Parque Acuático de Cerceda

Localización da Igrexa de Saavedra

Carretera LU 641 (Lugo - Ferrol)

Autovía A 6

Page 5: Terra Cha 37

5Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Dentro do proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, no concello de Begon-te tiveron lugar as seguintes actuacións:

• O grupo de teatro Axóuxeres presen-tou a súa obra Farsa á escocesa e matrimonio secúlo XXI, o día 14 de mai, na Casa da Cultura de Begonte.

• O grupo de teatro Novaescena pre-sentara a obra O Inspector o día 12 de xuño, na Casa da Cultura de Be-gonte.

Ademáis o Concello de Begonte participa no programa Camiños da Cul-tura 2011 da Xunta de Galicia, no que reali-zaranse d ú a s ac-

tuacións:• O grupo teatral DANTHEA, presentara

o seú espectáculo de monicreques, Carapuchiña Vermella ou o Conto do Lobo, dirixido para os máis pequenos da casa, o día 9 de xullo as 20h na Praza Irmáns Souto Montenegro, o lado da Casa do Concello.

• E o mago Cayetano Lledó, presenta o seu es- pectá-cu lo d e

max ia o día

20 de a g o s t o

as 20h, na Casa da

Cultura de Begonte, dirixi-

do para tódolos públicos.

O Bosque Sagrado de Lugo e unha agrupa-ción integrada pola fundación nacional Ciu-dadano Verde, que nace co obxectivo de re-cuperar e promocionar conxuntos rupestres que se encontraron en Begonte e Outeiro de Rei, concellos que colaboran, ademáis da Asociación de Amigos do Camiño de Santia-go e a Asociación Cultural Penas de Rodas.Neste entorno encontrouse un Petroglifo nunha finca particular na parroquia de Do-nalbai (Begonte), considerado como o máis importante que se conserva preto de Lugo aseguran os arqueólogos, cunhas dimen-sións duns 20 metros de largo por 10 de ancho, que conteñen distintos grabados en pedra.A Xunta de Galicia, en breve escaneara este petroglifo semioculto ata o de agora pola vexetación.Según as palabras do arquitecto especialis-ta en Proxectos, Historia e Urbanismo Carlos Sánchez – Montaña, o trazo do petroglifo, cunha serie de círculos concéntricos atra-vesados por unha línea recta, servíu anos máis tarde para ordenar todos o territorio, explicou que pódese trazar un total de 14 igresias asociadas a destacados restos ru-pestres.Este lugar e denominado O bosque sagra-do de Lugo, xa que é unha zona de gran

tradición en mámoas e en-terramentos sagrados, como e o caso do conde de Mon-terroso, membro da corte de Felipe II, que foi enterrado no lugar de Ximarás (Begonte) no século XV.Petroglifo encontrado en Donalbai (Begonte). Foto: El ProgresoCon este motivo organízase a II Xornada O Bosque Sa-grado, un día especial para o reencontro entre home, na-tureza e espíritu. 21 de xuño de 2011, Casa da Cultura de

Begonte, ca seguinte programación:

10:00h. a 10:10h. Inauguración José Ulla Rocha, Alcalde de Be-gonte, José Pardo Lom-bao, Alcalde de Outeiro de Rei e Xulio Xiz

10:10h. a 11:00h. Presentación da Ruta do Círculo de Donalbai Carlos Sánchez-Monta-ña Ángel Trabada

11:00h. a 11:50h. As arcaicas sacraliza-cións da pedra na sim-boloxía románica Xosé Lois García

11:50h. a 12:00h. Pausa café12:00h. a 13:00h. O “Locus Amoenus”, o

paraíso perdido en Ga-liza Felipe-Senén López

13:30h. a 14:30h. Almorzo15:00h. a 20:00h. Inauguración da Ruta

Percorrido do tramo Ca-rral-Penas de Rodas

20:00h. a 21:00h. Benvida ao solsticio de verán en Penas de Rodas

21:30h. a 22:30h. Concerto acústico de Doa Presentación de novo disco Disco A fron-da dos cervo.

