Textos Rosalía de Castro

24
Poemas para ser recitados acompañando á lectura dramatizada de Rosalía. Por orde alfabética: “Adiós ríos, adiós fontes”, Cantares Gallegos. “Airiños, airiños, aires”, CG. “Alborada”, CG. “Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas. “Campanas de Bastabales”, CG. “Castellanos de Castilla”, CG. “Cruceiro de Ramires”, FN. “Eu cantar, cantar, cantei”, CG. “Follas Novas, risa dáme”, FN. “Has de cantar”, CG. “Mar, coas túas augas sen fondo”, FN. “Miña Santiña”, CG. Nasín cando as prantas nasen…”, CG. “Negra sombra”, FN. “Padrón!... Padrón!”, FN. “Unha vez tiven un cravo”, FN. “San Antonio Bendito”, CG. 1

description

Textos de Rosalía

Transcript of Textos Rosalía de Castro

Page 1: Textos Rosalía de Castro

Poemas para ser recitados acompañando á lectura dramatizada de Rosalía.

Por orde alfabética:

“Adiós ríos, adiós fontes”, Cantares Gallegos.

“Airiños, airiños, aires”, CG.

“Alborada”, CG.

“Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas.

“Campanas de Bastabales”, CG.

“Castellanos de Castilla”, CG.

“Cruceiro de Ramires”, FN.

“Eu cantar, cantar, cantei”, CG.

“Follas Novas, risa dáme”, FN.

“Has de cantar”, CG.

“Mar, coas túas augas sen fondo”, FN.

“Miña Santiña”, CG.                                  

”Nasín cando as prantas nasen…”, CG.

“Negra sombra”, FN.

“Padrón!... Padrón!”, FN.

“Unha vez tiven un cravo”, FN.

“San Antonio Bendito”, CG.

Textos tirados de:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=Rosal%EDa+de+Castro&solapa=obras

http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/

1

Page 2: Textos Rosalía de Castro

“Adiós ríos, adiós fontes”, CG.

https://www.youtube.com/watch?v=htcjImv3zCA ou https://www.youtube.com/watch?v=X1Ov9Jryiw0

“Airiños, airiños, aires”, CG.

Airiños, airiños aires,Airiños da miña terra,Airiños, airiños aires,Airiños, leváime á ela.

     Sin ela vivir non podo,Non podo vivir contenta,Qu' á donde queira que vaya,Cróbeme un-ha sombra espesa.Cróbeme un-ha espesa nubeTal preñada de tormentas,Tal de soidás preñada,Qu' á miña vida envenena.Leváime, leváime airiños,Com' un-ha folliña seca,Que seca tamen me puxoA callentura que queima.¡Ay! si non me levás prontoAiriños da miña terra,Si non me levás airiñosQuisais xa non me conesan.Qu' á frebe que de min come,Vaime consumindo lenta,E no meu corazonciñoTamen traidora se ceiba.

2

Page 3: Textos Rosalía de Castro

“Alborada”, CG1.   I

     Vaite noi-te—Vai fuxin-do—Vente auro-ra—Vente abrin-do—Co teu ros-tro—Que sorrin-do—A sombra espanta!!!

     Canta!... Paxariño can-ta—De ponliña en pon-la—Que o sol se levan-ta—Polo monte ver-de—Polo verde mon-te—Alegrando as her-bas—Alegrando as fon-tes!...

     Canta, paxariño alegre,Canta!Canta porque o millo medre,Canta!Canta porque a luz te escoiteCanta!Canta que fuxeu á noite.

     Noite escuraLogo ven,E moito duraCo seu mantoDe tristura,Con meigallosE temores,AgoreiraDe dolores,Agarimo

De pesares.CubridoraEn todo mal.Sal!!...

     Que auroriñaO ceu coloraCuns alboresQue namoraCun sembranteDe ouro e prataTeñidiñoDe escalrata.Cuns vestidosDe diamanteQue lle bordaO sol amanteEntre as ondasDe cristal.

     Sal!... Señora en todo mal,Que o solXa brilaNas cunchiñas do areal.Que a luzDo diaVist'e a terra de alegría,Que o solDerrete con amor a escarcha fría.

             

1 ?“A máis grande dificultade que achei para escribir esta alborada, foi o meu desexo de que saíse nun todo arreglada á música. Conseguin isto, pero foy a custa da poesía, non podía ser doutro modo, cando se dá cun aire tan estraño e tan dificil de acomodarlle letra algunha”, Rosalía de Castro.

