Os grupos políticos con representación na Deputación da ... · Os grupos políticos con...

2
Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (PP, PSdeG-PSOE, BNG- Asembleas Abertas, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños), presentan a seguinte DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA SOBRE FERROATLÁNTICA A Deputación da Coruña insta á Xunta de Galicia a: 1. Adoptar as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten os fluxos de enerxía eléctrica que deberán respectar as exixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada operación do sistema eléctrico. 2. Exixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee. 3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de Enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos. A Coruña, 30 de marzo de 2016 Asdo. Julio Sacristán de Diego Asdo. Xosé Regueira Varela Portavoz do Grupo PSdG-PSOE Portavoz do Grupo do BNG Asdo. Agustín Hernández Fdez. de Rojas Asdo. Daniel Díaz Grandío Portavoz Grupo Partido Popular Portavoz do Grupo da Marea Atlántica Asdo. Manuel Dios Diz Asdo. Ángel García Seoane Portavoz Grupo Compostela Aberta Portavoz do Grupo Alternativa dos Veciños

Transcript of Os grupos políticos con representación na Deputación da ... · Os grupos políticos con...

Page 1: Os grupos políticos con representación na Deputación da ... · Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (PP, PSdeG-PSOE, BNG-Asembleas Abertas, Marea

Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (PP, PSdeG-PSOE, BNG-Asembleas Abertas, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños), presentan a seguinte

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA SOBRE FERROATLÁNTICA

A Deputación da Coruña insta á Xunta de Galicia a:

1. Adoptar as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de

enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten os fluxos de enerxía

eléctrica que deberán respectar as exixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada

operación do sistema eléctrico.

2. Exixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee.

3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación

da división de Enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como

así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos.

A Coruña, 30 de marzo de 2016

Asdo. Julio Sacristán de Diego Asdo. Xosé Regueira Varela

Portavoz do Grupo PSdG-PSOE Portavoz do Grupo do BNG

Asdo. Agustín Hernández Fdez. de Rojas Asdo. Daniel Díaz Grandío

Portavoz Grupo Partido Popular Portavoz do Grupo da Marea Atlántica

Asdo. Manuel Dios Diz Asdo. Ángel García Seoane

Portavoz Grupo Compostela Aberta Portavoz do Grupo Alternativa dos Veciños

Page 2: Os grupos políticos con representación na Deputación da ... · Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (PP, PSdeG-PSOE, BNG-Asembleas Abertas, Marea