O día 13 de maio, celebrouse no Concello de Begonte o Día do Deporte, que puideron disfrutar os alumnos/as das Escolas Deportivas Municipais, dende as 17h30 ata as 20h, no Pavillón Polideportivo Municipal de Baamonde.Planificaronse as seguintes actividades:

• 17:30 recepción participantes e reparto polas diferentes actividades• 17:45 1º parte activiades:

TaekwondoPilatesPatinaxeInstrumentosZona de Ocio

• 18:45 2º parte activiades:AerobicDanzaFútbol SalaZona de Ocio

19:45 Entrega da Revista Oficial das Escolas Deportivas Municipais.20:00 Foto Oficial EDM Begonte, peche e despedida

O Bosque Sagrado de Lugo Actuacións artísticas e teatrais no Concello de Begonte

Dende o concello de Begonte estase a or-ganizar, para o vindeiro 1 de xullo, unha nova edición da Festa da Terceira Idade, un día de encontro de tódolos maiores do noso concello, no que poderán participar os/as pensionistas maiores ou menores de 65 anos e os acompañantes que así o desexen.O programa dos actos deste día será o seguinte:

13:00 hras.: Misa na Igrexa parro-quial de San Pedro de Begonte14:00 hras.: Xantar no Pavillón Po-lideportivo do Colexio de Begonte15:30 hras.: Actuación musical19:30 hras.: Peche dos actos

Para todas aquelas persoas que o des-exen haberá autobuses que pasarán a recollelos polas parroquias e logo os le-varán de regreso

Festa de Terceira Idade

Día do Deporte

Page 6: Terra Cha 37

6 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Castro de Rei

Mario Saaqvedra Pérez, concelleiro de de-portes, educación, cultura, considera que as actividades deportivas desempeñan fun-cións que poden servir de apoio para me-llorar a calidade de vida do noso contorno, creando ámbitos de actuación nos que re-percute o deporte para que nos axude a es-truturar as liñas de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.O deporte como hábito de saúde ven dado pola práctica deportiva que debe ir acom-pañado con sistemas de control sanitario e unha supervisión de monitores con coñe-cemento sobre o desenvolvemento de cada especialidade deportiva. O deporte ten que ser un fenóme social onde o valor non está só na comunicación senón nun modelo de exemplo dos grandes ídolos para os nenos e nenas do noso Concello fa-vorecendo e extensión de comportamentos exemplarizantes. Eiquí ten que estar a familia de cada neno ou nena apoiando o deporte como formación e non como competición. Gañar non vale nada se perdemos un amigo.

No podemos esquecer o deporte como instrumento educativo. O aprendizaxe en equipo e o esforzo personal son os valores internos de calquera sistema educativo. A violencia, o non saber perder, non saber competir, teranse en conta como medida de prevención.Outro dos eidos da dimensión do deporte é o ocio entendido como ferramenta de entre-temento acompañando a actividade diaria das personas que fomentan a súa creativi-dade con diferentes formas de pasalo ben e ó mesmo tempo cubrir aqueles espazos adicados ó lecer.Podemos falar e falar de moitas outras di-mensións do deporte mais nunca debemos de esquecer a dimensión familiar onde os país, nais, avós e avoas teñen que estar ó carón dos nosos nenos e nenas na práctica do deporte. O fomento do deporte neste senso crea unha socialización aproveitando as infraes-tructuras deportivas municipais cada día. Practica o deporte como fonte de vida.

