Faladurías

94
VÍCTOR 3º A

Transcript of Faladurías

Page 1: Faladurías

1

VÍCTOR 3º A

Page 2: Faladurías

2

PÁX. Presentación 3 Cal é a túa razón? 4 Os de infantil somos moi traballadores 5 Nadal 9 Entroido 10 Os nenos e as nenas de 2º recibimos unha visita moi especial

11

Tamén estivemos no xeriátrico 15 3º, o noso ano 20 Os de 4º puxemos as botas 26 Conto de 5º 29 A avispilla china 31 En Educación Física 33 Galegos polo estranxeiro 52 Creación poética 55 Unha esquecible estancia en Quiroga 56 Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996) 58 Mostra fotográfica ENL 62 A biblio de Piticán 80 Posta a punto tecnolóxica 82 Así vemos os de infantil ós mestres do Julia Becerra Malvar

85

Chistes 91 Despedímonos dos nosos alumnos que comezan unha nova andaina

92

Page 3: Faladurías

3

OLA A TODOS E TODAS!

Tedes antes os vosos ollos o primeiro exemplar da nosa

revista dixital Faladurías do CPI Julia Becerra Malvar. Nela

quixemos recoller algúns dos traballos realizados na

actividade cotiá das aulas, así como reflectir temas de

actualidade moi presentes na vida dos rapaces e rapazas.

Desexamos que a súa lectura nos traia á lembranza

momentos agradables para relatar e compartir en

familia.

Por último, agradecer a colaboración de todas aquelas

persoas que fixeron posible a elaboración desta revista,

sen os cales non sería posible levar adiante este proxecto:

alumnos, alumnas e profesorado.

Page 4: Faladurías

4

Os libros son ollos máxicos para mirar o mundo...

Anímate a ler! Hai moitos libros!

LIBROS para saber

LIBROS para aprender

LIBROS para pensar

LIBROS para estar xuntos

LIBROS para rir e chorar

LIBROS para coñecer

LIBROS para descubrir

LIBROS para escapar

LIBROS para compartir

LIBROS para crecer

LIBROS para afirmar

LIBROS para negar

LIBROS para pasalo ben

LIBROS para soñar

LIBROS para xogar

LIBROS para explorar

LIBROS para ser mellores

LIBROS para imaxinar

Cal é a túa razón?

Page 5: Faladurías

5

Levamos todo o curso investigando sobre moitas cousas.

Empezamos pola noso corpo, a familia, a vendima, os

castiñeiros, Ribadumia….

Escoitamos moitisimos contos.

Piticán converte a biblioteca

nun lugar máxico!!

Page 6: Faladurías

6

Bailamos vals e merengue no

pavillón,

visitamos ós bombeiros...

e ata fomos de compras!

Investigamos tódolos recunchos da

granxa de Serantellos.

Aínda que nos xa somos felices

con só subir ó autobús!!

Page 7: Faladurías

7

Fomos ó lavadoiro.... que fría estaba a auga pero que ben

o pasamos!!

e agora andamos a pensar en cousas coma os castelos

medievais...

Page 8: Faladurías

8

Dora e os dinosaurios...

e

Velázquez.

O certo é que non paramos pero... hai que ver que bonito

temos o cole,

e canto aprendemos!!!

Page 9: Faladurías

9

Page 10: Faladurías

10

Page 11: Faladurías

11

OS NENOS E NENAS DE 2º RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL....

Viñeron os residentes de “Geriatros”, en

Ribadumia.

Preparamos

entre todos

unha serie de

preguntas

sobre a súa

vida.

Contáronnos a que se adicaron,

en que consistía o seu

traballo, como pasan o tempo de lecer

co resto dos compañeiros na residencia....

Page 12: Faladurías

12

Estivemos moi antentos...

E logo fixemos un debuxo relacionado cos temas

que nos contaron os nosos “padriños e madriñas”.

Que cousiñas tan

interesantes nos

está a contar!!!!

Page 13: Faladurías

13

Page 14: Faladurías

14

MOITAS GRAZAS AOS RESIDENTES!!

