REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

21
REXURDIMENTO Rósalía de Castro 1º BACH; IES SANTA IRENE

description

Presentación para o alumnado de bacharelato de nocturno do IES Santa Irene

Transcript of REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Page 1: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

REXURDIMENTO

Rósalía de Castro

1º BACH; IES SANTA IRENE

Page 2: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

REXURDIEMNTO _ DEFINICIÓN

. Movemento de recuperación da cultura galega que se produce na 2ª metade do XIX, como expresión da procura dunha conciencia autóctona de diferenciación cultural por parte dun sector da sociedade galega.

. Ten orixe na labor dos ilustrados, séc. XVIII.

. Maniféstase na aparición dun grupo de escritores capaces de crear obras literarias de calidade e por mostrar militancia a prol de Galicia, o seu idioma, e a recuperación da lingua para os usos cultos.

. As causas: romanticismo, liberalismo e galeguismo.

Page 3: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

O espírito romántico e as loitas contra as invasións napoleónicas fan agromar en Europa a defensa das linguas e volores

propios de cada comunidade. En Galicia asistimos a un rexurdir

lingüístico e ao descubrimento da propia identidade. Recupérase o orgullo por formar parte dun pobo diferente, cunha cultura e cunha lingua diferentes.

Page 4: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto Histórico

Política

. 1808: invasión tropas Napoleón e Guerra Independencia.. 1812: Cortes de Cádiz: Constitución. Alternancia poder Absolutistas e liberais.. Guerras Carlistas entre os defensores da Raíña Isabel e Xoán Carlos.. Abolición da Lei Sálica que impedía reinar ás mulleres. Grazas a iso Isabel II será raíña entre 1833 e 1868.

Page 5: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto Histórico

Provincialismo:. Antolín Faraldo e Francisco Añón, entre outros universitarios, loitan polo carácter diferencial e unitario de Galicia e deféndena para que teña relevancia política e cultural dentro do Estado.

. Reclaman: ensino en galego, mellores condicións de vida, desenvolvemento autónomo do país.

. Creación da Xunta Superior do Reino de Galicia.

. Levantamento militar das tropas de Miguel Solís que se suman á loita independentista.

Fracaso: Fusilamentos en Carral.

Page 6: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto HistóricoRexionalismo:

. Alfredo Brañas e Manuel Murguía, son os líderes do novo galeguismo de finais do século XIX. Prodúcese unha reorganización cultural e ideolóxica.

. Creación da Asociación Regionalista Gallega (primeiro partido galeguista da historia) e da RAG (1906).

. Reclaman: Mellora industrial e comercial, cosntitución dun estado galego e descentralización política.

Page 7: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto Histórico

Economía:

. Crecemento demográfico ata 1840.

. Aínda que a agricultura era unha fonte de riqueza, o diñeiro quedaba nas mans duns poucos, os donos das terras, e o campesiñado vivía afogado por diferentes impostos que os deixaban na pobreza.

. A solución foi a emigración

Page 8: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto HistóricoSociedade:

. O campesiñado supuña o 90% da poboación.

.Os fidalgos eran unha clase social importante, e con poder económico, posto que cobraban os impostos dos FOROS. Loitaron no bando absolutista e dirixían as partidas carlistas.

. O clero perde poder tras a desamortización e a perda dos ingresos pola renda da terra (DEZMOS). Esas terras van pasar moitas veces a mans de burgueses que xunto co proletariado, comezaban a agromar.

Page 9: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto HistóricoLingua:

Galicia no XIX segue sendo maioritariamente monolingüe en galego pero segue a identificarse co atraso. Segue a producirse a substitución da nosa lingua pola castelá á vez que se estende a diglosia. A creación do «aparato escolar estatal» gratuito será un dos eixos da expansión do español.

O único territorio no que o galego vai gañando uso é no cultural, vinculado aos usos escritos.

Page 10: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Contexto HistóricoLingua:

Galicia no XIX segue sendo maioritariamente monolingüe en galego pero segue a identificarse co atraso. Segue a producirse a substitución da nosa lingua pola castelá á vez que se estende a diglosia. A creación do «aparato escolar estatal» gratuito será un dos eixos da expansión do español.

O único territorio no que o galego vai gañando uso é no cultural, vinculado aos usos escritos.

Page 11: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de CastroVida:

Rosalía de Canstro nace en 1837 en Santiago de

Compostela. Súa nai era fidalga e seu pai sacerdote. O feito de ser filla ilexítima

marcaraa toda a vida. Os primeiros anos da súa vida pásaos cunha tía en Ortoño e aí entra

en contacto coa cultura popular galega e coa nosa lingua. Nos anos de mocidade volve para Santiago e participa nas tertulias

literarias onde coñece a Manuel Murguía, Aurelio Aguirre ou a Pondal. Marcha para madrid en !856 e dous anos despois casa con Murguía,

con quen ten 7 fillos. En 1871 volve para galicia e Vive en Coruña, logo

en Santiagoe finalmente na súa casa de Padrón.

Lugar este no cal vai morrer en 1885.

Page 12: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de CastroObra:

OBRAS CASTELÁN OBRAS GALEGO

La flor (1857) Cantares Gallegos (1864)

La hija del mar (1859)

Flavio (1861) Follas Novas (1880)

A mi madre (1863)

Ruínas (1866)

El primer loco (1881)

El primer loco (1881)

En las Orillas del Sar (1884)

Page 13: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Cantares Gallegos

A autora no prólogo do poemario explica os motivos que a levan a escribir o libro:

* compromiso da autora coa terra e a súa xente de marcado carácter político.