O deporte como fonte de vida

Visita ao mercado gandeiro co galo do foro dos mercados

Nova equipación deportiva en Castro de rei

Entrega de trofeos en Castro

Subcampeóns de Xadrez Provincial

Subcampeón de Fútbol Sala. Torneo de Copa

Page 7: Terra Cha 37

7Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Moitas veces escoitamos, comenta Mario Saave-dra Pérez, profesor e investigador do eido cultu-ral, (Proxecto Carboeira) e autor de varios libros que debaixo da terra está agochada a mellor His-toria. En tódolos pobos, Castro de Rei non ía ser menos, dícise que hai un libro enterrado agar-dando o momento de ver a man bondadosa da xente para ser paxinado. Os cruceiros creadores da paisaxe diferente son parte dun patrimonio no que está presente o pensar, a forma de vida, os atrancos, as promesas, as devocións, dos nosos devanceiros. Estas personas foron os creado-res dunha cultura, aínda non esquecida, e que cada quen ten que mellorar, coidar e protexer. Os tempos pasan e as personas deixan o andar nun recuncho do seu lar. A vida terrenal, o máis aló, os agradecementos, os favores, os desenganos, son un anaco en cada cruz.Sabemos perfectamente que detrás de cada cruceiro hai una historia vencellada a algún acontecemento triste e outras veces ligada a unha fonda devoción, promesa, ofrecemento, voto, devoción, Moitos destes aspectos, desta vida interior dos cruceiros, aparecen nas inscri-cións e lendas de moitos deles. Se non somos

capaces de transmitir esta intrahistoria ás no-vas xeracións, o seu papel simbólico e o seu significado acabará por perderse no sono do tempo. Por moitas razóns é convinte ir recollen-do aquela pequena Historia, decir, lenda, que nos reflicten unha mentalidade, un modo de vivir, a maneira de ver a morte, moi peculiares en determinados eidos do paso do tempo como reloxio de cada quen. A Historia de cada pobo ímola escribindo coa pluma do tempo cada día que pasa e, entre cada liña está o noso pensa-mento como exemplo para os demáis.En Castro de Rei, ne eido dos cruceiros, ve-mos a man duns grandes canteiros afincados na Terra Cha como foron os canteiros de Ro-mán, concretamente da familia dos Carboeiras e outros de Parga e da propio Concello. As mans destes canteiros espallaron pola nosas parroquias os cruceiros, cristos, cruces e pe-tos de ánimas e concretamente os de Villamel, Pontenova, Vilar, Caínzada, Beloi, Caparis, A Torre, Castro, Cornide, Carril, Ribeiras de Lea, Cruceiro do Hospital, directa ou indirectamente saídos dos seus obradoiros; xa que eles eran os verdadeiros mestres da pedra.

Dentro do eido educativo e de formación o Concello de Castro de Rei, a concellería de Educación ó fronte da que está Mario Sa-avedra, segue coa oferta ós nenos e nenas do Concello e, por suposto, ás familias co Programa de Aulas Abertas que se iniciou no mes de maio de 2011. Esta actividade desenrólase nos colexios Ramón Falcón, Veleiro Docampo e IESS de Castro como unha nova tempada de aulas abertas. Nesta nova tempada figuran na progra-mación un apoio á mellora das habilidades comunicativas con inglés para todos e to-das facendo fincapé na conversa para os niveis de Educación Infantil, Primaria, Eso e familias. Por outra banda destaca o reforzo da aprendizaxe a través das tecnoloxías da información e comunicación onde se poden adquirir competencias nas áreas instrumentais como son as Matemáticas na

REDE, resolución de conflictos,e animación á lectura.Tamén teñen presenza neste Programa as técnicas de estudio interactivo para o terceiro ciclo de Educación Primaria, Eso e familias; e as competencias sociais e ci-dadás no eido da Informática e internet en varios niveis para Primaria, Eso e fami-lias con contidos educativos de creación de ”Webquest, miniquest e hot potatoes”.Non deixamos no esquecemento as Redes de apoio á orientación educativa consi-derando ás familias como axente do reforzó educativo (escola de país e nais- Familias), as habilidades de relación e interación social con programas específicos (Coñécete, Enrédate, Sácate partido, Facebook…) e finalmente o tratamento do absentismo e abandono es-colar con protocolos de actuación dirixido ós mozos e mozas e familias do noso alumnado.

PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS

ACTIVIDADES DATAS INSTALACIÓNS PROGRAMA

Natación xulloagosto

Piscina Municipal cursos nataciónkayakinchables...

Campus Fútbol Sala 27 xuño1 xullo

Pavillón Municipal adestramentoscharlasxogos...

Campamento Verán xullo Teleclub Castro de Rei excursiónstelleressendeirismoanimación...

Torneos xulloagosto

Pistas Polideportivas baloncestofútbol salatenis

Xogos Populares xullo Campos Bolos de Pacios boloschaveferrón...

Día do Neno 19 xuño Castro Ribeiras do lea xogosinchablesanimación...

Sendeirismo xullo Rutas Castro de Rei azúmaracruceiros

Ximnasiamantemento

xuñoagosto

Pavillón MunicipalTeleclub de BazarPonte de Outeiro

bailemovilidade art.estiramentoscontrolposturalfortalecemento...

Lecer e baño xulloagosto

Castro de Rei control zona de baño

Actividades puntuais Castro - Castro de Rei programación

Historia de Castro de Rei. Pasado, presente e futuro. As Cruces.

Aulas Abertas:Unha axuda ós nenos/as e familias

Page 8: Terra Cha 37

8 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

56

7

8

9

1 2

���������������

�������������������

�����������������

��������� ���������

���������������

����������������

�������������������

������������������

��� � ����������� � � � � � � �   ��­��

57

21

3

9

6

Page 9: Terra Cha 37

9Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

3

4

���������������

�������������������

�����������������

��������� ���������

���������������

����������������

�������������������

������������������

��� � ����������� � � � � � � �   ��­��

9

84

Page 10: Terra Cha 37

10 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Cospeito

As Festas en CospeitoEn Cospeito ten lugar unha serie de festas, entre as que se pode destacar:• Festa da Filloa de Muimenta, cele-

brada o 1 de maio.• Romaría de San Paio dos Redos,

celebrada na parroquia de Sistallo sobre o 10 de xullo de cada ano.

• Festa da Muller, na parroquia de Xustás, sobre mediados do mes de Agosto.

• Festa do Veciño de Bexán, no mes de abril.

• Festa do Río, celebrada en Muimen-ta o 1º fin de semana de setembro.

• Festa do Lume novo de Sisoi.• En cada parroquia do Concello ce-

lébrase ademáis unha ou varias festas ó longo do ano

Lugares a visitarAntenasNas localidades de Arneiro e Mo-mán (Cospeito) existen unhas ruinas militares de gran atractivo turístico. Trátase de 3 altas antenas entre as que media a mesma distancia. Xunto á antena central (Arneiro) atópase a estación de control e edificios que se adicaban á vivenda.

MuiñosÓ longo das parroquias que compo-ñen o noso Concello existen unha gran variedade de muiños, que son reflexo da nosa cultura. Estes muiños acadaron no pasado un importante protagonismo, situados no curso prá-cido e tranquilo dos ríos, curso dela-tado por un horizonte prolongado de praderías, carballeiras e fragas.• Os máis importantes destes muiños

son:• O muiño do Castro en Sistallo,

muiño do Bao en Cospeito, muiño de Ribeiroa en Vilapene, muiño de San Roque en Arcillá, muiño de Tá-moga, muiño de Riba da Insua en Roás, muiño de Cerracín en Xermar, muiño da Pesqueira en Xustás, os muiños de Frouseiro, Peteira, Gui-sande e Villagal en Goá, Pino conta con 6 muiños: o muiño de Salgado ou de Reás, o de Teixido, o de Fa-rruco, o de Fulieiro, o de Adrián e o da Casiña

GastronomíaNo Concello de Cospeito, ó igual que no resto dos Concellos chairegos

existe unha variada e rica gastrono-mía, contando cuns platos típicos ga-legos elaborados de forma exquisita polos distintos restaurantes e casas de comidas da nosa localidade.Promovidas dende o propio concello, contamos con diversas degustacións de productos típicos, como sucede coa degustación na época da matan-za, de productos do porco, coincidin-do coa famosa feira do porco da ceba. Pero tamén temos a degustación da filloa na festa da Filloa de Muimenta, ou a posiblidade de saborear o pulpo á feira en calquera das feiras que se celebran en Cospeito.Estas exquisiteces para o paladar pó-dense degustar nos restaurantes da comarca.