3

Page 4: Textos Rosalía de Castro

               II.

     Branca auro-ra—Vén chegan-do—E ás porti-ñas—Vai chaman-do—Dos que dor-men—Esperan-do—O teu fulgor!...

     Cor...De alba hermosaLles estendeNos vidriñosCariñosa,Donde o solTamén suspende,Cando alóNo mar se tendeDe fogaxLarada vivaDespois leveFuxitivaTriste vagoResplandor.

     CantorDos aires,Paxariño alegreCanta,Canta porque o millo medreCantorDa auroraAlegre namoradoÁs meniñas dilleQue xa sal o sol dourado.

     Que o gaiteiroBen lavadoBen vestidoBen peitado,Da gaitiñaAcompañadoÁ porta está!... Xa!...

    

Se explicandoQue te explicaRepinicaRepinica,na alboradaBen amadaDas meniñasCantadeiras,Bailadoras,Rebuldeiras,Das velliñasAlegriñas,Das que sabenBen ruar.

     Arriba!Todas, rapaciñas do lugar,Que o solE a aurora xa vos vveñen despertar:Arriba!Arriba toleirona mocidá!Que aturu—xaremos—cantaremos o ala... lá!!!..

4

Page 5: Textos Rosalía de Castro

“Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas.

Apresa Alvaro d'Anido,Vive moito en pouco tempo,Espolea ó teu cabalo,E espoleandoo revéntao.¿Qu'importa un nobre cabalo?¿Qu'importan dous nin trecentos?O qu'importa Alvaro Anido

E chegar cedo.

   Vai d'un polo á outro polo,Re istra os antros terreos,Monta n'a locomotora,Sube n'os grobos aereos,E c'o á centela recorreD'o vacío o espazo inmenso:És homme, e cansarás Alvaro

Correndo e correndo.

“Campanas de Bastabales”, Cantares Gallegos https://www.youtube.com/watch?v=E9vn8nEdI3g

“Castellanos de Castilla” , CG.

Castellanos de Castilla,Tratade ben ós gallegos;Cando van, van como rosas,Cando vên, vên como negros.

     —Cando foi, iba sorrindo;Cando veu, viña morrendo;A luciña d'os meus ollos,O amantiño do meu peito.

     Aquel máis que neve branco,Aquel de doçuras cheyo,Aquel por quen eu viviaE sin quen vivir non quero.(…)

5

Page 6: Textos Rosalía de Castro

“Cruceiro de Ramires”, FN (“En Corme”)2.  II

   Cruceiro de Ramirez que t'ergues solitarioD'os Agros n'a espranada, antr'as rosas d'os campos,O sol d'a tarde pousa, en tí ó postreiro rayoComa n'un alma triste, pousa un soño dourado.

   AIgun-ha vez n'o estio, en o teu pé sentadaEscoito silenciosa, mentras á tarde acaba:Bai o d'as pedras mudas, que teu sacreto gardanMa ino que resoa o brando son d'un arpa,¡Musica incomprensible que d'outros mundos fala!

   ¡Tal de Memnon s'oian ô amañecer n'a estatua,Aqueles sons divinos que as almas encantaban!

“Eu cantar, cantar, cantei”, CG

Eu cantar, cantar, cantei,a grasia non era moita,que nunca, (delo me pesa)fun eu meniña grasiosa..(…)mas donde a grasia me faltao sentimento me sobra.Anque este tampouco abastapara explicar certas cousas,que ás veces por fora un cantamentras que por dentro un chora.Non me expliquei cal quixerapois son de espricansa pouca;se grasia en cantar non teñoo amor da patria me afoga.Eu cantar, cantar, cantei,A grasia non era moita,¡Mais que faser desdichadase non nacín máis grasiosa!

2 http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/

6

Page 7: Textos Rosalía de Castro

“Follas Novas, risa dáme”, FN.

¡Follas novas!, risa dámeese nome que levás,cal si a unha moura ben moura,branca lle oíse chamar.

Non Follas novas; ramallode toxos e silvas sós:irtas, como as miñas penas;feras, como a miña dor.

Sin olido nin frescura,bravas magoás e ferís...¡Se na gándara brotades,como non serés así!

“Has de cantar”, Cantares Gallegos.

As de cantar     Que ch' ei de dar zonchos;     As de cantar     Que ch' ei de dar moitos.

              I.