* desexo de dignificar a nosa lingua, desmentir ofensas e elevar a categoría artística do idioma,

* glosar unha serie de cantigas populares («reproducir o verdadeiro espírito do pobo galego») como Antonio Trueba fixera no Libro de los cantares.

Page 14: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Cantares Gallegos ESTRUTURA

O poemario está formado por un conxunto de 36 poemas e ten estrutura circular, que queda enmarcada polo primeiro e último poema, dispostos a modo de prólogo e epílogo.

No prólogo a autora pide á protagonista, «unha meniña gaiteira» que cante na nosa lingua como representante do pobo:Cantar hei, Galicia / teus doces cantares, que así mo pediron / na beira do mare.

No epílogo a moza escúsase pola falta de gracia: Eu cantar cantei / a grasia non era moita…

No resto dos poemas, Rosalía vai cedendo a voz e uns e outros personaxes populares que recrean un escenario profundamente galego no que conflúen o folclore e os desacougos íntimos da voz lírica.

Page 15: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Cantares Gallegos TEMÁTICA

costumista amorosa social intimista

A vida cotiá adquire relevancia retratando, como o da muller rural, e presentando estampas populares, como romarías. Moitas veces eses cadros están ensombrecidos por penurias, inxustizas ou deshonras.

Son poemas dialogados ou monólogos nos que os namorados expresan magoas de antigos amores ou sufrimentos por separacións.

Estes poemas tratan temas como a emigración, a miseria, a marxinación que sofren os galegos ou a incomprensión dos casteláns cara a Galicia.

Nestes poemas aparece a visión pesimista do amor, a dor e a saudade que sente a propia autora.

Miña Santiña Quíxente tanto, meniña,

Castellanos de Castilla

Adios ríos, adios fontes

Page 16: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Cantares Gallegos FORMA

Na forma dos poemas segue a sinxeleza e vemos clara influencia popular con versos de arte nenor e rimas asonantes. Chama a atención o emprego do “verso de gaita gallega” (decasílabos e dodecasílabos) e o ritmo de muiñeiro. As estrofas máis empregadas son as décimas, cuartetas, redondillas e oitavas reais.

Os recursos que atopamos son repeticións, anáforas, aliteración, antíteses e comparacións.

Page 17: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Follas Novas

A autora no prólogo do poemario explica os motivos que a levan a escribir o libro:

* Intención de crear un mundo poético diferente ao de Cantares.

* introdución no romanticismo filosófico de raizame intimista,

* compromiso cos problemas, penas e sufrimentos alleos.

Page 18: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Follas Novas ESTRUTURA

O poemario está formado por un conxunto de 136 poemas que se dividen en cinco libros:

I VaguedásTendencia intimista

II ¡Do íntimo!

III Varia Tendencia intimista e social

IV Da terraLiña social enraizada nas desgrazas colectivasV As viudas dos vivos e dos

mortos

Page 19: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Follas Novas TEMÁTICA

A liña intimista:

* O sentimento de desacougo e desamparo pairan en toda a obra e para a autora a existencia é fonte de dor. (Teño un mal que non ten cura; Deixa, pois, de remexer; Negra Sombra).

* Neste mundo de dor o amor para Rosalía está condenado ao fracaso e será unha ilusión que se destrúe co paso do tempo. (Lévame a aquela fonte cristaíña).

*Outras coitas comúns nos seus poemas son u odio, o resentimento e a vergoña.

*A morte vese como un repouso, e mesmo se chega a contemplar o suicidio como a fuxida do sufrimento. (¡Soia!).

*As constantes oscilacións entre as dúbidas e as crenzas non fan senón revelar a conflitividade humana e o sentimento de saudade. (Algúns din ¡miña terra!, Negra sombras).

Page 20: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Follas Novas TEMÁTICA

A liña social:

* Trata Rosalía o tema da muller escritora limitada polo sentimentalismo que lle inpón a sociedade do XIX. Ela foi consciente de ir contra corrente e por iso mandou queimar os libros inéditos antes de morrer. (Daquelas que cantan as pombas i as frores / todos din que teñen alma de muller).

* A voz de Rosalía tamén se ocupou de ir contra as inxustizas e as hipocrisías sociais, unhas veces aceptadas con resignación e outras incitando á rebelión e a vinganza. (A xustiza pola man).

*A emigración dun pobo abafado pola miseria tamén ocupa unha parte importante do poemario onde se nos amosa a mulleres desgrazadas, vítimas do éxodo forzoso duns homes aos que saben perderon para sempre, incapaces de vivir e en busca do repouso na morte. (Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van, Galicia, sen homes quedas / que te poidan trabalar.)

Page 21: REXURDIMENTO: Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Follas Novas FORMA

Neste poemario atopamos ao par das coñecidas formas populares unha arquitectura formal máis acorde co Romanticismo. Novas formas máis atrevidas que se deixan ver na combinación de versos longos e quebrados e nas estruturas estróficas mixtas que se axustan a ese profundo desacougo que acompaña á autora.

O estilo é sinxelo e poucos os recursos. Escaseza de metáforas, abuso da comparación e estruturas reiterativas ou de contraste. Cobra importancia na obra a simboloxía que manexa con gran mestría: A negra sombra e o cravo ( Símbolo da dor e da nostalxia da dor).