XUNTOS

PASÁMOLO XENIAL!!

Eles tamén nos adicaron unhas verbas moi bonitas.

Page 15: Faladurías

15

O 3 de Xuño, os alumnos e alumnas de 2º curso de primaria, e dentro das diferentes

actividades conxuntas que facemos, fomos a Residencia de Geriatros onde nos tiñan

preparada unha estupenda “Xincana” con diferentes probas.

A pesares do calor que pasamos o desprazarnos camiñando ata alí, os esforzo pagou a pena, e

dividímonos en diferentes equipos para seguir as pistas, e chegar a meta final

Page 16: Faladurías

16

As veces, non era sinxelo dar coa resposta correcta ou atopar o que nos pedía a pregunta, pero

coa colaboración dos residentes, conseguimos chegar todos o final!

Paseamos pola residencia de arriba para abaixo, de dentro para afora, e coñecemos a xente

moi amable, que nos tratou as mil marabillas

Page 17: Faladurías

17

De igual xeito, foi un orgullo que se quixeran retratar con nós!

Comprendemos que o sentimento de unión do grupo e de colaboración, é moi importante na

vida en xeral e en situacións especiais, en particular

Page 18: Faladurías

18

...Ao final, e logo de rematar todos os equipos, xuntámonos para falar da nosa experiencia e

para darlle as grazas pola súa hospitalidade...

Page 19: Faladurías

19

.... E VOLVEREMOS!!!!!

Page 20: Faladurías

20

Este ano foi algo diferente ao curso pasado, xa que tivemos unha clase moito máis

pequena. Ás veces estabamos de lado para ver ben o encerado ou aguantar a

respiración para ocupar menos espazo. A pesar de todo… foi un ano xenial!

Fixemos actividades individuais, en parella e en grupo. Moitas saíron moi ben e outras

non tan ben. Cando non saían tan ben tiñamos que escoitar ao noso profe. É que así

non aprendemos! Gústanos moito falar e o recreo

nada máis que dura 30 minutiños.

Algunha das actividades que máis nos gustaron foi o

baile de Thriller de Michael Jackson que fixemos en

Samaín. Viñemos disfrazados ao cole de monstros. O

profe preparounos unha coreografía. Aínda que

estivemos tempo bailando... foi moi divertido! Ata

nos deron un diploma por ser un curso moi

colaborador! Ademais fixemos traballos manuais

sobre o Samaín e xogamos a diferentes xogos para

coñecer esta festa. Agora xa sabemos que significa o paso dun ano a outro, como de

apertura a outro mundo, que é de orixe celta e indica o fin do verán.

Cando se achegaba o magosto, empezamos a traballar ao redor desta festa con

debuxos e outros traballos para decorar a clase. Quedou moi bonita, sobre todo o

mural de mans que fixemos cunha castaña.

Page 21: Faladurías

21

Pouco despois, o profe Chema da ESO fixo de contacontos e, despois de escoitar varios

contos do noso profe con instrumentos musicais e cancións, entrounos a curiosidade

de facer nós un con marionetas. Primeiro fixemos as marionetas en clase de plástica e

logo preparamos o conto. Saíu tan ben que no Día do Libro fixemos unha

representación a todo infantil.

Foi moi divertido decorar as nosas fotos tanto en Samaín como no

Nadal. Pasamos de ser monstros e bruxas a gnomos, elfos, e

personaxes propios do Nadal. Tamén fixemos traballos manuais da

época, participamos nunha árbore xigante cos nenos de infantil e os

compañeiros de 3º B.

Que pintas no Entroido! Tiñamos que vir disfrazados como dicía o Meco: con pinzas,

con algo no pescozo, con zapatos diferentes... O mellor foi a merendola e a

chocolatada!

Page 22: Faladurías

22

Gustounos moito participar nun concurso de debuxos, onde recibimos un premio por

quedar de quintos. Tamén fixemos algún concurso na clase de chistes e creación de

poemas. Démonos conta que o importante é participar e pasar un bo rato escoitando

aos nosos compañeiros cos chistes e cos poemas! Que artistas! Pareciamos poetas de

verdade! Tamén participamos no concurso do cole Ponte a proba con todos os nenos e

nenas do centro.

