Guía_lectura_Nadal_2015

2
Visita o noso blogue: https://iessalvabiblio.wordpress.com/ Recomendacións de lectura Nadal 2015 CINE: WALL-E Un robot deseñado para lim- par a Terra despois de ser devastada e abandonada polo ser humano, pode cambiar o destino da natureza e o da humanidade. MÚSICA: Caramuxo. Arrieros somos Cargamento de vellas melod- ías esquecidas que permane- ceron máis dun século durmi- das na partitura e que reviven actualizadas para ser goza- das, bailadas e sentidas nova- mente. BANDA DESEÑADA: Mortadelo e Filemón. Elecciones. Ibañez. Os axentes da T.I.A. entran en política e crean o Partido Mortadelista Filemonero. NOUTRAS LINGUAS Les trois Mousquetaires. Le plus célèbre des romans d'Alexandre Dumas. The eye of chilhood. Unabridged short sto- ries for advanced En- glish students Este Nadal regala libros ALGO ESPECIAL O venres 27 de novembro recibimos con tristura a nova do falecemento de Neira Vi- las. Deixounos o autor do libro máis lido na nosa lingua, as Memorias dun neno labre- go. Pero perdemos moito máis: o emigrante que escribiu en galego toda a súa obra e que recolleu a memoria e os traballos de no- so á outra beira do Atlántico; a un renovador da no- sa narrativa; a un pioneiro na escrita para os nosos cativos. Foise un bo e xeneroso, alguén que contri- buíu a alicerzar a nosa casa común, o galego, desde a distancia da emigración mais cun amor oceánico. As súas páxinas acompañarán por sempre o noso recordo. OS DADOS DO RELOXEIRO. Xurxo Mariño Actualidade, humor e a atención ás grandes cuestións da ciencia do no- so tempo son algunhas das claves das columnas de Xurxo. Neira Vilas, na nosa biblioteca Ciencia en Galego. UN POUCO DE TODO Neira Vilas, na nosa biblioteca: Memorias dun neno labrego. Pan. Remuí- ño de sombras. Xente no Rodicio, con- tos. Aqueles anos do Moncho. Cartas a Lelo. Historias de emigrantes. O ciclo do neno. Rela- tos mariñeiros. Contos vellos para rapaces no- vos

Transcript of Guía_lectura_Nadal_2015

Page 1: Guía_lectura_Nadal_2015

Visita o noso blogue: https://iessalvabiblio.wordpress.com/

Recomendacións

de lectura

Nadal 2015

CINE: WALL-E

Un robot deseñado para lim-par a Terra despois de ser devastada e abandonada polo ser humano, pode cambiar o destino da natureza e o da humanidade.

MÚSICA: Caramuxo. Arrieros somos Cargamento de vellas melod-ías esquecidas que permane-ceron máis dun século durmi-das na partitura e que reviven actualizadas para ser goza-das, bailadas e sentidas nova-mente.

BANDA DESEÑADA: Mortadelo

e Filemón. Elecciones. Ibañez. Os

axentes da T.I.A. entran en política

e crean o Partido Mortadelista

Filemonero.

NOUTRAS LINGUAS Les trois Mousquetaires. Le plus célèbre des romans d'Alexandre Dumas.

The eye of chilhood. Unabridged short sto-

ries for advanced En-

glish students

Este Nadal regala libros

ALGO ESPECIAL

O venres 27 de novembro recibimos con tristura a nova do falecemento de Neira Vi-las. Deixounos o autor do libro máis lido na nosa lingua, as Memorias dun neno labre-go. Pero perdemos moito máis: o emigrante que escribiu en galego toda a súa obra e que recolleu a memoria e os traballos de no-so á outra beira do Atlántico; a un renovador da no-sa narrativa; a un pioneiro na escrita para os nosos cativos. Foise un bo e xeneroso, alguén que contri-buíu a alicerzar a nosa casa común, o galego, desde a distancia da emigración mais cun amor oceánico. As súas páxinas acompañarán por sempre o noso recordo.

OS DADOS DO RELOXEIRO. Xurxo Mariño

Actualidade, humor e a atención ás grandes cuestións da ciencia do no-so tempo son algunhas das claves das columnas de Xurxo.

Neira Vilas, na nosa

biblioteca

Ciencia en Galego.

UN POUCO DE TODO

Neira Vilas, na nosa biblioteca: Memorias dun neno labrego. Pan. Remuí-ño de sombras. Xente no Rodicio, con-

tos. Aqueles anos do Moncho. Cartas a Lelo. Historias de emigrantes. O ciclo do neno. Rela-tos mariñeiros. Contos vellos para rapaces no-vos

Page 2: Guía_lectura_Nadal_2015

DRAGAL I. A HERDANZA DO DRAGÓN.

Elena Gallego

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?

A EXPEDICIÓN DOS LIBROS

Vicente Muñoz Puelles.

Uns ladróns fixéronse co primei-ro tomo das obras completas de Jules Verne, aproveitando que os donos da casa se mudaran á Gran Cidade. Que poden facer os demais libros? Organizan unha expedición sorprendente para conseguir rescato e que volva con eles.

CONTOS DE GRIMM

Este fermoso libro inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis desta-cados ilustradores como Javier Serra-no ou Miguelanxo prado.

POETÍZATE. ANTOLOXÍA DE POESÍA

GALEGA.

Fran Alonso

A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o con-trario, non é aburrida, ro-manticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desen-fadados da poesía galega.

PAPEL MOJADO

Juan José Millas

Manolo G. Urbina, despois de moito tempo, atópase cun vello amigo que uns días máis tarde aparece morto no seu piso. Mano-lo ponse a investigar, e o que nun principio parecía un suicidio resulta ser un asasinato con moitos asuntos por resolver. Papel mojado é un diverti-do relato policíaco que parodia as propias con-vencións do xénero.

FONTÁN

Marcos Calveiro

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán (1788-1866). A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tem-po convulso no que a cien-cia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco.

DIME QUIEN SOY

Julia Navarro

Unha periodista recibe a proposta de investigar a vida da súa bisavoa, unha muller da que apenas sabe que fuxiu de España aban-donando ao seu marido e ao seu fillo pouco antes do co-mezo da Guerra Civil. Para reconstruír a súa historia debe seguir os pasos escu-ros da súa biografía, cos que construirá o puzzle dunha extraordinaria existencia.

1º CICLO 2º CICLO BACHARELATO

E ADULTOS