     «As de cantarMeniña gaiteira,As de cantarQue me morro de pena

(…)

              II.

     Asi mó pedironNa veira do mar,A ó pé das ondiñasQue veñen e van.

7

Page 8: Textos Rosalía de Castro

(…)

              IV.

     Cantart' ei, Galicia,Teus dulces cantares,Qu' asi mó pedironNa veira do mare.

     Cantar t' ei, Galicia,Na lengua gallega,Consolo dos males,Alivio das penas.

(…)     Qu' asi mó pediron,Qu' asi mó mandaron,Que cant' e que canteNa lengua qu' eu falo.

     Qu' asi mó mandaron,Qu' asi mó dixeron...Xa canto, meniñas,Coidá que comenzo.

 (…)

     Buscaime, rapazas,Velliñas, mociños,Buscaim' antr' os robres,Buscaim' antr' os millos.

     Nas portas dos ricos,Nas portas dos probes,Qu' aquestes cantaresA todos responden.

     A todos, qu' á VirxenAxuda pedin,Por que vos consoleNo voso sufrir.

     Nos vosos tormentos,Nos vosos pesares.

    Coidá que comenso...¡Meniñas, Dios diante!

8

Page 9: Textos Rosalía de Castro

9

Page 10: Textos Rosalía de Castro

“Mar! Coas túas augas sen fondo”, FN.

Mar!, c'as tuas auguas sin fondo, ceo!, c'a tua inmensidá,o fantasma que m'aterra,axudádeme a enterrar.

É máis grande que vós todose que todos pode máis...C'un pé posto onde brillan os astrose outro onde a cova me fan.

Impracable, burlón e sañudo,diante de min sempre vay,y amenaza perseguirme

hastr'a mesma eternidá.

“Miña Santiña” , CG.                             

Miña Santiña,                                     

miña Santasa,    

miña cariña    

de calabasa.    

Hei de emprestarvos    

os meus pendentes,    

hei de emprestarvos    

o meu collar;    

hei de emprestarcho,    

cara bonita,    

si me deprendes    

a puntear.    

         

-Costureiriña    

comprimenteira,    

10

Page 11: Textos Rosalía de Castro

sacha no campo,    

malla na eira,    

lava no río,    

vai apañar    

toxinos secos    

 antre o pinar.    

 Así a meniña    

 traballadora    

 os punteados    

deprende ora.    

         

-Miña Santiña,    

mal me quixere    

quen me aconsella    

que tal fixere.    

Mans de señora,    

mans fidalgueiras    

teñen todiñas    

as costureiras;    

boca de reina,    

corpo de dama,    

cómprelle a seda,    

foxen da lama.

(…)

11

Page 12: Textos Rosalía de Castro

”Nasín cando as prantas nasen…”, Cantares Gallegos.

     Nasin cand' as prantas nasen,No mes das froles nasin,Nunh' alborada mainíña,Nunh' alborada d' abril.Por eso me chaman RosaMais á dó triste sorrirCon espiñas para todosSin ningunha para tí.Dés que te quixen, ingrato,Tod' acabou para min,Qu' eras tí para min todoMiña groria e meu vivir.De que pois te queixas, Mauro?De que pois te queixas, di,Cando sabes que morreraPor te contemplar felis?Duro crabo me encrabachesCon ese teu maldesir,Con ese teu pedir toloQue non sei que quer de min,Pois dinche canto dar pudenAvariciosa de ti,O meu corason che mandoC' unha chave par' ó abrir,Nin eu teño mais que darche,Nin ti mais que me pedir.

“Negra sombra”, Follas Novas https://www.youtube.com/watch?v=UGPq0YQeTRM

12

Page 13: Textos Rosalía de Castro

“Padrón!... Padrón!”, FN3.Padron! ... ¡Padron!

Santa María... Lestrove...¡Adios! ¡Adios!

                     I

Aquelas risas sin fin,Aquel brincar sin dolor,Aquela louca alegria,

¿Por que acabou?Aqueles doces cantares,Aquelas falas d'amor,Aquelas noites serenas,

¿Por que non son?Aquel vibrar sonorosoD'as cordas d'a arpa y-os sonsD'a guitarra malencónica

¿Quen os levou?Todo è silensio mudo

Soidá, delor,Ond'outro tempo a dicha

Sola reinou...

¡Padron! ¡Padron!Santa María, Lestrove...

¡Adios! ¡A dios!