RutasNunha visita ó Concello de Cospeito pódense elexir numerosas rutas para gozar das súas magníficas fermosu-ras, entre estas rutas destacan:Visita á Lagoa de Cospeito: Entorno a este maravilloso humedal existe unha ruta de sendeirismo que tanto se pode realizar a pé ou en bicicleta, e na que se poden facer diversas pa-radas para observar as aves da Lagoa nos miradores que se atopan ó seu arredor. No caso de querer interesar-se en información sobre estas aves pódece facer unha parada no Centro de Interpretación no que o concello ten un guía municipal especializado nesta información. Se a ruta se que-re facer de forma máis longa póde-se partir dende a Feira do Monte por un camiño empedreado que nos leva directamente ata o Centro de Inter-pretación. Visita ás maravillas arqui-tectónicas do noso Concello: Pódese partir dende a Torre de Caldaloba, sita na parroquia de Pino, parte conser-vada dunha antiga fortaleza medieval. Accédese a ela por unha ruta de sen-deirismo a pé.Tras observar este castelo, a pou-cos metros temos enfrente o Pazo de Caldaloba, un pazo espectacular cunha capela fundada en 1685 por D. Rodrigo Montenegro, actualmente en propiedade particular. Estas dúas construccións distan moi poucos me-tros da estrada que une Rábade con Vilalba. Nesta visita arquitectónica cómpre facer un alto ante o Pazo de Sista-

llo, construído polo arquitecto Salero Meizo, por encargo de Fernando Ver-des de Montenegro, fillo do Cabalei-ro Irlandés O ´Shea.Ten uns xardíns cunha beleza impresionante, está na estrada de Cospeito a Vilalba, a uns 3 quilómetro do Pazo de Caldaloba. Pero neste recorrido tamén se poden visitar outros pazos existentes no noso Concello e de gran importancia como son os pazos de Barreira e Pu-mares.Observase polo tanto como nun espa-zo de poucos quilómetros temos unha gran variedade de xoias arquitectóni-cas para visitar.Visita á arquitectura relixiosa: En tó-dalas parroquias do noso Concello se conta cunhas igrexas que datan dun-ha época pasada, cunhas estructuras espectaculares.Así pódese facer un percorrido polas distintas igrexas que datan de séculos como o s. XV, XI, XII, …, así como as grandiosas cruces feitas en cantería que locen nalgúns cemiterios como por exemplo o de Seixas. Visita ós muiños: En Cospeito atopamos unha serie de muiños ó longo de tódalas parroquias. Así en parroquias como Pino existen unha gran variedade de muiños, algúns deles nun estado de conservación moi bo. Pois ben unha ruta interesante e bonita para facer en bici pode ser un percorrido polos distintos muiños a través dos sendei-ros que levan a eles.Ruta do Río Támoga: Esta ruta ten unha lonxitude aproximada duns 17 quilómetros, e parte dun entorno na-tural excepcional como é a Lagoa de Cospeito, discurrindo por camiños existentes próximos ós marxes do río, que forman parte da rede de ca-miños do Concello de Cospeito. Esta ruta atópase en fase de recuperación, para facilitar o tránsito peatonal, para o que xa existen obras adxudicadas. Esta ruta pasará polo núcleo de Tá-moga e introdúcese no concello de Begonte por camiños existentes no marxe dereito dos ríos Támoga e Miño, ata chegar á illa de San Roque onde concluiría a actuación de recu-peración. Ó longo desta ruta pódese observar a beleza de gran cantidade de caneiros, muiños e fontes; ruta que remata na desembocadura do Támoga no Miño, uníndose á Ruta do Miño.