Este ano, como novidade, fixemos varias exposicións. Ao principio un pouquiño

nerviosos, pero puidemos saír adiante. Primeiro tiñamos que facer a actividade e logo

explicala.

Aínda que nos custou un pouquiño, para aprender os continentes fixemos

maquetas e murais de cada un. Era unha actividade voluntaria, pero case toda

a clase participou.

Máis difícil foron os experimentos, porque ás veces non saían á primeira.

Falamos tamén dos nosos libros favoritos e fixemos un libro titulado Os nosos

gustos para saber o libro favorito de cada un e así saber máis sobre o nosos

compañeiros. Moitos temos os mesmos gustos!

Para traballar as cantidades, fixemos unha exposición dunha receita e ata

probamos o resultado na clase! Todo estaba boísimo!

Colaboramos no proxecto de infantil cos nosos castelos con material de

refugallo e decoramos varias portas do estilo da época. Así fixemos unha

introdución á historia.

Page 23: Faladurías

23

Limos as nosas creacións de contos sobre a historia. Vendo as portadas xa

daban ganas de ler os contos!

Expuxemos o noso cómic, é dicir, un cómic coas nosas fotos, onde nós eramos

os protagonistas.

Limos os lemas que fixemos polo Día da Muller Traballadora. Moitos eran

creacións propias!

Explicamos os nosos instrumentos musicais feitos con material de refugallo!

Ata poderiamos facer unha orquestra! Moi bo traballo!

En plástica traballamos moito en parellas e grupos pequenos para facer actividades

manuais. Ademais dos castelos, instrumentos musicais, marionetas, as manualidades

de cada festa, maquetas de continentes... fixemos marcos de fotos con cartóns, bolsas

de papel decoradas que enchiamos de papel para levar ao colector para reciclar,

pompóns de la e botellas de agasallos.

Tamén fixemos varios proxectos sobre a familia, a nosa casa e o xornal para

introducirnos na investigación, buscar respostas... E aprendemos cousas das que non

tiñamos nin idea!

Xa sabemos que son grafitis. Fixemos O Rincón do Grafiti coas nosas firmas e debuxos!

Vimos outra vez o acrosport de secundaria con figuras variadas e espectaculares... Que

nervios cando nos toque a nós estar aí! Tamén tivemos a continuación das clases de

baile de salón do ano pasado. Pero este ano bailamos un pouquiño de merengue.

Cando iamos a informática, entrabamos sempre no noso blog para traballar cos xogos

educativos sobre os contidos dos libros, tiñamos tempo para ver vídeos educativos,

Page 24: Faladurías

24

vídeos para reflexionar, libros e contos dixitais, vídeos divertidos, contos, cancións,

vídeos de experimentos...

Este ano tivemos un novo compañeiro: Caracolín, a nosa mascota. Foi moi divertido

escoller o seu nome!

E como novidade, fixemos un Lipdub que se organizou con todo o cole. Participamos

case todos os alumnos do centro. Quedou moi ben o noso vídeo!

O mellor de todo foron as excursións á conserveira onde aprendemos moito dos

traballos en cadea e os sectores; o zoo, onde vimos todos eses animais que posaban

para as fotos; e a excursión que imos facer ao río Barosa, onde nos van ensinar a facer

pan e moitas cousas máis!

Page 25: Faladurías

25

Page 26: Faladurías

26

OS DE CUARTO PUXEMOS AS BOTAS!!! Cambados é o porto máis importante de Galicia en pesca de

baixura. As principais embarcacións son as do cerco e os barcos

bateeiros. Conta ademais con 2.000 Km2 de marisqueo a flote

(rañeiros) ou a pé ( máis de 200 mariscadoras) que comeza na

desembocadura do río Umia e nos que se extrae ameixa

babosa,fina,xapónica,bicuda.., navalla, longueirón, reló..

