Rosalía de Castro nace en Santiagoptico.pdf · Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o...

2
Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e é bautizada ese mesmo día no Hospital Real co nome de María Rosalía Rita e rexistrada como filla de pais descoñecidos, aínda que hoxe sabemos que foi filla do sacerdote José Martínez e de María Teresa de la Cruz de Castro, de familia fidalga. Os seus primeiros anos de vida pa- saron no pazo de Ortoño, propieda- de da familia paterna, pero sen con- tacto co seu pai nin a súa nai. Cando Rosalía xa tiña doce anos a súa nai faise cargo dela e lévaa a vi- vir a Padrón e, posteriormente, a San- tiago de Compostela. En 1856, con dezanove anos, traslá- dase a Madrid, e coñece a Manuel Murguía co que casará uns anos des- pois. É Murguía, quen a anima a publicar as súas obras, pois Rosalía, de ca- rácter moi reservado, non tiña ningún interese na difusión das súas crea- cións. No ano 1859 publícase a súa primei- ra novela «La hija del mar» e, uns anos despois, o seu primeiro libro de poemas «La Flor», ambos os dous en lingua castelá. Posteriormente, en 1863, aparece «Cantares Gallegos» e en 1880 «Fo- llas Novas», dous libros de poemas, en galego, que consagrarán a Rosa- lía como a gran poetisa galega de to- dos os tempos. A obra literaria de Rosalía ten un ca- rácter marcadamente romántico cun- ha expresión sinxela, tratando temas como a emigración, o amor pola te- rra, o descontento social, os abusos dos poderosos... Rosalía, Valentín Lamas Carvajal, Ma- nuel Curros Enríquez e Eduardo Pon- dal, son as grandes personalidades do noso Rexurdimento, movemento cultural no que a lingua galega volve a ser utilizada como idioma literario e o seu uso comeza a normalizarse coa aparición de novos autores, xornais e editoriais. Un 15 de xullo de 1885 falece Rosa- lía na súa casa de Padrón e é ente- rrada, baixo unha oliveira, no cemite- rio padronés de Adina. Seis anos des- pois os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, no convento compostelán de San Domin- gos de Bonaval. Casa familiar de Rosalía de Castro, en Padrón (A Coruña), coñecida popularmente como Casa da Matanza, onde a poetisa pasou os seus últimos días. Na actualidade é a súa casa-museo.

Transcript of Rosalía de Castro nace en Santiagoptico.pdf · Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o...

Page 1: Rosalía de Castro nace en Santiagoptico.pdf · Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e é bautizada ese mesmo día no Hospital Real co nome de

Rosalía de Castro nace en Santiagode Compostela o 24 de febreiro de1837 e é bautizada ese mesmo díano Hospital Real co nome de MaríaRosalía Rita e rexistrada como filla depais descoñecidos, aínda que hoxesabemos que foi filla do sacerdoteJosé Martínez e de María Teresa dela Cruz de Castro, de familia fidalga.Os seus primeiros anos de vida pa-saron no pazo de Ortoño, propieda-de da familia paterna, pero sen con-tacto co seu pai nin a súa nai.Cando Rosalía xa tiña doce anos asúa nai faise cargo dela e lévaa a vi-vir a Padrón e, posteriormente, a San-tiago de Compostela.

En 1856, con dezanove anos, traslá-dase a Madrid, e coñece a ManuelMurguía co que casará uns anos des-pois.É Murguía, quen a anima a publicaras súas obras, pois Rosalía, de ca-rácter moi reservado, non tiña ningúninterese na difusión das súas crea-cións.

No ano 1859 publícase a súa primei-ra novela «La hija del mar» e, unsanos despois, o seu primeiro libro depoemas «La Flor», ambos os dousen lingua castelá.Posteriormente, en 1863, aparece«Cantares Gallegos» e en 1880 «Fo-

llas Novas», dous libros de poemas,en galego, que consagrarán a Rosa-lía como a gran poetisa galega de to-dos os tempos.

A obra literaria de Rosalía ten un ca-rácter marcadamente romántico cun-ha expresión sinxela, tratando temascomo a emigración, o amor pola te-rra, o descontento social, os abusosdos poderosos...

Rosalía, Valentín Lamas Carvajal, Ma-nuel Curros Enríquez e Eduardo Pon-dal, son as grandes personalidadesdo noso Rexurdimento, movementocultural no que a lingua galega volvea ser utilizada como idioma literario eo seu uso comeza a normalizarse coaaparición de novos autores, xornaise editoriais.

Un 15 de xullo de 1885 falece Rosa-lía na súa casa de Padrón e é ente-rrada, baixo unha oliveira, no cemite-rio padronés de Adina. Seis anos des-pois os seus restos foron trasladadosao Panteón de Galegos Ilustres, noconvento compostelán de San Domin-gos de Bonaval.

Casa familiar de Rosalía de Castro, en Padrón (ACoruña), coñecida popularmente como Casa daMatanza, onde a poetisa pasou os seus últimos días.Na actualidade é a súa casa-museo.

Page 2: Rosalía de Castro nace en Santiagoptico.pdf · Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e é bautizada ese mesmo día no Hospital Real co nome de

ROSALÍA DE

CASTRO(1837-1885)

Un repoludo gaiteirode pano sedán vestidocomo un príncipe cumprido,cariñoso e falangueiro,entre os mozos o primeiroe nas cidades sen par,tiña costume en cantaraló pola mañanciña:Con esta miña gaitiña

as nenas hei de enganar.

...

Campanas de Bastabales,

cando vos oio tocar,

mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,campaniñas, campaniñas,sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,penso que por min chamades,e das entrañas me doio.

Doiome de dor ferida,que antes tiña vida enteirae hoxe teño media vida....

CA

MP

AN

AS

DE

BA

STA

BA

LE

S

UN

RE

PO

LU

DO

GA

ITE

IRO DÍA

DE ROSALÍA

24 DE FEBREIRO

DÍADE

ROSALÍA

24 DE FEBREIRO

CEIP GALÁNOSEIRO-ARTEIXO (A Coruña)

CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPODINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNLINGUALINGUALINGUALINGUALINGUAGALEGAGALEGAGALEGAGALEGAGALEGA