Coñece Cospeito

Page 11: Terra Cha 37

11Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

INSCRICIÓNS: 2€ o que teña Chips e 3€ que non teña Chips.Categorías Mini, Benxamín, Alevin, Infantil: GRATIS.As inscricións escolares (Mini,Benxamín, Alevin, e infantil) faranse no Concello de Guitiriz, ben de forma presencial ou por Fax: 982-372-178 ou mail: [email protected] As outras inscri-cións faranse a través de Championchip no mail www.championchipnorte.com.A Data Límite das inscricións será o xoves 23/06/2011, non se admitirán o propio día da carreira. Farase constar o seguinte: Nome, Apelidos, NIF, Data de Nacemento, Procedencia, club, e farase o pagamento a través de Web.A proba de adultos estará controlada o largo de todo o recorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor que non sexa propietario e logo terá que devolvelo e que se colocará nas zapatillas. Todos aqueles corredores que no sexan propietarios teñen que devolver o chip ou non entrarán na clasificación final nin nos premios ou sorteos.Todo corredor de calquera proba que non entre na liña de meta co dorsal ben visible no peito para a súa identificación, comen-ta algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización ou algún dos seus membros será auto-maticamente descalificado. Os recorridos

estarán convenientemente indicados, con-trolados e sinalizados.A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico o largo do perco-rrido.O Concello de Guitiriz non se fai responsa-ble dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso. Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes.A organización reservase o dereito a mo-dificar este regulamento se as circunstan-cias así o aconsellan (informando opor-tunamente), e non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo decisións inapelables. A partici-pación con leva a total aceptación deste regulamento.Hai un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes para os partici-pantes, e unha ambulancia para o recorri-do. Haberá bebida e agasallos para todos. Sortearase unha estancia no Balneario de Guitiriz para dúas persoas (farase o sorteo polos números dos dorsais). So se entre-gará o que estea presente o final da entre-ga de premios.

Regulamento xeral:Día: 25 de xuño de 2011.Lugar: Guitiriz (Lugo).Saída e Meta: Campo da Feira.Entrega de Dorsais e Chips: 18:00 h.Carreira Mini:19:00 h.Carreira Benxamín: 19:15 h.Carreira Alevin: 19:30 h.Carreira Infantil:19:45 hCarreira Xeral: 20:00 h.Entrega de Premios: 21:00 h. Aproximadamente.Categorías / ano distancias.Mini (2004/05): 400m.Benxamín (2004/03/02): 800 m.Alevín (2001/00/99): 800 m.Infantil (1998/97): 2 Km.Cadete (1996/95): 5.5 km.Xuvenil (1994/90): 5.5 km.Junior (1989/85): 5.5 Km.Promesas (1984/1980): 5.5 Km.Senior 32-40 anos: 5.5 km.Veteranos 1. 41-50 años: 5.5 km.Veteranos 2. 51-60 anos: 5.5 Km.Superveteranos 61 anos e máis: 5.5 Km.Organiza: Concello de Guitiriz. Colaboran: Coca-Cola, Diputación de Lugo Área de De Deportes, Hotel Balneario de Guitiriz, Asogal, Champion Chip, Protección Civil, Policía Local, Grumir, Voluntarios.Carreira xeral absoluta. Para ambas categoría masculina e feminina.1º Premio: Estancia en el Balneario +200€.2º Premio: Estancia en el Balneario +100€.3º Premio: Trofeo +75€.4º Premio: Trofeo + 50€.5º Premio:Trofeo +25€1º Premio de Guitiriz: 50€.