                     II

   O simiterio d'a AdinaN'hay duda qu'è encantador,C'os seus olivos escurosDe vella recordazon;Co seu chán d'erbas e froresLindas, cal n'outras dou Dios;C'os seus canónegos vellosQue n'el se sentan ô sol;C'os meniños qu'ali oganContentos e rebuldós;C'as lousas brancas qu'o cruben,E c'os humedos montonsDe terra; ond'algun-ha probeÔ amañecer s'enterrou.

3 http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/

13

Page 14: Textos Rosalía de Castro

   Mòito te qui en un tempo,Simiterio encantador,C'os teus olivos escuros,Mais vellos qu'os meus abós,C'os teus cregos venerables,Que s'iban sentar ô sol,Mentras cantaban os pá arosAs matutinas cancións,E c'o teu osario humildeQue tanto respeto imponCando d'a luz que n'el ardeVé un de noite ò resprandor.Moito te qui en e quérote,Eso ben o sabe Dios;Mas ho e, ô pensar en tíNúbrasem'o corazon,Qu'a terra está removida,Negra e sen frols…

¡Padron! ¡Padron!Santa María, Lestrove...

¡Adios! ¡A dios!

“San Antonio Bendito”4

San Antonio bendito,Dádeme un home,Anque me mate,Anque m' esfole.

     Meu santo San AntonioDáime un homiñoAnqu' ó tamaño teñaD' un gran de millo.

Dáimo, meu santo,Anqu' os pés teña coxos,Mancos os brazos.

     Un-ha muller sin home...

4 http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/feeda210-82b1-11df-acc7-002185ce6064_2.htm#I_27_

14

Page 15: Textos Rosalía de Castro

Santo bendito!E corpiño sin alma,Festa sin trigo.

Pau viradoiro, Qu' onda queira que vayaTroncho que troncho.

     Mais en tend' un homiño¡Virxe do Carme!Non hay mundo que cheguePara un folgarse.

Que zamb' ou trenco,Sempr' é vó ter un homePara un remedio.

     Eu sey d' un que cobiçaCausa miralo,Lanzaliño de corpo,Roxo e encarnado.

Carniñas de manteiga,E palabras tan docesCal mentireiras.

     Por él peno de dia,De noite peno,Pensando nós seus ollosColor de céo.

Mais el xá doito,D' amoriños entende,De casar pouco.

     Facé, meu San Antonio,Qu' onda min veña,Para casar conmigo,Nena solteira.

Que levo en doteUn-ha cullér de ferro,Cátro de boxe.

     Un hirmanciño novoQue xá ten dentes,Un-ha vaquiña vellaQue non dá leite...

Ay! meu santiño,

15

Page 16: Textos Rosalía de Castro

Facé que tal suceda,Cal vó lo pido.

     San Antonio bendito,Dádeme un home,Anque me mate,Anque m' esfole.

Que zamb' ou trenco,Sempr' é bó ter un homePara un remedio.

“Silencio”, FN.

A man nerviosa e palpitante o seo,as nebras nos meus ollos condensadas,con un mundo de dudas nos sentidosi un mundo de tormentos nas entrañas,

sentindo como loitanen sin igual batalla

inmortales deseos que atormentane rencores que matan,

mollo na propia sangue a dura prumarompendo a vena hinchadai escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡volvede

o máis fondo da ialma,tempestosas imaxes!

¡Ide a morar cas mortas relembranzas!Que a man tembrosa no papel só escribapalabras, e palabras, e palabras!Da idea a forma inmaculada e pura¿dónde quedou velada?

16

Page 17: Textos Rosalía de Castro

“Unha vez tiven un cravo”, FN.

Unha vez tiven un cravocravado no corazón,i eu non me acordo xa se era aquel cravode ouro, de ferro ou de amor.Soio sei que me fixo un mal tan fondo,que tanto me atormentóu,que eu día e noite sin cesar chorabacal choróu Madalena na Pasión.“Señor, que todo o podedes-pedínlle unha vez a Dios-,dáime valor para arrincar dun golpecravo de tal condición”.E doumo Dios, arrinquéino.Mais…¿quén pensara…? Despoisxa non sentín máis tormentosnin soupen qué era delor;soupen só que non sei qué me faltabaen donde o cravo faltóu,e seica..., seica tiven soidadesdaquela pena…¡Bon Dios!Este barro mortal que envolve o esprito¡quén o entenderá, Señor!…

17