As nenas e nenos de cuarto de primaria puxemos as botas para

ver de preto o traballo das mariscadoras e coñecer o camiño que

vai desde a extracción da ameixa ata a súa venda ao público.

Pero, antes de extraer o marisco as mariscadoras limpan as

praias das algas que lle sacarán osíxeno ás ameixas e provocarían

a súa morte; logo, preparan o terreo e sementan as praias con

ameixiñas que irán comendo e medrando ata conseguir a talla. Xa

podemos , xa que logo, mariscar.

Page 27: Faladurías

27

Logo de apañar as ameixas, imos ao punto de control, onde son

seleccionadas manualmente por especies, pesadas, verificada a

talla mínima e o cupo de captura asinado.

Pasado o punto de control lévase á lonxa para a súa poxa.

O comprador que o adquire lévao a unha depuradora e cando

finaliza o proceso de depuración ( tempo mínimo de 24 horas no

que se eliminan as bacterias que resultarían perxudiciais para a

nosa saúde, metendo ao marisco nunhas piscinas para que vaia

tragando auga de mar estéril, é dicir, sen microorganismos) o

A talla mínima para a ameixa xapónica é de 4 cm. Co medidor aseguramos esa medida.

A talla mínima é aquela medida que garante que os animais se poidan reproducir, cando menos, unha vez (

no caso da xapónica, dúas) antes de seren capturados.

Se se extrae marisco que non dea a talla mínima estanse eliminando reprodutores, de xeito que haberá

menos larvas e para o ano seguinte nacerán menos ameixas.

Page 28: Faladurías

28

marisco distribúese aos mercados, prazas de abastos... ata que

chega ás nosas mesas.

Sabías que?

Aproveitamos esta excursión para pasear pola aldea mariñeira de San Tomé. Alí atopamos cun piorno. Sabes para que servía esta construción á beira do mar?

Saberías sinalar os tornarratos? Tamén puidemos ver a típica casa mariñeira da que destaca a súa cor escura e rechamante.

Sabes por que as pintaban así?

Page 29: Faladurías

29

CONTO DE 5º

Page 30: Faladurías

30

Page 31: Faladurías

31

Page 32: Faladurías

32

Page 33: Faladurías

33

Dende o ámbito da educación física, fixéronse varias saídas con actividades lúdico-deportivas e

de igual xeito introducimos novas propostas didácticas ao alumnado.

Nestas novas propostas queríamos que primase sobre todo a creatividade, a

espontaneidade e a utilización menos común dos materiais empregados habitualmente en EF.

En primeiro termo, no que respecta as saídas, temos que destacar a participación

nunha competición escolar de atletismo en pista.

O 28 de abril, o alumnado de 5º se desprazou ata O CGTD (Centro

galego de Tecnificación Deportiva) para competir contra diversos colexios da zona,

acadando unha boa experiencia e uns bos resultados!!!.

Velaquí tedes unhas fotos:

Salto de Lonxitude:

f

Page 34: Faladurías

34

jjjjjjjjj j

jjjjjjjjj jjjj

Page 35: Faladurías

35

Lanzamento de peso:

Page 36: Faladurías

36

Lanzamento de Vórtex:

Page 37: Faladurías

37

Page 38: Faladurías

38

60 metros lisos:

Page 39: Faladurías

39

500 metros lisos:

Page 40: Faladurías

40

Page 41: Faladurías

41

Relevo 4 x 60m:

Page 42: Faladurías

42

Page 43: Faladurías

43

Aquí vos deixamos unha foto grupal con todos os

que fomos:

Page 44: Faladurías

44

O luns 8 de xuño, alumnado de 5º e 6º de primaria e tamén da ESO,

participamos na carreira escolar que organiza o Colexio Abrente en Portonovo.

Tamén nos trouxemos algúns trofeos e numerosas

medallas para o CPI:

Page 45: Faladurías

45

Page 46: Faladurías

46

O xoves 4 de Xuño, o alumnado de 6º de Primaria, desprazouse ata

as Illas Cíes como viaxe de fin de curso.