CATEGORIA MINI 06/05CATEGORÍA BENXAMIN 04/03/02CATEGORÍA ALEVÍN 2001/00/99CATEGORÍA INFANTIL 1998/97CATEGORÍA CADETE 1996/95

MASCULINO FEMENINO

1º Trofeo 1º Trofeo

2º Medalla 2º Medalla

3º Medalla 3º Medalla

1º de Guitiriz -Medalla

1º de Guitiriz -Medalla

CATEGORÍA XUVENIL 1994/90CATEGORÍA JUNIOR 89/85

MASCULINO FEMENINO

1º Trofeo 1º Trofeo

2º Trofeo 2º Trofeo

3º Trofeo 3º Trofeo

1º de Guitiriz -Medalla

1º de Guitiriz -Medalla

CATEGORÍA PROMESAS 84/80CATEGORÍA SENIOR 32-40 AÑOS

MASCULINO FEMENINO

1º Trofeo 1º Trofeo

2º Trofeo 2º Trofeo

3º Trofeo 3º Trofeo

1º de Guitiriz - Trofeo 1º de Guitiriz - Trofeo

CATEGORÍA VETERÁNS 1. 41-50 ANOS.CATEGORÍA VETERÁNS 2. 51-60 ANOSCATEGORIA SUPERVETERANS DE 61 ANOS E MAIS

MASCULINO FEMENINO

1º Trofeo +Circuito termal

1º Trofeo +Circuito termal

2º Trofeo 2º Trofeo

3º Trofeo 3º Trofeo

1º de Guitiriz - Trofeo 1º de Guitiriz - Trofeo

Concello de Guitiriz

“VI Carreira Popular Guitiriz Termal” 25 de xuño

Page 12: Terra Cha 37

12 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Vilalba

El Concello de Vilalba renovará por com-pleto los juegos del parque infantil del área recreativa A Magdalena. Esta obra tendrá un coste de 20.477,13€ y será sufragada en su totalidad con fondos municipales. Esta área de juegos estará orientada a niños y niñas de 2 a 14 años y contará con diversos elementos en los que po-drán jugar de forma simultánea hasta 29 niños y niñas, como son:

1 columpio cesta2 columpios normales2 toboganes1 muelle cuádruple y otro simple3 torres-casa con diferentes

juegos y unidas por 1 túnel y 1 puente

4 trepas1 red pequeña

Las obras de renovación de este parque estarán finalizadas antes de que acabe el presente mes de junio por lo que se podrá disfrutar de los nuevos juegos du-rante toda la temporada de verano.Este es el quinto parque infantil que se renueva y se adapta a la normativa vi-gente desde que se acometiera la obra de mejora de los parques de la plaza de la constitución y de la alameda allá por el mes de septiembre de 2.008. En marzo de 2.010 se construyó el parque infantil que hay frente a la guardería y en mayo de ese mismo año se reformó por completo la zona infantil del parque del antiguo cementerio.En estos 3 años escasos se invirtieron un total de 125.000€ de los presupues-tos municipales y, cuando se finalice la obra de la magdalena Vilalba conta-rá con 2.000 m2 de parques infantiles perfectamente equipados y adaptados.

Parque infantil del área recreativa A Magdalena 

O Concello de Guitiriz xunto a Asociación Galega de Investigadores da Auga, a So-ciedade Galega de Agricultura Ecolóxica e a Asociación Galega de Investigadores para o Desenvolvemento Rural constitúen o Obser-vatorio Chairego da Auga (OcA) coa finalida-de de promover o coñecemento mutuo e as relación dos diferentes axentes sociais im-plicados na xestión e o aproveitamento da auga no ámbito da Terra Chá favorecendo a súa interacción.Si a investigación consiste en adicar recur-sos a creación de coñecemento, esta inicia-tiva pretende transformar o coñecemento en recursos. Para elo asócianse un grupo importante de investigadores interesados no papel da auga no desenvolvemento rural, cunha forte presenza da Universidade de Santiago e liderados polo Concello de Guiti-riz. A clave para xerar riqueza a partires do coñecemento froito da investigación radica en valorizar o patrimonio do noso territorio.Con esta finalidade, e reunidos na localida-de de Guitiriz un grupo de persoas interesa-das en esta iniciativa, constituimos o Obser-vatorio Chairego da Auga (OcA) nomeando Presidenta a Dª Regina Polín, en represen-tación do Concello de Guitiriz,Vicepresidente a D. Xan Neira, en represen-tación da Sociedade Galega de Agricultura Ecolóxica, a D. Tomás Cuesta, en represen-tación Asociación Galega de Investigadores da Auga e a D. Carlos Álvarez, en represen-tación Asociación Galegade Investigadores para o Desenvolvemento Rural.Con este plantexamento, os primeiros pasos do Observatorio Chairego da Auga (OcA) se centran en dúas actuacións diferenciadas e ben concretas:

