Rosalía de castro, 3º ESO

15
ROSALÍA DE CASTRO 3º ESO

Transcript of Rosalía de castro, 3º ESO

Page 1: Rosalía de castro, 3º ESO

ROSALÍA DE CASTRO

3º ESO

Page 2: Rosalía de castro, 3º ESO

Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis importante e universal da Literatura Galega.Porén, despois da súa morte teceuse conscientemente unha imaxe distorsionada da nosa escritora: unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeá non moi culta que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o home, Manuel Murguía. A realidade fala de todo o contrario, dunha muller culta, con criterios propios e contestataria; consciente de ser muller, de ser galega e de ser escritora e querer vivir da súa profesión

Page 3: Rosalía de castro, 3º ESO

FEMINISTA A reivindicación dos dereitos da muller, nunha

sociedade na que a marxinación e a desigualdade eran a norma vixente, esténdese conscientemente por toda a súa obra. Foi unha precursora do movemento feminista.

Page 4: Rosalía de castro, 3º ESO

NACIONALISTA Rosalía é consciente de que escribe nun país

secularmente prostrado e marxinado. Por iso a súa defensa da identidade galega e da escrita en galego (nun momento en que crían que escribir noutra lingua que non fose a castelá atentaba contra a unidade de España) lévana a figurar ideoloxicamente no Provincialismo primeiro e no Rexionalismo máis tarde.

Page 5: Rosalía de castro, 3º ESO

COMPROMETIDA

Denuncia as inxustizas e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, especialmente no caso da emigración.

Rosalía identifícase cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas “viúvas de vivos”.

Defende os valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos valores burgueses centrados no individualismo, a hipocrisía e o poder do diñeiro.

Page 6: Rosalía de castro, 3º ESO

A súa obraPOESÍA PROSA

1857 Castelán La flor (Romanticismo)

1858 Castelán Lieders

1859 Castelán La hija del mar (novela)

1862 Galego Poemas(Album de la Caridad)

Castelán Flavio (novela)

1863 Castelán A mi madre (Romanticismo)

Galego Cantares Gallegos

1864 Galego Conto galego

1866 Castelán Las literatas, El cadiceño, Ruinas (novela)

1867 Castelán El caballero de las botas azules (novela)

1880 Galego Follas Novas

1881 Castelán El primer loco (novela), El domingo de ramos, Padrón y las inundaciones, Costumbres gallegas.

1884 Castelán En las orillas del Sar

Page 7: Rosalía de castro, 3º ESO

CANTARES GALLEGOS (1863) 36 poemas. Bebe da lírica tradicional e

popular. Reivindica a validez do noso

idioma para todo tipo de poesía. Denuncia a explotación e o

desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos.

Combate a negativa imaxe que se tiña de Galiza.

Page 8: Rosalía de castro, 3º ESO

TEMÁTICA1. COSTUMISTA. Poemas que refliten a

idiosincrasia do pobo galego afastándose de tópicos ridiculizadores.

2. SOCIAL. Poemas de denuncia social: contra a emigración…

Refliten a ideoloxía galeguista

3. INTIMISTA. Poemas introspectivos, de saudade e de soidade. Anticipan os poemas de Follas Novas

Page 9: Rosalía de castro, 3º ESO

FOLLAS NOVAS (1880) Partes:- Vaguedás- Do íntimo!- Varia- Da terra- As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos

Temática:• Poesía social• Poesía intimista• Relixiosidade• O sentido da escritura• As sombras

Page 10: Rosalía de castro, 3º ESO

POESÍA SOCIAL- A poesía social de Follas Novas está

recollida nas dúas últimas partes do poemario. Na primeira delas, os poemas recordan o estilo e o ton de Cantares Gallegos. Na segunda, os poemas xiran en torno á emigración, (cunha visión universal, que nos permite entender coas súas palabras os fenómenos migratorios de hoxe). Nas dúas, Rosalía quere deixar clara a súa plena identificación co pobo galego.

Page 11: Rosalía de castro, 3º ESO

POESÍA INTIMISTA- A poesía intimista de Follas Novas

abrangue os dous primeiros libros, Vaguedás e Do íntimo. No primeiro a autora reflexiona sobre o seu propio labor de poeta e sobre a súa propia obra. No segundo plasma as súas reflexións filosóficas: a perda das ilusións, a insolidariedade humana, o paso do tempo, o desamor, o atormentado espírito humano, as intransixencias da igrexa católica, a lexitimidade da violencia como arma contra a inxustiza, a morte como liberación…

Page 12: Rosalía de castro, 3º ESO

INTIMISMO- Na segunda parte desta obra, Do íntimo, Rosalía fai unha

viaxe dolorosa ás súas entrañas: un proceso de autocoñecemento da propia identidade. O que atopa é a soidade, o descubrimento de que a condición do ser humano é estar só no universo e nada pode aliviar ese desamparo, de aí a agonía existencial. En segundo lugar descobre a saudade, a tristura que xorde da soidade existencial e que a afoga até ter nostalxia da dor e sentir cansazo de estar triste. O terceiro descubrimento é a dor : vivir significa sufrir. o que si a angustia é o sentido da propia existencia: o silencio de Deus perante as inxustizas e as crueldades que sofren os desprotexidos. Isto provoca nela, primeiro, unha fe oscilante e, despois, a ausencia total de fe.

Page 13: Rosalía de castro, 3º ESO

AS SOMBRAS En todo o poemario aparece unha obsesiva presenza

da sombra / sombras, símbolos da poética rosaliana.

A sombra como dor universal, mesmo como conciencia da morte, e as sombras como símbolo dun pasado tormentoso, dos remorsos.

Page 14: Rosalía de castro, 3º ESO

A PROSA Produción conformada

polos prólogos dos seus dous poemarios e por Conto Gallego, publicado postumamente en 1923. Nel afonda na escasa consideración de que gozaba a muller na sociedade rural da época.

Page 15: Rosalía de castro, 3º ESO

A LINGUA

Utiliza unha lingua coloquial e espontánea con sintaxe e léxico sinxelos.

Escribe como fala, con vulgarismos, castelanismos e dialectalismos propios da área compostelá.

Bota man de recursos propios da literatura popular baseados no contraste e na repetición.