Alí, ao marxe de desfrutar das marabillosas illas, tamén houbo tempo para facer un

pouco de sendeirismo e diversos xogos na area.

Eiquí os podedes ver a todos!:

….E no barco, tamén o pasaron en grande!:

Page 47: Faladurías

47

Pero non todo foron saídas!, no cole tamén

experimentamos actividades novas e sobre

todo moita creatividade!:

Page 48: Faladurías

48

o Traballo de orientación:

Page 49: Faladurías

49

E creatividade, moita creatividade!:

Page 50: Faladurías

50

Page 51: Faladurías

51

GRAZAS A TODOS/AS!!

Page 52: Faladurías

52

GALEGOS POLO ESTRANXEIRO

Miñ a madriñ a é uña désas moitas pérsoas qué tivo qué viaxar ao éstrañxéiro para atopar

uñ traballo. Estaba dé visita ña miñ a casa é éu tiñ a qué facér uñha éñtrévista para Liñgua

Galéga: todo arrañxado!

- De que traballas en Inglaterra?

Taballo de veterinaria.

- En que localidade vives?

En Middlesbrough.

- Atendes todo tipo de animais?

Pois podo atender vacas, coellos, ovellas, porcos, faisáns e moitos máis, pero se chos digo

todos non acabas de escribir hoxe...

- Canto tempo levas traballando en Inglaterra?

Dende decembro do ano 2013.

- Cando vas poder volver a España?

Mentres non atope traballo en España, non vou poder volver, pero non estou impaciente. Alí

teño moitos amigos e unha vida.

- Cal foi o caso máis estraño co que te atopaches?

Unha vez trouxéronme un osiño pequeno. Era precioso...

Fí xéñllé a éñtrévista a miñ a madriñ a, Marí a, qué traballa dé vétériñaria éñ

Iñglatérra. Dou ésta éñtrévista por fiñalizada é moi agradécido.

Entrevista realizada por David Alonso de 1º ESO A

para a materia de Lingua Galega de 1º da ESO

Page 53: Faladurías

53

“A EMIGRACIÓN NON É UNHA COUSA BONITA”

Mari Carmen Gestoso Nogueira (1957) é un exemplo das moitas persoas que

buscaron un futuro mellor fóra das nosas fronteiras, máis concretamente en

Suíza. Ela é miña madriña e entrevístoa para completar un traballo de Lingua

Galega.

Con cantos anos e con quen tiveches que emigrar?

Emigrei con 23 anos, co meu marido.

Sabías algún idioma do país?

Ningún.

Cando marchaches, tiñas algún estudo?

Non, só tiña a EXB.

Tiñas todos os papeis en orde?

Por forza. Alí se non tiñas os papeis en orde non te deixaban entrar.

Foi sinxelo para ti deixar todo atrás?

Non, iso sempre é difícil. Ir para un país que non coñeces, deixar a túa casa e a familia

... é complicado.

E para os teus familiares, verte ir?

Bueno, supoño que non; a emigración non é unha cousa bonita.

Como te comunicabas cos teus?

Por teléfono e por carta. Daquela non había os medios de hoxe.

Que aprendiches desa experiencia?

A valorar o traballo, a xente e as cousas que tes, e a sacrificarse por algo.

Foi sinxelo adaptarse?

Nun principio foi difícil adaptarse. Os primeiros meses ao non saber o idioma… Os

primeiros meses chorei moitas bágoas. O primeiro ano botei 6 meses e o segundo ano

foi mellor. O cambio a francos era moi alto; cando ías comprar leite, pasábanche as

ganas de bebelo …, había moita diferenza…

De que traballabas?

Page 54: Faladurías

54

O primeiro ano traballei 6 meses nun restaurante; traballaba moito e tiña un xefe que

era moi mala persoa. Pero logo traballei 16 anos nunha clínica psiquiátrica.

Que diferenzas había dun país ao outro?

Moitísimas. É un mundo completamente distinto, era e ségueo sendo. Era moito máis

limpo, amaban a natureza. Alá apréndese moito, aprendín moito.