1. Celebración dun Curso de Verán nos días 18 e 19 de xullo en Guitiriz titu-lado “Auga e Territorio: a ruta da auga en Guitiriz” xunto coa Universidade de Santiago de Compostela. Neste curso se tratará o papel dos sistemas bran-dos, ou de baixo custe, para o trata-mento de augas residuais para peque-nas comunidades mediante humedais artificiais. Coñeceremos as experien-cias piloto en Galicia e contaremos coa presenza de especialistas para finalizar cun obradoiro onde aprende-remos a deseñar un pequeno humedal para unha pequeno núcleo. Este curso está recoñecido como Actividade de Formación Continuada polo Servizo de Formación de Profesorado da Conse-llería de Educación e Ordenación Uni-versitaria e cun crédito pola USC (libre elección nas titulacións non adaptadas e optativo nas titulacións adaptadas). O prazo de matrícula estará aberto a partires do 31 de maio (http://www.usc.es/cultura).

2. Elaboración e publicación dunha Guía “Descobre a Ruta da Auga de Guitiriz” que facilite achegarnos o coñecemento da relación entre a auga e o territorio nun espazo determinado: o concello de Guitiriz. Os obxectivos concretos da elaboración deste son:• coñocer, e dar a coñecer, a Ruta da

Auga.• preparar un material que poda em-

pregarse nos centros educativos da comarca.

• valorizar o recurso do río.• potenciar a Ruta da Auga como ele-

mento turístico.

Observatorio Chairego da Auga (OCA)

Page 13: Terra Cha 37

13Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Xermade

Nestas sétimas xornadas interxeracionais rurais pretendemos seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores deste municipio. Trátase dunhas xornadas que van dirixidas funda-mentalmente ós nosos maiores e nas que quqeremos ofrecerlles charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais.Pero tamén se trata dunhas xornadas in-terxeracionais pensadas para que xoves e maiores poidan desenvolver un traballo conxunto, xa que un dos grandes desexos

e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida. Para eso estamos ante unhas xornadas abertas mas que queremos contar cos máis novos. Así mesmo, pretendemos ofrecer actividades ós maiores que lles permitan seguir apren-dendo cousas que poidan resultarlles útiles e interesantes.A Actividades está recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santia-go e da Universidade da Coruña.

VII Xornadas Interxeracionais Rurais

Page 14: Terra Cha 37

14 A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

I Festa das Migas con Touciño e Chourizo

Ruta Senderismo Xermade - Sotavento

9:00 h. Inauguración da ruta de sendeirismo Xermade – Sotavento (9,5 km (ida). Ás 11,45 sairá un autobús desde Sotavento para traer aos senderistas ata a praza do concello.

12:00 h. Misa

12:30 h. Conmemoración dos 100 anos do Pino da Igrexa Inauguración exposición manualidades na Biblioteca Pública de Xermade Pasarrúas e actuación do grupo de gaitas AXÓUXERE

14:00 h. Xantar (migas con touciño e chourizo – 12€)

16:30 h. Xogos populares (carreiras con sacos, tiro da corda, etc…

18.00 h. Actuación musical: LOS GUACAMOLA: ritmos latinos, música mexicana, música de festa------------------------------------------------------------------------------22:00 h. Cea (sardiñas e churrasco – 12€)

23:30 h. Actuación musical: A BANDA DA BALBINA (Pachanga - folck)

XERMADE, 18 de Xuño de 2011 Merca o teu ticket. Aforo 350 persoas

Page 15: Terra Cha 37

15Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Page 16: Terra Cha 37