Manuel María. A Terra Cha

Post on 18-Jul-2015

92 views 4 download

Transcript of Manuel María. A Terra Cha

Terra Cha

Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro de 1929 e finou na Coruña, onde pasou os últimos anos, o oito de setembro do 2004.

Toda a súa obra reflicte o seu amor ao país, á súa terra, á xente, á súa dona, ás cousas cotiáns…

A evocación da paisaxe da súa terra natal, A TERRA CHA, foi un dos temas preferidos de Manuel María, e unha constante na súa obra.O Libro de poemas Terra Cha publicouse en (1954). Na actualidade vai pola novena edición.

No 2003, con motivo da súa toma de posesión na REAL ACADEMIA GALEGAleu o discurso “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”.

Consideramos a Terra Chá o eido máis fermoso deste mundo...Para nós é un universo...

... O seu espacio real non coincide co oficial. Imos, pois, determinar o seu espacio real, o que a xente denomina e coñece como Terra Chá. A TERRA CHA linda ao norte coas Serras da Corda e da Carba. Ao sur, cos Montes de Outeiro Maior e a Serra do Fitoiro, que hai quen lle chama do Mirador, e incluso de San Fitoiro. Ao leste, ou nacente, coa Serra de Meira; e ao oeste, ou poñente, coa serra da Loba, Cordal do Montouto e Cova da Serpe. Pertence a tres partidos xudiciais e a dous bispados. As demarcacións municipais non cadran coa da bisbarra. Na actual división comarcal de Galicia incluíron na Terra Chá concellos enteiros, ou parte deles, que xeograficamente non son nin endexamais se consideraron chairegos. E excluíron outros esencialmente chairegos como Rábade e Outeiro de Rei. A Terra Chá ten 1933 quilómetros cadrados e 208 parroquias.

...Trátase dunhas terras visitadas polo vento cántabro, de ceos grises, habitadas por pequenas lagoas, cruzadas por mil ríos, sendo o principal o Pai Miño, caudal e poderoso. Era unha bisbarra eminentemente labrega, moi centeeira, con grandes extensións de monte raso. Abundan, nas beiras dos ríos e nas lamas, os abeneiros, salgueiros e abidueiras. Debido ao actual abandono da agricultura, a Terra Chá converteuse nunha xigantesca mancha verde, na que medran toxos, xestas e codesos que rebentan en poderosos amarelos nas floridas primaveras: un mato mesto que mudou a paisaxe tradicional.

Manuel María: “A Terra Chá: Poesía e paisaxe”.

.....

.....

Terra Cha

DIMENSIÓS

Feira do Monte (Cospeito)

Abadín, entre a Cordal de Neda

e O Xistral

.....

O Azúmara

O Miño en Santa Sabela de Outeiro

de Rei

POEMIÑA DO SEÑOR REGATO

DO CEPELO

POEMIÑA DOS CRUCEIROS DA

TERRA CHA

Cruceiro de Lanzán

(Vilalba)

Saavedra

.....

..... Cimeterio de Goiriz

POEMIÑA DAS PENAS DAS RODAS

LEMBRANZA DA LAGOA DE COSPEITO

LOUVANZAS DAS ZOCAS VILALBESAS

CHAMADAS CHINELAS

BARRO

Torre de Caldaloba (Vilarxoán)

VILALBA

Romaxes

.....

Fonte miragreira de San Alberte de Parga (para curar problemas da fala)

Ofrenda a San Ramón de Francisco Asorey

A xente

Rapaza labregaEscultura de Victor Corral en Begonte

HOMENAXE A ALFONSO DE LANZÓS

HOMEAXE ÓS POETAS DA TERRA CHA

Cantémolas veigas, cantémolos montes,cantémolos ríos e as voltas que fan;cantémolos agros, ruliña graciosa,os agros inmensos que veñen e van.

Aquilino Iglesia Alvariño

Herba pequerrechiñaque con medo sorrísó sol que vai nacendoe morrendo sen tí,¿por que de ser pequenate me avergonzas tí?¡O Universo seríamais pequeno sen tí!

Casa-museo de Victor Corral en Bamonde

A terra e o labradío

.....

.....

Malla na Terra Cha (1971). Cadernos de Estudios chairegos.

Prados

O PASTEIRO QUE FOI PRADO

Os animás

O tempo

As arbres

Paxaros

As cousas

Fonte dos Cochizos en Santa Mariña (Outeiro de Rei)

Outeiro de Rei

Terra Cha

.....

CANTIGA PARA ANDAR POLA TERRA CHA

.....

.....

PRANTO POLA TERRA CHA

.....

.....

.....

.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta e Internet.Decembro 2014; 60 anos da publicación de TERRA CHA.