Foi todo un pracer facer esta entrevista tan persoal. Sen dúbida é unha

gran historia de superación, que moitos non quixeramos repetir

forzosamente.

Uxí a Gestoso Cancelo (1ºA)

Page 55: Faladurías

55

CREACIÓN POÉTICA

Un dos temas máis “queridos” da historia da literatura galega de 4ºESO é o do Vangardismo. Revisamos a época, os autores, o momento culturtal, as obras …. E tamén tocaba facer algún experimento! Saíronnos caligramas ben fermosos e artísticos. E aquí vos deixamos tamén algún acróstico. Non conseguimos máis participación porque o final de curso é duro para os nosos alumnos alumnas máis veteran@s. Pero desculpámolos, verdade?

Mentres te relaxa co seu son

Uns recordos pasados te invaden

Sensacións únicas, quen sabe?

Imposible explicar esa paixón.

Caixas repletas de melodías,

Anacrusas, beleza, gozo ...

Queren facerte sentir de novo

Unirte co que hai tempo querías.

Elegancia sonora, harmoniosa,

Rúas de notas, alegres, sombrías...

Instantes perdidos no tempo,

Dores que viaxan ata o corazón.

Amada, non marches, sen ti o mundo no ten perdón...

Uxía Varela Abal

Lendo disfruto

Imaxino novas galaxias

Tropezo con milleiros de historias

Expreso alegría, gozo

Renazo con cada páxina

Adoro perderme entre as liñas

Trato de ver

Un novo mundo cheo de

Resplandecentes poesías

Alumeando a miña vida.

Lara Rodríguez Rey

Arte

Remota

Que

Une

Intelixencia,

Técnica…

E

Combina

Trazos

Útiles,

Reais,

Agradables…

Eva Castro Cores

Page 56: Faladurías

56

UNHA INESQUECIBLE ESTANCIA EN QUIROGA

O día 22 de maio partimos do colexio para comenzar unha nova aventura

nesa fin de semana. Tras un par de horas en autobús, reunímonos co guía,

que se chamaba Guillermo.

Pola mañá visitamos a cova das Choias, unha cova da que

antigamente se extraía ferro e na que actualmente habitan morcegos. Ao

mediodía fomos comer ao Albergue de Quiroga e pola tarde fomos ver

dous museos: un en Quiroga, un museo etnolóxico, e outro era un museo

xeolóxico.

Pola noite, despois da cea e de ducharnos reunímonos con outro

colexio de Vigo e fomos a unha discoteca na que non paramos de bailar en

toda a noite. Tras unha longa noite cos compañeiros, fomos durmir.

Sábado 23 pola mañá: chegou a hora de erguerse e comezar a

aventura no Courel. No Courel as vistas eran incribles, andamos moito,

pero mereceu a pena. Guillermo explicounos a vexetación e a fauna do

Courel, e ensinounos algunhas vilas de alí, nas que apenas habitaban

unha ducia de persoas.

Ao mediodía comemos un bocadillo contemplando a fermosa

paisaxe, e á tarde iniciamos a última aventura, ao val das Mouras; o máis

divertido de todo! Foi unha excursión polo medio do monte á que tamén

nos acompañou o condutor do autobús. Alí, Guillermo, explicounos que

cada carballo tiña o seu propio dono, de feito cada carballo tiña unha

inicial. Fixemos unha fantástica ruta polo medio de pedras, covas entre as

árbores,…

Finalmente a aventura rematou, chegou a hora de coller as maletas

en Quiroga e volver para Barrantes.

Marta Castro Vicente e Clara Mosteiro Outeda.

Traballo elaborado para as aulas de Lingua Galega.

3º ESO B

Page 57: Faladurías

57

Aquí estamos os rapaces e rapazas de 3º da ESO nun intre de

descanso na andaina polos vieiros do Courel, acompañados dos nosos

profesores, Rosa e Melchor.

Page 58: Faladurías

58

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE (1906 – 1996)

VIDA

* Naceu en Pontevedra en 1906.

* En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais.

* Levou a cabo un amplo labor docente e pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor". * Foi membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 .

* En 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

* Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra.

*No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.

OBRA

* A súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio

Page 59: Faladurías

59

e o teatro:

* Libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927);

* Texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936)

* As antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medievo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega.

* Prosas literarias Quintana viva (1971).

* Porén, a maior aportación deFilgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación: Prosas espalladas pola imprensa diaria foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996.

* As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).

Page 60: Faladurías

60

Día das Letras Galegas 2015

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Día das Letras Galegas 2015

Page 61: Faladurías

61

MOSTRA FOTOGRÁFICA ENL

As actividades realizadas polo Equipo de

Normalización Lingüística, o Departamento

de Lingua Galega de Secundaria e o

alumnado.

IV Concurso de relatos de medo SAMAÍN 2014-2015

Alumnado asistente á entrega de premios do Concurso de relatos de medo.

Page 62: Faladurías

62

A directora, Ana Garrido, e David Alonso, membro do ENDL, fan entrega dun dos premios a

Uxía Gestoso Cancelo, de 1º da ESO.

Outra premiada, Silvia Serantes Arís, de 2º da ESO, recolle o galardón de mans de Paula Padín.

Page 63: Faladurías

63

Rebeca Abal e a directora fan entrega do premio a Carla Rodiño Berculi, de 3º da ESO.

E en 4º da ESO a gañadora foi Alba Rodríguez García, que recibe o premio da súa compañeira,

Uxía Varela Abal, membro do EDNL, e da directora.

Page 64: Faladurías

64

O APALPADOR

Nenos de Infantil ollan entusiasmados ao noso apalpador particular, David Alonso de 1º

ESO.

O Apalpador cargado de agasallos para os máis peques do colexio.

Page 65: Faladurías

65

Daniel coa súa axudante, Paula Padín.

Repartindo caramelos.

Page 66: Faladurías

66

O Apalpador fala cos nenos de Educación Infantil.

O alumnado de 3º de PDC, José Manuel Padín, Carla Alonso, Carlota Padín e Carla

Rodríguez, canta unha panxoliña aos nenos de Infantil.

Moi ben feito, rapaces!

Page 67: Faladurías

67

Agradecementos do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística aos rapaces

que colaboraron con nós na celebración do Nadal Tradicional coa “Visita do

Apalpador”: Paula, David, Uxía e Rebeca.

Page 68: Faladurías

68

Alumnado da ESO asistente á entrega de premios e que participou no Certame de Cartas de Amor.

Outra perspestiva do noso alumnado da ESO na entrega de premios do Certame de

Cartas de Amor.

Page 69: Faladurías

69

Noa Cores Piñeiro, unha das gañadoras do Certame collendo o premio de 1º da ESO

que lle entregan a directora, e a profesora de Lingua Galega, Susana.

Page 70: Faladurías

70

O premiado de 2º da ESO, Gabriel Álvarez Álvarez,.

Page 71: Faladurías

71

Uxía Castro Piñeiro, collendo o premio de 3º da ESO.

Page 72: Faladurías

72

Carla Alonso, alumna de 3º ESO, amósanos o traballo realizado en conmemoración do

Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Page 73: Faladurías

73

Alumnado que realizou o MURAL DE FILGUEIRA VALVERDE, por orde: José M.

Padín, Carla Alonso, Rachid Salim, Carlota, Carla Rodríguez, Mario e Fernando.

Page 74: Faladurías

74

Actuación de CÁNDIDO PAZÓ, que puxo en escena a adaptación da obra de Xosé

NeiraVilas, Memorias dun neno labrego.

Todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de Primaria acudiron ao Auditorio de

Barrantes para asistir á representación de Cándido Pazó, o pasado día 15 de maio. Esta

actuación formou parte da celebración do Día das Letras Galegas.

Cándido Pazó nun momento da actuación.

Page 75: Faladurías

75

Page 76: Faladurías

76

CUESTIONARIO FILGUEIRA VALVERDE LETRAS GALEGAS 2015

Alumnado galardoado

En 1º da ESO o premio foi para Uxía Gestoso,

Page 77: Faladurías

77

Aitana Estonllo de 2º da ESO

Page 78: Faladurías

78

Uxía Castro, de 3º da ESO, foi a que mellor realizou o cuestionario de Filgueira no seu

curso.

Page 79: Faladurías

79

Eva Castro recibindo o galardón para 4º da ESO de mans da profesora de Lingua

Galega, Loli.

Page 80: Faladurías

80

A BIBLIO DE PITICÁN

PITICÁN CHEGOU A RIBADUMIA CARGADO DE

MIL AVENTURAS.

CONCURSO DE LEMAS AXUDANTES

CONTACONTOS PROFE JOSE

Page 81: Faladurías

81

PITICÁN E AS CARTAS DE AMOR

DÍA DO LIBRO 2015

MIL HISTORIAS E UN

COMEZO…

Page 82: Faladurías

82

Este ano, tivemos varias novidades tecnolóxicas. O equipo de dinamización das TIC´s

puxo en funcionamento a páxina do colexio e deulle outro aspecto máis actualizado.

Esta web serve para informar e dar noticias ás familias durante todo o ano escolar.

http://www.edu.xunta.es/centros/cpijuliabecerra

Tamén creamos un novo blog para os nenos e as familias que fomos actualizando cada

semana con diferentes artigos interesantes, vídeos e xogos educativos, actividades e

obradoiros realizados no centro, noticias, curiosidades, lecturas, xornais, enlaces a

outros blogs, excursións, fotos...

http://cpijuliabecerra.blogspot.com

Non nos podemos esquecer do concurso Ponte a proba, un concurso que fixo

investigar, preguntar, indagar na rede... a case todo o alumnado do centro. Consistía

en varias preguntas que había que responder nun prazo de días. Os gañadores

recibiron marcapáxinas, xogos de xadrez, o xogo da oca, o parchís, xogos dixitais,

libros, diarios, bolígrafos, camisetas... Estás pensando en participar? O ano que vén

haberá un novo concurso de Ponte a proba con diferentes preguntas e investigacións...

Quen participará?

Algunhas fotos dos gañadores:

Page 83: Faladurías

83

E a actividade que se converteu nunha experiencia moi gratificante para nenos e

maiores foi o lipdub IMAXINA, vídeo no que participou a gran maioría do alumnado,

profesorado e compañeiros do xeriátrico. Moitas grazas a todos!

Page 84: Faladurías

84

Page 85: Faladurías

85

Page 86: Faladurías

86

Page 87: Faladurías

87

Page 88: Faladurías

88

Page 89: Faladurías

89

Page 90: Faladurías

90

Page 91: Faladurías

91

Dille un amigo a outro:

- Antes, todas as mulleres ían detrás de min. Non entendo agora por que non!!

E contéstalle o outro:

- Home, é que agora xa non roubas bolsos.

Un home vai ao médico e dille ao

doutor :

- Doutor, son asmático, é grave?

E contéstalle o doutor:

- Non amigo, é esdrúxula.

Dous amigos saen do cole e un dille ao outro:

- Que tal o exame?

E contéstalle:

- Uff!! Moi mal tío, deixeino todo en branco.

E dille o compañeiro:

- Non me digas iso, eu tamén!! A ver se van pensar que copiamos!!

- Mamá, mamá!! Suspendín

coñecemento porque non sabía onde

estaba o Océano Atlántico.

- Iso pasa por ser tan desordenado

fillo!!

- Papá, papá!! No colexio chámanme mentireiro!!

E dille o pai:

- Pero fillo, se ti non vas ao colexio!!

Un neno dille a outro:

- Soñei que gañaba 200 millóns de euros, como meu pai.

E pregúntalle o amigo todo sorprendido:

- O teu pai gaña ese diñeiro??

E contéstalle:

- Non home, tamén o soña.

- Capitán, capitán!! Socorrooooo!!

Afundímonoooosss!!

E grita o capitán:

- Pero que dis? Isto é un submarino.

Page 92: Faladurías

92

Page 93: Faladurías

93

MOITA SORTE!

Page 94: Faladurías

94